Consoante fricativa

Unha consoante fricativa é un tipo de consoante na que dous órganos están moi próximos un do outro, sen chegar a formar unha oclusión, que permite ao aire pasar por entre eles xerando un ruído turbulento. Poden clasificarse en sibilantes ou non sibilantes, en función de se a lingua está curvada ou non.

En galego existen os seguintes fonemas fricativos:

  • /f/: fricativa labiodental xorda
  • /θ/: fricativa dental xorda
  • /s/: fricativa alveolar xorda (normalmente é apical)
  • /ʃ/: fricativa prepalatal xorda

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martínez Celdrán, E. (2002): O son na comunicación humana. Vigo, Ed. Galaxia.