Nabopolasar ataca Urartu (-608/-607) pero non ha reintentar esta tentativa setentrional ante o poder ascendente dos medos. Despois Urarto ha ser conquistado polos medos de Ciaxares.
En Sicilia, en Leontinos, Painaitio organiza o masacre da oligarquía e convértese en tirano, fornecendo así o modelo dun réxime político que vai prevalecer toda a historia da Sicilia grega.
Data tradicional, na que se atribúe a súa expedición a Jimmu Tenno, fundador da dinastía imperial xaponesa o inicio sa súa viaxe, que findou en Yamato, onde estabeleceu a súa residencia (a crítica histórica non acepta a data tan remota).
Batalla de Karkemish - O príncipe babilonioNabucodonosor vence ao exército exipcio, facéndose con Siria e parte de Palestina, que estaban so dominio faraónico desde -610. A guerra entre ambos estados, porén, durará varios anos.
Ao redor do 600 adC o filósofo grego Tales de Mileto describiu por primeira vez fenómenos electrostáticos producidos ao fretar fragmentos de ámbar e comprobar a súa capacidade de atracción sobre pequenos obxectos.
Previsualización de referencias
↑François Clément, Viton de Saint-Allais (1820). L'Art de vérifier les dates des faits historiques, des inscriptions, des chroniques et autres anciens monumens, avant l'ère chrétienne... Moreau.vista en liña(en francés)