Cultura da olería do peite
A cultura cerámica do peite foi unha cultura europea do Neolítico, que existiu desde ao redor do 4200 a.C. ata o redor do 2000 a. C.. O nome deriva do tipo de decoración máis común na súa olería, que se asemella ás pegadas dun peite.
Distribución
A distribución dos artefactos atopados inclúe Finnmark (Noruega) no norte, o río Kalix (Suecia) e o Golfo de Botnia (Finlandia) no oeste, e o río Vístula (Polonia) no sur. Ata chegar ós Montes Urais.
Inclúe a cultura de Narva, en Estonia e a cultura Sperrings en Finlandia, entre outros. Crese que provén esencialmente da economía cazadores-recolectores, aínda que Narva amosa algunhas evidencias de agricultura.
Unha parte desta rexión foi posteriormente absorbida polo horizonte da Cultura da olería cordada.
Cerámica
Divídese nos seguintes períodos:
- cedo (Ka I, c. 4200 a.C.-3300 a.C. aproximadamente)
- típico (Ka II, c. 3300 a.C.-2700 a.C. ca)
- tardío (Ka III, c. 2800 a.C.-2000 a.C. aproximadamente).
Non obstante, as datas de radiocarbono calibradas para algúns fragmentos de cerámica atopados no Istmo de Carelia dan datas entre 5600 a.C. e 2300 a.C.[1]
Vivenda
Os asentamentos localizáronse na ribeira do mar ou na beira dos lagos, e a economía baseábase na caza, pesca e na recolección de plantas. En Finlandia, foi unha cultura marítima que se especializou na caza focas. A vivenda dominante é o teepee de 30 metros cadrados, onde poderían vivir unhas 15 persoas. Houbo tamén casas de madeira rectangulares, especialmente en Finlandia desde o 4000 a.C. As tumbas escavabanse dentro dos asentamentos e os mortos eran cubertos de ocre vermello.
Arte
A cultura caracterizouse pola presenza de pequenas figuras de arxila e cabezas de animais feitas de pedra. As cabezas de animais representan normalmente osos e alces e obtivéronse a partir de técnicas do mesolítico. Houbo tamén moitas pinturas rupestres.
Idioma
Existe unha hipótese sobre a orixe urálica desta cultura. Crese que non falaban unha lingua indoeuropea.
Vexa tamén
Predecesor: Cultura de Narva |
Culturas da Europa Nórdica Neolítico 4200 a. C.-2000 a. C. |
Sucesor: Pobos urálicos |
Notas
- Referencias
- ↑ Modelo:Citación de publicación
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
- Linguas urálicas
- Cultura de Narva