Circuíto Internacional de Corea
Marina Bay | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | FIA Fórmula 1 |
Localización | Yeongam, Jeolla Sur, Corea do Sur |
Lonxitude | 5,621 km |
Curvas | 18 |
Volta rápida (2011) | 1:39.605 |
Piloto récord | Sebastian Vettel |
Escudería récord | Red Bull Racing |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto Internacional de Corea é un circuíto de automobilismo 5´62 quilómetros, situado en Yeongam, Jeolla Sur, Corea do Sur, a 400 quilómetros ao sur de Seúl e preto da cidade portuaria de Mokpo. Sede do Gran Premio de Corea de F1 resultado do acordo entre Bernie Ecclestone e o promotor coreano de F1, Korea Auto Valley Operation (KAVO - unha empresa conxunta entre M-Bridge Holdings e o goberno rexional de Jeolla Sur).
Historia
O deseñador alemán Hermann Tilke é o responsable do deseño da pista. O circuíto é parte permanente, parte urbano. A parte urbana da carreira é ao longo do porto deportivo, onde os espectadores poden ver a carreira desde o paseo marítimo, os iates e os hoteis. Parte das instalacións da cidade, tendas, restaurantes e cafés utilizanse como pit lane durante durante a fin de semana do Gran Premio de F1. No momento da primeira carreira de Fórmula un a única instalación rematada era o circuíto, sendo o resto do proxecto unha inmensa lameira, e segue así.
A primeira carreira de Fórmula Un disputouse en 2010. O acordo é por sete anos, cunha opción de cinco anos máis, co que chegaría ata o ano 2021. Tamén é o circuíto establecido para o regreso do Super Gran Premio de Corea de Fórmula 3 no 2010. A tempada 2013 foi a última na que se celebrou o Gran Premio de Corea, o cal quedou suspendido indefinidamente.
A capacidade do circuíto será de 135.000 espectadores.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Corea
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:43:13.701 | 5´621 km | 55 | 179´386 km/h | 6. outubro | Corea |
2012 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:36:28.651 | 5´621 km | 55 | 191´939 km/h | 14. outubro | |
2011 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:38:01,994 | 5´621 km | 55 | 188´893 km/h | 16. outubro | |
2010 | Fernando Alonso | Ferrari | 2:48:20,810 h | 5´621 km | 55 | 110´185 km/h | 24. outubro |
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio oficial Arquivado 08 de marzo de 2020 en Wayback Machine.
- Páxina oficial doGran Premio de Corea de Fórmula 1 Arquivado 03 de novembro de 2010 en Wayback Machine.