Ciutat Vella de Barcelona
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Barcelonès | ||||
Concello | Barcelona | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 109.672 (2021) (25.096,57 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4,37 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Bé amb protecció urbanística (en) | |||||
Q112670375 | |||||
Páxina web | bcn.cat… |
Ciutat Vella é o distrito número 1 da cidade de Barcelona, en Cataluña. Limita cos distritos de Sants-Montjuïc polo oeste, l'Eixample polo norte, Sant Martí ao leste, e o mar Mediterráneo polo sur. Ocupa un territorio de 449,4 hectáreas e tiña en 2009 unha poboación de 109.847 habitantes.
O distrito corresponde co centro histórico da cidade, por iso recibe o nome de Ciutat Vella (Cidade Vella). A extensión actual do distrito corresponde aproximadamente á comprendida dentro das murallas entre os séculos XIV e o XIX, excepto o barrio da Barceloneta.
Barrios
Barrio | Extensión (ha) |
Poboación (hab.) |
Densidade (hab./ha) |
---|---|---|---|
La Barceloneta | 131,4 | 16.351 | 124,4 |
El Gòtic | 84,2 | 21.045 | 250,0 |
El Raval | 109,8 | 49.315 | 449,0 |
Sant Pere, Santa Caterina i la Ribera | 111,4 | 23.136 | 207,6 |
436,9 | 109.847 | 251,4 |
Historia
A Barcelona actual é froito da anexión dos antigos municipios da chaira de Barcelona: Les Corts de Sarrià, Sarrià, Vallvidrera, Sant Gervasi de Cassoles, Santa Maria de Sants, Gràcia, Sant Andreu de Palomar, Sant Martí de Provençals e Horta. O antigo municipio de Barcelona ocupaba o que hoxe é a Ciutat Vella e o Eixample, como este último non tiña núcleo de poboación, a Barcelona vella atópase no que actualmente é o distrito de Ciutat Vella, pechada desde a primeira muralla romana ata a última, que databa do século XIV e que foi demolida en 1854.
A historia do distrito comeza coa fundación de Barcelona no Monte Tàber. Os primeiros romanos escollerían un pequeno montículo entre dous arroios, Collserola (hoxe en día La Rambla) e o de Jonqueres (hoxe en día a Via Laietana). Naquel lugar fúndase a Colonia Iulia Augusta Paterna Fauentia Barcino, ou, simplemente, Barcino, substituíndo un antigo establecemento romano en Montjuïc, que se cre que podería estar onde hoxe atopamos o barrio de La Marina de Port, e que abandonarían por mor das crecidas do Llobregat, que impedían a utilización do porto.
Ata o século XII a Barcelona antiga vivía encerrada no perímetro da muralla romana do século IV, que foi restaurada en parte polos primeiros condes de Barcelona. Non será ata o fin do século XII ata que a cidade experimente un crecemento, aumentado aínda máis durante o seguinte século, para protexer os barrios que se formaron en torno aos camiños de entrada da cidade, en extramuros, e que a conectaban coas vilas próximas. Algunhas destas foron a Bòria, Sant Pere de les Puel·les e Vilanova de Mar. Esta última creceu ao redor da igrexa de Santa Maria de les Arenes, hoxe máis coñecida como Santa Maria del Mar. Ao norte tamén atopamos outra vila nova ao redor da colexiata de Santa Anna, onde hoxe está La Rambla.
Lugares de interese
- Rúa Portaferrissa
- Rúa Pelai
- Avinguda del Portal de l'Àngel
- Plaça Reial
- Plaça del Rei
- Rambla del Raval
- Palacio da Generalitat
- Concello de Barcelona
- Casa de la Ciutat
- Catedral de Barcelona
- Igrexa de Santa Maria del Mar
- Igrexa de Santa Maria del Pi
- Basílica da Mercè
- Palau de la Virreina
- Palau de la Música Catalana
- Gran Teatro do Liceu
- Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (MACBA)
- Museo Picasso de Barcelona
- Centro de Arte Santa Mònica
- Palau Güell
- El forat de la vergonya
- Parque da Ciutadella
- Parque Zoolóxico de Barcelona
- Praia da Barceloneta
- Praia de Sant Sebastià
- Monumento a Colón
- Porto de Barcelona