Coventry Climax
Coventry Climax | |
---|---|
Tipo | Privada |
Fundación | 1903 - 1986 |
Localización | Coventry Inglaterra |
Industria | Automóbil |
Produtos | Especialidade maquinaria e a fabricación de motores |
[ editar datos en Wikidata ] |
Coventry Climax é o nome co que tamén é coñecida a compañía británica Climax que se dedicaba principalmente á fabricación de motores de automóbil, ademais de xeradores, motobombas e montacargas.
Historia
Coventry Climax foi fundada no ano 1903 por H. Pulham Le, un antigo traballador de Daimler que creou a empresa para construír motores de combustión co nome de Coventry Simplex.
Xa na preguerra os motores Coventry utilizábanos varias marcas de automóbiles como Morgan Motor Company, Triumph, Swift e outros.
Coa crise financeira de 1930, especialmente co peche de Swift en 1931, Coventry quedou cunha gran cantidade de motores almacenados. O señor Le deixou a compañía en mans do seu fillo Leonard Le, quen decidiu cambiar o nome a Coventry Climax e converter os motores almacenados en xeradores, dando á compañía a oportunidade de entrar nunha nova área.
En 1937 empezou a producir motobombas e conseguiron un bo recoñecemento por poder traballar longos períodos de tempo debido ao seu bo deseño e a súa construción de calidade. Tras a segunda guerra mundial varios construtores empezaron a utilizar motores Coventry Clan, Hillman, Kieft, Lotus, Cooper e TVR
No ano 1949 diversificou e pasou a construír tamén motores diésel para uso mariño, montacargas etc.
No ano 1990 a empresa pechou as súas portas.
Na F1
.
Coventry Climax debutou na oitava tempada da historia da Fórmula 1 disputando o 19 de maio o GP de Mónaco da tempada de 1957.
Coventry Climax gañou un total de catro títulos mundiais cos equipos Cooper e Lotus.