Cordilleira Americana
Cordilleira Americana | |
---|---|
Vista aérea do Aconcagua, o punto máis elevado da cordilleira Americana | |
Localización | |
Continente/s | América |
País/es | Estados Unidos, Canadá, México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile, Arxentina |
Datos | |
Principais cumes | Aconcagua |
Cota | 6962 msnm |
A Cordilleira Americana é unha cadea de cordilleiras que consiste nunha secuencia case continua de cordais que forman a "columna vertebral" occidental de Norte, Sur e Centroamérica.[1] É tamén o eixe do arco volcánico que forma a metade oriental do cinto de lume do Pacífico.
Descrición
América do Norte
As montañas da Cordillera dende México cara ao norte coñécese colectivamente como Cordilleira Norteamericana.
Dende o norte ao sur, esta secuencia de cordais parelos e sobrepostos comeza coa Cordilleira de Alasca e a Cordilleira Brooks en Alasca e segue por Yukón e a Columbia Británica. O cinto principal das Montañas Rochosas xunto coas paralelas Montañas de Columbia e as cadeas da costa do Pacífico de montañas e illas continúan pola Columbia Británica e a illa de Vancouver. Nos Estados Unidos, as ramas da Cordilleira inclúen as Montañas Rochosas, a Seerra Nevada, as Cascades, e varias pequenas cordilleiras litorais. En México, a Cordillera continúa pola Serra Madre Occidental e a Serra Madre Oriental, así como nas montañas vertebradoras da Península de Baja California.
América do Sur
A Cordilleira continúa polos cordais de América Central en Guatemala, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá, e devén nas montañas dos Andes en América do Sur. Os Andes coas súas cadeas paralelas e as cadeas nas illas da costa de Chile continúa por Colombia, Venezuela, Ecuador, o Perú, Bolivia, a Arxentina e Chile ata o punto máis meridional do continente na Terra do Fogo. A Cordilleira continúa aínda ao longo do Scotia Arc antes de alcanzar as montañas da península Antártica.[2]
Notas
- ↑ "Historical Geology Notes - The Breakup of Pangea and Deformation in the Western Cordillera". Long Island University, C.W. Post Campus faculty website. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2011.
- ↑ "The North American Cordillera: A Color Shaded-Relief Map in Oblique Mercator Projection About the Pacific-North America Pole of Rotation, Scale Circa 1:5,000,000". pubs.usgs.gov. Consultado o 26 de abril de 2017.
Véxase tamén
Bibliografía
- Silberling, N.J. et al. (1992). Lithotectonic terrane map of the North American Cordillera [Miscellaneous Investigations Series I-2176]. Reston, Va.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.