Fina Casalderrey

Modelo:BiografíaFina Casalderrey

Fina Casalderrey en 2023 (2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Xeve, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, literatura infantil e xuvenil, pedagoxía, Etnografía, xornalismo e drama Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, pedagoga, etnógrafa, xornalista, profesora, escritora de literatura infantil, dramaturga Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio webfina.casalderrey.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2768490 BNE: XX860620 Bitraga: 1316 AELG: 397 BUSC: casalderrey-fina-1951 Editar o valor en Wikidata

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.[1][2]

Traxectoria

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario, despois de estar 25 anos en Moraña e 10 en Marín[3]. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.

Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

A súa narrativa distínguese pola súa agudeza na observación e recreación do mundo dos adolescentes, polo realismo dos seus personaxes e situacións e por un ritmo capaz de converter calquera asunto cotián nun relato de suspense.[4]

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto[5].

Vida persoal

Está casada con Mariano García.

Recoñecementos

Desde 2018 convócase o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade co seu nome.[6]

Monólito en Pontevedra, 2023

En 2023 é 'A Escritora na súa Terra' da AELG[7] co descubrimento do monólito conmemorativo e a plantación da árbore da autora, un acivro nas inmediacións do río Lérez na Ponte da Palabra e o acto de entrega da "Letra E", no Teatro Principal de Pontevedra.[8] O eloxio foi obra de Montse Penas.[9]

Inauguración da Exposición sobre Fina Casalderrey na Praza da Ferraría de Pontevedra (18/04/2024): Demetrio Gómez Xunqueira, Miguel Anxo Fernández Lores, Fina Casalderrey, David Cortizo e María Lado.

En abril de 2024 a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix) elaborou para o Concello de Pontevedra unha exposición sobre a autora, candidata ao premio Memorial Astrid Lindgren 2024 e ao premio Hans Christian Andersen 2024, coñecido este último como o "Nobel da Literatura Infantil". [10]

Obra

Literatura infanto-xuvenil

O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey, esta incluído na Biblioteca Galega 120.
  • Mutacións xenéticas (1991). Vía Láctea, novela xuvenil. Foi traducida ao catalán.[11] Reeditada en Xerais (2008), 12ª ed., ISBN 978-84-9782-906-9.
  • Dúas bágoas por Máquina (1992). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Víctor Rivas. 120 páxs. ISBN 978-84-8302-565-9 (22ª ed). ePub: ISBN 978-84-9914-728-4. Foi traducida ao catalán,[12] ao éuscaro[13] e ao castelán.[14]
  • Chamizo (1994). Xerais, narrativa infantil. Iustracións de Luís González. 72 páxs. ISBN 978-84-8302-616-8 (11ª ed.). Foi traducida ao éuscaro.[15]
  • ¡Asústate, Merche! (1994). Xerais, novela xuvenil. 248 páxs. ISBN 978-84-9914-562-4 (17 ed.) Epub: ISBN 978-84-9914-583-9. Foi traducida ao castelán,[16] ao catalán[17] e ao portugués.[18]
  • O misterio dos fillos de Lúa (1995). S. M., narrativa infantil, O Barco de Vapor. 152 páxs. ISBN 9788498547450. Foi traducida ao castelán,[19] ao catalán[20] e ao bretón.[21]
  • Recursos teatrais para a expresión dramática na escola. 7 pezas para representar (1996). Xerais, teatro infantil. 72 páxs. ISBN 9788483020203.
  • O estanque dos parrulos pobres (1996). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. 168 páxs. ISBN 9788483490983. Foi traducida ao castelán,[22] ao catalán[23] e ao éuscaro.[24]
  • ¡Prohibido casar, papá! (1996). Galaxia, Árbore, novela xuvenil. 180 páxs. ISBN 978-84-8288-964-1. Foi traducida ao castelán,[25] ao catalán,[26] ao éuscaro,[27] ao portugués[28] e ao brasileiro.[29] Incluído na lista White Ravens 1998.
  • ¿Sobrevives? (1996). Xerais, novela xuvenil, Fóra de Xogo. 176 páxs. ISBN 9788483020739. ePub: ISBN 978-84-9121-162-4 (2016). Foi traducida ao castelán[30] e ao catalán.[31]
  • Podesvir (1997). Sotelo Blanco, narrativa infantil. 40 páxs. ISBN 9788478243013.
  • ¡Puag, que noxo! (1997). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. Ilustracións de Xan López Domínguez. 26 páxs. ISBN 978-84-8288-862-0. Foi traducida ao castelán,[32] ao catalán,[33] ao éuscaro[34] e ao asturiano.[35]
  • Ás de mosca para Anxo (1998). Xerais, narrativa infantil, Sopa de Libros. Ilustracións de Manolo Uhía. 144 páxs. ISBN 978-84-8302-863-6 (13 ed.). Foi traducida ao castelán,[36] ao éuscaro[37] e ao catalán.[38]
  • Cuca e o abrigo marrón (1998). Rodeira, narrativa xuvenil. Ilustracións de Patricia C. 32 páxs. ISBN 9788483493700. Foi traducida ao castelán.[39]
  • Nolo e os ladróns de leña (1998). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Teresa Novoa. 64 páxs. ISBN 9788434861633 Foi traducida ao castelán.[40]
  • Unha raíña negra (1998). Ed. Edebé, narrativa infantil. 126 páxs. ISBN 9788496352636 (Rodeira, 5ª ed.). Foi traducida ao castelán.[41]
  • A filla das ondas (1999). Concello de Pontevedra, narrativa infantil. Foi traducida ao castelán.[42] Kalandraka (2003), ISBN 9788484641933.
  • Bicos de prata (1999). Ir Indo, narrativa infantil. Ilustracións de Manolo Uhía. 40 páxs. ISBN 9788476803172.
  • O misterio do cemiterio vello (1999). S. M., narrativa xuvenil. 128 páxs. ISBN 9788434863521. Foi traducida ao castelán.[43]
  • Pimpín e dona Gata (1999). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 64 páxs. ISBN 9788434864207. Foi traducida ao castelán.[44]
  • Unha pantasma branca (2000) Everest, narrativa infantil. Foi traducida ao castelán.[45] Editada en Baía (2019), ilustracións de Cristal Reza, 108 páxs. ISBN 9788499953106.
  • A máscara de palma (2000). Galaxia, narrativa xuvenil, Costa Oeste. 232 páxs. ISBN 978-84-8288-391-5.
  • A noite dos coroides (2001). Vía Láctea, narrativa xuvenil. ISBN 9788486531799.
  • Cando a Terra esqueceu xirar (2002). S. M., narrativa infantil. Ilustracións de Miguel Pang Ly. 80 páxs. ISBN 9788498547382. Foi traducida ao castelán.[46]
  • O avó é sabio (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646685. Foi traducida ao castelán[47] e ao catalán.[48]
  • O avó sae de paseo (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646678. Foi traducida ao castelán[49] e ao catalán.[50]
  • A avoa ten unha menciña (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 24 páxs. ISBN 9788478646654. Foi traducida ao castelán,[51] ao catalán[52] e ao portugués.[53]
  • A avoa non quere comer (2002). Combel Editorial, narrativa infantil. Ilustracións de Xan López Domínguez. 22 páxs. ISBN 9788478646661. Foi traducida ao castelán[54] e ao catalán.[55]
  • Derradeira carta ós Reis Magos (2002). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Hoa-binh Melgar González. 48 páxs. ISBN 9788483028933. Foi traducida ao castelán.[56]
  • ¡Un can no piso! ¿E que? (2003). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Kristina Sabaite. 36 páxs. ISBN 978-84-9865-274-1. (2010) . Foi traducida ao castelán,[57] ao catalán,[58] ao éuscaro,[59] ao aragonés[60] e ao asturiano.[61]
  • Desventuras dun lobo namorado (2003). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 60 páxs. ISBN 978-84-9865-037-2. Foi traducida ao castelán.[62]
  • Lúas de nácara (2003). Xerais, narrativa xuvenil, Fóra de Xogo. 136 páxs. ISBN 978-84-8302-963-3.
  • Eu son eu (2004). Xerais, narrativa infantil. 24 páxs. ISBN 9788497821414. Foi traducida ao castelán,[63] ao catalán[64] e ao éuscaro.[65] Debuxos de Josep Vicó. Tradución de Ignacio Chao.
  • Un misterio na mochila de Alba (2005). Planeta-Oxford, narrativa infantil. 68 páxs. ISBN 9788498110098. No 2011 publícase unha edición ampliada. Foi traducida ao castelán.[66]
  • O meu avó é unha gata (2005). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 24 páxs. ISBN 978-84-9782-285-5. Foi traducido ao castelán,[67] ao catalán[68] e ao éuscaro.[69]
  • ¿Quen me quere adoptar? (2005) Xerais, narrativa infantil). Ilustracións de Mª Fe Quesada. 64 páxs. ISBN 978-84-9782-359-3 (8ª ed.). Foi traducida ao castelán.[70]
  • Isha, nacida do corazón (2006). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. 152 páxs. ISBN 9788496352704. Foi traducida ao castelán[71] e ao catalán.[72]
  • ¡¡¡Lume!!! (2006). Edebé-Rodeira, narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 32 páxs. ISBN 9788483491058. Foi traducida ao castelán[73] e ao catalán.[74]
  • Apertas de vainilla (2007). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Manolo Uhía. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-011-2. Foi traducida ao castelán.[75]
  • Gordiño, recheo (2007, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[76]
  • A lagoa das nenas mudas (2007). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Patricia Castelao. 128 páxs. ISBN 978-84-9782-521-4 (9ª ed.). Foi traducida ao castelán,[77] ao catalán[78] e ao éuscaro.[79]
  • A Pomba e o Degolado (2007). Xerais, narrativa xuvenil. 176 páxs. ISBN 978-84-9782-559-7 (13ª ed.) ePub: ISBN 978-84-9914-795-6. Foi traducida ao castelán,[80] ao catalán[81] e ao inglés.[82]
  • Ola, estúpido monstro peludo! (2007). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-038-9. Foi traducida ao castelán[83] e ao catalán.[84]
  • Un cabalo de lume (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Debuxos de Valentí Gubiana. 62 páxs. ISBN 978-84-96893-27-6. Foi traducida ao castelán,[85] ao catalán[86][87] e ao éuscaro.[88]
  • Un día de caca e vaca (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 32 páxs. ISBN 978-84-96526-55-6. Foi traducida ao castelán,[89] ao catalán[90][91] e ao éuscaro.[92]
  • Xela volveuse vampira (2007). Baía Edicións, narrativa infantil. Ilustracións de Noemí López. 56 páxs. ISBN 978-84-9995-029-7 (2010). Foi traducida ao castelán.[93] Inclúe DVD.
  • A pequena Gardiana (2008). Museo Belas Artes da Coruña, narrativa infantil. Ilustracións de Xosé Cobas. 27 páxs. ISBN 978-84-612-1682-6.
  • Fiz, o coleccionista de medos (2009). Oqo, narrativa infantil. Ilustracións de Teresa Lima. 40 páxs. ISBN 9788498712063. Foi traducida ao castelán,[94] ao éuscaro,[95] ao portugués,[96] ao inglés,[97] ao francés[98] e ao italiano.[99]
  • Papá é meu! (2009). Galaxia, narrativa infantil. Ilustracións de Irene Fra. 24 páxs. ISBN 978-84-9865-173-7.
  • O misterio da casa do Pombal (2009). S.M., narrativa infantil. 79 páxs. ISBN 9788498541427. Foi traducida ao castelán.[100]
  • Pesadelo no tren Chocolate (2009). Galaxia, narrativa infantil, Árbore. 112 páxs. ISBN 978-84-9865-235-2. Foi traducida ao castelán.[101] e ao catalán.[102]
  • 1 pulga, 5 amigos e 1 tándem (2009). Concello de Pontevedra. Ilustracións de Manolo Uhía. Narrativa infantil.
  • ¿E ti que farías por min? (2010). Xerais, infantil e xuvenil, álbums. Ilustracións de Manuel Uhía. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-622-3 (2019)
  • Un saco de estrelas (2010). Xerais, narrativa infantil, Merlín. Ilustracións de Enjamio. 56 páxs. ISBN 978-84-9914-107-7.
  • O misterio do Faro Vello (2012). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Manuel Uhía. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-369-9 (7ª ed.).
  • O neno can (2012). Galaxia, xuvenil. 64 páxs. ISBN 978-84-9865-431-8. En colaboración con Francisco Castro. Foi traducido ao castelán.[103] Lista de Honor da revista CLIJ 2014. 2013: Lista do Centro IBBY de Documentación para nenos con dificultades especiais.
  • Historia da bicicleta dun home lagarto (2014). Xerais, narrativa infantil. Ilustracións de Laura Súa Campo. 168 páxs. ISBN 978-84-9914-754-3 (3ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-878-6. Foi traducida ao castelán[104] e ao catalán.[105]
  • Icía quere cambiar o mundo (2015). Parlamento de Galicia. Ilustracións de Carmen Pernas. ISBN 978-84-7836-102-1.
  • O segredo de Zoe (2016). Tambre, narrativa infantil. Ilustracións de Marina Seoane. 40 páxs. ISBN 9788490461457.
  • A furgoneta branca (2019). Xerais, narrativa infantil. 32 páxs. Ilustracións de Lucía Cobo. ISBN 978-84-9121-465-6.
  • Lingua guapa. Cantos que contan… (2020). Galaxia, 76 páxs., poemas, infantil. Acompaña un CD con catorce cancións na voz de Ángeles Ruibal, arranxos e produción de Néstor Blanco. ISBN 978-84-9151-455-8.
  • O xenio da Cidade do Sal (2021). Xerais. 176 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas. ISBN 978-84-1110-002-1. ePub: ISBN 978-84-1110-028-1. O libro contén un CD, coordinado e interpretado polo frautista Luis Soto, con cuartetos de Mozart para frauta e trío de cordas que dialogan coas músicas tradicionais galegas.[106]
Presentación de A muller xabaril, con Míriam Ferradáns en Bueu, acto promovido pola Libraría Miranda

Narrativa

Con Mariano García (o seu marido): Gastronomía

  • O libro da empanada. Historia, tradición e 107 receitas (1993). Xerais, Montes e Fontes. 304 páxs. ISBN 978-84-9782-418-7 (5ª ed. 2006)
  • Festas gastronómicas de Galicia (1994). Xerais, Montes e Fontes. 448 páxs. ISBN 978-84-7507-818-2.
  • Repostería en Galicia. Lambetadas de onte a hoxe. 219 receitas (1997). Xerais, Montes e Fontes. 360 páxs. ISBN 978-84-9782-419-4 (7ª ed. 2006).
Mesa redonda de homenaxe a María Victoria Moreno en 2018. De esquerda a dereita: Alonso Montero, Freixanes, Fina Casalderrey e Xavier Senín.

Obras colectivas e en colaboración con outros autores

  • E dixo o corvo... (1997). Xunta de Galicia.
  • Novo do trinque (1997). BNG.
  • Imos xuntos camiñar (1999). Xunta de Galicia.
  • Contos de ler e contar (2001). Xunta de Galicia.
  • Ninguén está só (2001). Tris Tram.
  • Palabras con fondo (2001). Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Un saquiño de contos (2001). Xerais.
  • Tres pegadas (2002). Xunta de Galicia.
  • Contos dende a Arquitectura (2003). Colexio de Arquitectos de Pontevedra.
  • Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais.
  • Terra de Moraña (2003). Concello de Moraña.[109]
  • ¡Adeus, pés!, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos (2004). Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño (2004). Galaxia.
  • Contos de medo no museo (2005).Museo Provincial de Lugo.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. Volume II (2006). Consello da Cultura Galega.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008). Xerais.
  • Quen casa ten de seu. Cinco contos na Casa de Rosalía (2009). Fundación Rosalía de Castro.
  • Cociñando ao pé da letra (2011) Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.
  • Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais.
  • María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. (2018). Xerais, infantil e xuvenil, Merlín. A canda Marilar Aleixandre. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-311-6.

Traducións

  • Kika superbruxa. Tola polo fútbol de Knister (2006). Bruño.
  • Números animados (2006). Bruño.

Cine[110]

  • Guión da curtametraxe Garuda (2010)
  • Guión da curtametraxe Dúas letras (2011)
  • Guión de Querido Tomás (2013), pola que obtivo o premio á mellor actriz no Festival Independente de Braga (Portugal) no 2014.
  • Escribiu e dirixiu a curta A última moeda (2016), historia de intenso lirismo e protagonismo infantil.

Premios

  • Premio Merlín no 1991, por Dúas bágoas por Máquina.
  • Premio de narración breve Casa de Galicia de León no 1993, por A rosquilleira.
  • Premio O Barco de Vapor no 1994, por O misterio dos fillos de Lúa.
  • Premio Edebé de Literatura Infantil no 1995, por O estanque dos parrulos pobres.
  • Premio Álvaro Cunqueiro de Periodismo Gastronómico no 1999, por Repostería en Galicia.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 1996, pola novela O misterio dos fillos de Lúa.
  • Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego, ano 2004.
  • Premio Irmandade do Libro á autora do ano no 2006.
  • Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2012.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2014, por O neno can.
  • Premio da Cultura Galega en 2015.
  • Premio Rosa dos Ventos do Instituto Galego-Arxentino Apóstol Santiago de Bos Aires, 2018.[111]

Notas

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 16/11/2021. 
  2. "Autores - Casalderrey, Fina". baiaedicions.gal. Consultado o 16/11/2021. 
  3. "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 16/11/2021. 
  4. "Fina Casalderrey". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 29/09/2020. Consultado o 16/11/2021. 
  5. Rodri García (18/1/2013). "Fina Casalderrey, académica de la RAG". La Voz de Galicia. 
  6. "Acto de entrega del I Premio Fina Casalderrey". A Coruña.gal. Consultado o 30/11/2018. 
  7. culturagalega.org (2023-01-16). "A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dedicaralle este recoñecemento cun acto o vindeiro xuño". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-01-17. 
  8. "Un monolito renderá homenaxe á escritora Fina Casalderrey". Pontevedra Viva. 2023-05-29. Consultado o 2023-05-29. 
  9. Pena Presas, Montse (outubro, novembro, decembro, 2023). "Fina Casalderrey: para unha poética da sinxeleza". Grial LXI (240): 106–111. ISSN 0017-4181. 
  10. "A Praza da Ferrería rende homenaxe a Fina Casalderrey cunha exposición". Pontevedra Viva. 2024-04-16. Consultado o 2024-04-18. 
  11. "Mutacions genètiques: els lladres de la ciència". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  12. "Dues llàgrimes per Màquina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  13. "Bi malko Makinarengatik". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  14. "Dos lágrimas por Máquina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  15. "Ilenti". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  16. "¡Pásmate, Merche!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12/3/2018. Consultado o 2019-11-01. 
  17. "Ostres, tu, saps què?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12/3/2018. Consultado o 1/11/2019. 
  18. "Nem te passa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 1/11/2019. 
  19. "El misterio de los hijos de Lúa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  20. "El misteri dels fills de la Lluna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  21. "Kevrin ar c'hizhier bihan". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  22. "El estanque de los patos pobres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  23. "L'estany dels ànecs pobres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  24. "Ahate pobreen urmaela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  25. "¡No te cases, papá!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  26. "No et pots casar, pare!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  27. "Ez ezkondu, aita!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  28. "Não te cases, papá!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  29. "Não se case, papai!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  30. "¿Sobrevives?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  31. "Sobrevius?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  32. "¡Puag, qué asco!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  33. "Ecs, quin fàstic!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  34. "Puf! Hau nazka!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  35. "¡Puah, qué ascu!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  36. "Alas de mosca para Ángel". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  37. "Euli-hegoak Anxorentzat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  38. "Ales de mosca per a l'Angel". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  39. "Cuca y el abrigo marrón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  40. "Nolo y los ladrones de leña". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  41. "Una reina negra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  42. "Hija de las olas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 1/11/2019. 
  43. "El misterio del cementerio viejo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  44. "Pimpín y doña Gata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  45. "Un fantasma blanco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  46. "Cuando la Tierra se olvidó de girar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  47. "El abuelo es sabio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  48. "L'avi és molt savi". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-01. 
  49. "El abuelo sale de paseo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  50. "L'avi surt a passejar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  51. "La abuela tiene una medicina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  52. "L'àvia té una medecina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  53. "A avó tem um remédio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  54. "La abuela no quiere comer". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  55. "L'àvia no vol menjar". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-01. 
  56. "Última carta a los Reyes Magos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  57. "¡Un perro en el piso!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  58. "Un gos al pis!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  59. "Txakurra daukagu etxean". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  60. "Un can en o piso!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  61. "Falo col perru". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  62. "Desventuras de un lobo enamorado". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  63. "Yo soy yo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  64. "Jo sóc jo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  65. "Ni ni naiz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  66. "Un misterio en la mochila de Alba". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  67. "Mi abuelo es una gata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  68. "El meu iaio és una gata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  69. "Nire aitona kateme bat da". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  70. "¿Quién quiere adoptarme?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  71. "Isha, nacida del corazón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  72. "Isha, nascuda del cor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  73. "¡¡¡Fuego!!!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  74. "Foc!!!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  75. "Abrazos de vainilla". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  76. "Gordito relleno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  77. "Silence!: el lago de las niñas mudas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  78. "El llac de les xiquetes mudes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  79. "Isilik, el lago de las girls mudas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  80. "La paloma y el degollado". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  81. "Contra el vent". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  82. "Dove and Cut Throat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  83. "¡Hola, estúpido monstruo peludo!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  84. "Hola, estúpid monstre pelut!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  85. "Un caballo de fuego". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  86. "Un cavall de foc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  87. "Un cavall de foc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  88. "Suzko zaldia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  89. "Un día de caca y vaca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  90. "Un día de caca i vaca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  91. "Un día de caca i vaca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  92. "Lehenengo txangoa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-01. 
  93. "¡Gela se ha vuelto vampira!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  94. "Félix, el coleccionista de miedos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  95. "Mattinen beldur-kutxa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  96. "Félix, o coleccionador de medos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  97. "Felix, the fear collector". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  98. "Félix, le collectionneur de peurs". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  99. "Felix, il collezionista di paure". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  100. "El misterio de la casa del palomar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  101. "Pesadilla en el tren de chocolate". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 10/2/2021. 
  102. "Malson al tren Xocolate". Bitraga. Biblioteca de tradución galega. Consultado o 10/2/2021. 
  103. "El niño perro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  104. "Historia de la bicicleta de un hombre lagarto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  105. "Història de la bicicleta d'un home llangardaix". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  106. Nicolás, Ramón (2021-12-13). "O xenio da Cidade do Sal, de Fina Casalderrey". Caderno da crítica. Consultado o 2021-12-13. 
  107. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-11. 
  108. Adán, Carme (abril, maio, xuño 2023). "Inventando palabras para Sara". Grial LXI (77-78): 238. ISSN 0017-4181. 
  109. "Cinco autores recopilan en un libro la tradición oral de Moraña". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-05-09. Consultado o 16/11/2021. 
  110. "Fina Casalderrey Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 16/11/2021. 
  111. Redacción (outubro-novembro-decembro 2018). "Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega". Grial LVI (220): 10. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
Margarita Ledo Andión
 Arquiveira/Bibliotecaria da RAG 
dende 2017
Sucesor:
no cargo