"Fool's Day" é unha canción da banda inglesa Blur. Publicouse o 17 de abril de 2010 e trátase do primeiro sinxelo do grupo dende "Good Song" de 2003. O tema editouse como un sinxelo de 7" para o Record Store Day, lanzándose tan só 1 000 copias.[1] O día seguinte, para "evitar que os seguidores tivesen que obter ilegalmente unha copia inferior do tema en sitios piratas",[2] Blur puxo á súa disposición unha descarga gratuíta na súa páxina web en formatos MP3 e WAV.[3] É o sinxelo co guitarrista Graham Coxon dende "Music Is My Radar" do ano 2000.