Cuartil

En estatística os cuartís dun conxunto ordenado de datos son os tres puntos que dividen os datos en catro grupos iguais, cada un deles formado pola cuarta parte dos datos.

Definicións

Diagrama cos cuartís e o percorrido intercuartílico dunha normal N(0,1σ2)

Considéranse tres cuartís:

  • O primeiro cuartil (Q1) ou cuartil inferior deixa por baixo del o 25% dos datos. Coincide co percentil 25.
  • O segundo cuartil (Q2) é a mediana, que divide os datos en dúas partes.
  • O terceriro cuartil (Q3) ou cuartil superior deixa por baixo o 75% dos datos. Coincide co percentil 75.

Chámase percorrido intercuartílico á diferenza entre os cuartís superior e inferior (Q3 - Q1).

Valores anómalos

Existen métodos na estatística e na análise estatística para buscar datos anómalos. No caso dos cuartís o percorrido intercuartílico pode empregarse para caracterizar eses datos.

Tras determinar o primeiro e o terceiro cuartil ademais do percorrido intercuartílico (IQR) calculamos os seguintes valores:

e poden considerarse valores anómalos os que están fóra deste intervalo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas