Cocaína

Estrutura química da cocaína

(1R,2R,3S,5S)-3-(benzoiloxi)-8-metil-8-azabiciclo[3.2.1]octano-2-carboxilato de metilo

Número CAS
50-36-2

Código ATC
N01BC01

Fórmula química C17H21NO4
Peso molecular 303,35 g/mol
Metabolismo Hepático
Excreción Renal
Estado legal Psicotrópico:

Lista I (Estados Unidos)

A cocaína é un alcaloide cristalino, que se extrae da folla de coca, planta coñecida como Erythroxylum coca, oriúnda de Suramérica, que medra no Perú, Bolivia e Colombia. Esta planta emprégase como planta medicinal para cólicos abdominais, dor de cabeza, mal de altura e tamén como vigorizante.

Clasificada dentro das drogas ilegais, é un potente estimulante. É empregada por vía respiratoria, baixo a forma de clorhidrato de cocaína, po de cor branco cristalino, que actúa a nivel do sistema nervioso central, causando hiperactividade, locuacidade, maior actividade física e psíquica.

A súa fórmula química é C17H21NO4

Historia

A cocaína foi descuberta por Albert Niemann e Friedrich Wahler en 1860, pero foi Angelo Mariani o primeiro en intentar cultivar os arbustos de coca no seu xardín. Ao non conseguir que arraigara importou varias toneladas de follas desta planta e elaborou unha bebida, o viño Mariani. A primeira receita da bebida refrescante Coca-Cola tamén contiña extracto de follas de coca.

A planta foi usada polos incas dende o século III a.C. como planta medicinal. Durante un tempo a Igrexa prohibiuna porque dicía que era cousa do Demo. Máis tarde volvéuselle dar un uso medicinal e recreativo ata que se viu que o seu abuso creaba adicción.

Consumo

Nasal

A cocaína pode ser consumida por distintas vías:

  • Oral: mascando follas frescas da planta de coca.
  • Nasal: por inhalación de "raias" de clorhidrato de cocaína pulverizada, empregando un tubo oco.
  • Aspiración: fumada da pasta de coca. O efecto por esta vía é máis rápido, intenso e breve.
  • Intravenosa: inxectando clorhidrato de cocaína disolto en auga mediante quecemento nunha culler ou similar.
  • Fumada: absórbese moi rapidamente polos tecidos intrapulmonares producindo un efecto moi potente.

O consumo da cocaína provoca unha diminución nas dendritas e unha menor densidade de espiñas das células piramidais, que se atopan no córtex cerebral. Estas neuronas son básicas para a plasticidade do cerebro ou, o que é o mesmo, para manter a capacidade de cambio do sistema nervioso central.

Efectos

Artigo principal: Toxicidade da cocaína.
Principais efectos do uso prolongado da cocaína (información en inglés)

A cocaína ten efectos estimulantes, acompañados de:

O suxeito experimenta unha esaxeración das súas capacidades e habilidades, e de todas as sensacións pracenteiras normais, pero o efecto mais importante é unha intensa euforia que se experimenta como unha intensa sensación de pracer que dura varios segundos.

Estes efectos aparecen de forma case inmediata e a intensidade con que son experimentados depende da dose, da vía de administración e da forma de consumo.

A cocaína é unha droga enormemente aditiva como resultado da súa habilidade para impedir a reabsorción da dopamina polas células nerviosas. O cerebro emite unha anormal e elevada cantidade de dopamina como parte do seu sistema de gratificación, o que está directa ou indirectamente involucrado nas propiedades aditivas das principais drogas.

Outro efecto da cocaína é o desenvolvemento de tolerancia co uso habitual: non se obtén o mesmo efecto coa mesma dose ao cabo dun tempo. Por este motivo, os adictos van aumentando cantidade e frecuencia de forma progresiva[1].

O efecto da droga pode conducir á ansiedade extrema de consumir máis. No caso extremo a dinámica do consumo pode ter como consecuencia que dure algunhas horas ou días. Un caso especial do consumo de cocaína de larga duración é a aparición da chamada loucura dermatozoica, na que o consumidor está convencido de que os insectos se moven debaixo da súa propia pel. Ademais coa dependencia de cocaína tense a miúdo unha deterioración da conciencia do adicto.

Perfil do consumidor de cocaína

O informe Perfil psicosocial de los usuarios de cocaína, elaborado polo proxecto Home en 2008, pon de manifesto que o número de persoas que seguiron tratamentos de desintoxicación no 2000 foi de 767, mentres que no 2007 ascenderon a 3427. O perfil típico do consumidor de cocaína é o seguinte:

  • Home (91,6% fronte ó 8,4% de mulleres)
  • Duns 30 anos (o 76% dos consumidores teñen entre 18 e 35 anos)
  • Solteiro ou divorciado (52% e 12%, respectivamente) que vive cos pais
  • Con traballo (o 90% tiñan traballo no momento de inicia-la desintoxicación)

O 46% consumía a diario e o 9% só durante as fins de semana. O 45% restante non tiña patrón fixo de consumo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Escritos sobre la cocaína - Sigmund Freud. Editorial Anagrama. Colección Argumentos. (1980)
  • "El consumo de cocaína se multiplicó por cuatro en los últimos ocho años", en La Voz de Galicia, 25.06.2008.

Outros artigos

Ligazóns externas

Previsualización de referencias

  1. "Unha guía para permanecer en recuperación despois da rehabilitación da cocaína". UK Addiction Treatment Centres.