Crack (droga)

O crack é o nome vulgar dun derivado da cocaína. Son os refugallos resultantes de ferver clorhidrato de cocaína nunha solución de bicarbonato de sodio para que se evapore a auga. O crack converteuse nunha droga de abuso a mediados do decenio de 1980.

O termo crack é unha onomatopea que suxire o ruído que fan as pedras desta droga ó queceren pola ebulición da auga que conteñen. Tamén recibe outros nomes, como rocas, rochas, chulas, pedras, entre outros. Ás veces é confundido co bazuco ou o Paco, a costra que queda na ola onde se prepara a cocaína.

O crack, en po, é un estimulante altamente adictivo e poderoso. Produce euforia inmediata, custa pouco producilo e é facilmente accesible.

Produción

Elabórase disolvendo a cocaína en po nunha mestura de auga e amoníaco ou bicarbonato de sodio. Férvese a mestura ata que se forma unha substancia sólida a partir do líquido, logo seca, e pártese en anacos (pedras) que se venden como crack de cocaína.

Historia

Moitísimo antes do descubrimento do crack, nos Estados Unidos os índios das montañas de Santa Marta fumaban follas de coca moída con pedra calcárea.

  • En 1983, nas Bahamas, iniciáronse os estudos psiquiátricos sobre as alteracións comportamentais dos usuarios do crack.
  • En 1983, un policía neoiorquino escoitou por primeira vez a palabra que lembra o estado da cocaína durante a fritura.
  • En 1986, saíu no The New York Times e acendeuse a percepción social. Chegara ao mercado unha das drogas máis violentas.
  • En 1988, foi introducido no Brasil.
  • En 1994, gaña espazo entre as drogas máis consumidas.

Consumo

O crack fúmase nunha pipa de vidro, con cinza de cigarro. Tamén nunha lata con buratos, nun goteiro de vidro, nun cigarro como primo (nome que se lle da a un tabaco mesturado coa cocaína) entre outros. Outro instrumento utilizado para o consumo de crack é un tubo metálico similar a unha antena de radio (en moitos casos é) ó que se lle introduce unha sorte de alambrina que se utiliza para fuma-lo crack simulando unha pipa. Este método utilízase principalmente por adictos con moi poucos recursos, que se coñece como "fumar en tubo".

Efectos e sintomatoloxía

Ó fumalo, o alcaloide chega máis rápido ó cerebro, en maiores cantidades e presentando un efecto sinérxico cos outros químicos que se usaron para a elaboración das rochas.

O crack pode producir os seguintes síntomas [Cómpre referencia]:

  • Diminución da potencia sexual.
  • Cefalea.
  • Hemorraxia cerebral.
  • Depresión.
  • Ansiedade.
  • Psicose similar a esquizofrenia.
  • Bipolaridade.
  • Paranoia.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.