"Crazy Beat" é unha canción da banda inglesa de rock alternativoBlur, editada como segundo sinxelo do álbum Think Tank o día 7 de xullo do 2003. "Crazy Beat" foi comparada polos críticose a banda ao hit de 1997 "Song 2", na súa simplicidade. Publicada nos Estados Unidos como primeiro sinxelo do disco, converteuse no primeiro dende "Song 2" en entrar na lista Modern Rock Tracks, acadando o posto 22.