Daniel Noboa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Daniel Roy Gilchrist Noboa Azín 30 de novembro de 1987 (37 anos) Miami, Estados Unidos de América |
Presidente de Ecuador | |
23 de novembro de 2023 – ← Guillermo Lasso | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade George Washington - administración pública (–2022) Kellogg School of Management (pt) - business management (en) (–2019) Stern School of Business (en) - administración de empresas (–2010) Universidade Harvard - administración pública |
Altura | 174 cm |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político, administrador |
Partido político | Ação Democrática Nacional (Equador) (pt) (2022–) Movimiento Sociedad Unida Más Acción (en) (2021–2022) Ecuatoriano Unido (en) (2021–2021) |
Familia | |
Cónxuxe | Lavinia Valbonesi (2021–) |
Pais | Álvaro Noboa e Anabella Azin |
Daniel Roy Gilchrist Noboa Azín, nado en Miami o 30 de novembro de 1987, é un administrador, empresario e político ecuatoriano-estadounidense que exerce como actual presidente da República do Ecuador desde o 23 de novembro de 2023. Asumiu o cargo aos 35 anos, o que o converte no segundo presidente máis novo da historia do país, despois de Juan José Flores, e no máis novo en ser elixido democraticamente.[1][2][3] Procedente da familia máis adiñeirada do país, é o terceiro Noboa en ocupar o cargo de presidente, despois do seu tataratataravó Diego Noboa (1850-1851) e do tataraneto deste, Gustavo Noboa (2000-2003).
A súa vida pública comezou en maio de 2021, cando foi elixido asembleista nacional polo Movemento Ecuatoriano Unido. Estivo no cargo ata maio de 2023, cando o goberno de Guillermo Lasso decretou a "morte cruzada", disolvendo o Parlamento e convocando eleccións extraordinarias.Neses comicios Noboa participou como candidato presidencial pola coalición Acción Democrática Nacional, integrada polo movemento Pueblo, Igualdad y Democracia e o Movemento MOVER. Na primeira volta obtivo o segundo posto, sendo elixido en segunda volta.[4]
Traxectoria
Orixe e primeiros anos
Naceu o 30 de novembro de 1987 na cidade de Miami, nos Estados Unidos.[5] Procede da familia con máis poder económico e político de Ecuador, sendo fillo de Álvaro Noboa, o home máis rico do país e cinco veces candidato á presidencia, e a doutora e política Annabella Azín.[6] Con raíces galegas, concretamente en Maceda,[7] da familia Noboa saíran antes dous presidentes de Ecuador: o seu tataratataravó Diego Noboa,[8] presidente entre 1850 e 1851, e Gustavo Noboa, tataraneto do anterior, que presidiu o país entre 2000 e 2003.[9] É ademais neto do empresario Luis Noboa Naranjo e de Isabel Pontón Ávila e sobriño da empresaria Isabel Noboa.
Grazas á fortuna da súa familia, con dezaoito anos fundou a súa propia empresa, DNA Entertainment Group, dedicada á organización de eventos.[6]
Formación académica
Despois de estudar na Escola de Negocios Stern da Universidade de Nova York, obtivo un título en Administración de Empresas en 2010.[10] Posteriormente, incorporouse á empresa familiar Corporación Noboa, onde pasou a ser director de transporte marítimo e logo director comercial e de loxística, entre 2010 e xuño de 2018.[6]
En 2019, obtivo un máster en Administración de Empresas pola Kellogg School of Management e tres anos despois outro en Comunicación Política e Gobernanza Estratéxica na Universidade George Washington.[11] Nesta universidade uniuse a outras destacadas figuras latinoamericanas como o columnista da CNN Geovanny Vicente Romero, baixo a supervisión do profesor Roberto Izurieta, que máis tarde sería secretario de prensa no seu goberno.
Carreira política
Asembleísta
Foi elixido asembleista nas eleccións lexislativas de 2021, representando á provincia de Santa Elena, polo movemento Ecuatoriano Unido, liderado por Edwin Moreno, irmán do expresidente Lenín Moreno.[12] Tomou posesión o 14 de maio do mesmo ano. Unha vez instalada a asemblea, Noboa incorporouse á Mesa do Acordo Nacional, bancada favorable ao goberno de Guillermo Lasso, coa que chegou a presidir a Comisión de Desenvolvemento Económico do lexislativo.[13] A súa participación máis salientable como lexislador foi como orador durante a votación da chamada lei de investimentos do presidente Lasso, que foi defendida por Noboa, pero rexeitada pola maioría dos lexisladores.[14]
Máis tarde, trala caída de popularidade do goberno de Lasso, Noboa decidiu deixar o banco e converteuse nun lexislador independente. Na votación da convocatoria do xuízo político de Lasso, Noboa estaba ausente, pero o seu substituto votou a favor.[15]
Candidatura presidencial
En 2023, Noboa estaba a formar o seu propio movemento político de cara ás eleccións presidenciais de 2025. Con todo, o goberno de Lasso decretou a "morte cruzada", coa que convocou eleccións extraordinarias. Noboa decidiu entón presentarse a ditas eleccións, pero como o seu grupo político aínda non estaba inscrito no Consello Nacional Electoral (CNE), decidiu presentar a súa candidatura co apoio dos movementos Pueblo, Igualdad y Democracia (PID) e MOVER. A coalición política rexistrouse co nome do grupo político de Noboa: Acción Democrática Nacional.[16]
O 2 de xuño, Noboa foi o primeiro candidato en rexistrar a súa aceptación de candidatura ante o Consello Nacional Electoral, presentando como o seu binomio a Verónica Abad.[17] O 9 de xuño o CNE aprobou a candidatura do binomio Noboa-Abad.[18]
Entre as súas primeiras propostas estaban as de xerar emprego dando un impulso á mocidade e atraer investimento estranxeiro.[19] Tamén aludiu á militarización dos portos e fronteiras do país, para frear o narcotráfico.[20]
A candidatura de Daniel Noboa quedaba moi atrasada nas enquisas de intención de voto, situándose entre o quinto e o sexto posto. Porén, tras o debate electoral, Noboa subiu nas enquisas, logrando o segundo posto na primeira volta. Nas eleccións lexislativas simultáneas, ADN obtivo 14 escanos, debido ao arrastre de votos de Noboa.[21]
Presidente do Ecuador
Para a segunda volta, a candidatura de Daniel Noboa reuniu a maior parte do voto "anticorreísta", resultando elixido cun 51,83%, para un período de 18 meses. Converteuse así no presidente máis novo elixido por votación popular na historia do país, con 35 anos, e no segundo máis novo en total, só por detrás de Juan José Flores, primeiro presidente de Ecuador, que tiña 29 anos cando comezou o seu primeiro período tras a disolución da Gran Colombia.[22]
O 23 de novembro de 2023 asumiu a presidencia do Ecuador por un período de 18 meses, completando o mandato inconcluso do presidente saínte Guillermo Lasso.[23][24]
O presidente de Colombia, Gustavo Petro, foi o único xefe de Estado estranxeiro que asistiu á súa toma de posesión.[25] O seu discurso inaugural durou sete minutos, nos que criticou os "vellos paradigmas" na Asemblea Nacional. Horas despois de asumir o cargo, Noboa prometeu reformas para reducir a violencia e crear oportunidades de emprego no país, a pesar de que non nomeou ministro de Facenda, anunciando tamén o fin da "táboa de drogas" mediante a que se regulaba o porte de sustancias psicoactivas.[26][27]
Conflito armado interno
O 8 de xaneiro de 2024 declarou o estado de excepción tras a fuga de Adolfo Macías, xefe do grupo criminal Los Choneros, do cárcere onde estaba recluído. Ao día seguinte decretou a existencia do conflito armado interno de Ecuador, despois de que estalase unha vaga de violencia no país.[28] Para o 18 de febreiro de 2024, o goberno anunciou máis de 8.600 detidos, dos cales 241 foron capturados acusados de "terrorismo",[29] aínda que todos eles foron postos en liberdade polo sistema xudicial ecuatoriano por falta de cargos.
Asalto á embaixada mexicana en Ecuador
O 5 de abril de 2024, a administración de Daniel Noboa ordenou unha operación policial-militar como forma de persecución política para secuestrar a Jorge Glas, que levaba aloxado como asilado político desde decembro de 2023 no interior da embaixada mexicana en Ecuador.[30] Durante a operación, a policía atacou ao persoal da embaixada mexicana. Todo isto, violando a Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas e a Convención de Asilo Diplomático de 1954. Despois do asalto, México anunciou a ruptura das relacións diplomáticas co goberno do Ecuador.[31] Ese mesmo día, o goberno ecuatoriano compartiu na súa conta de X un comunicado oficial dedicado á cidadanía titulado: "Defendemos a soberanía nacional. Impunidade cero». No comunicado, o goberno xustificou o asalto como parte da loita contra a corrupción, pedindo que non se interferise nos asuntos internos do Ecuador e reiterando o "respecto ao pobo mexicano".[32]
Posicións políticas
Noboa afirmou que non se identificaba coa dereita nin coa esquerda do espectro político.[33] Porén, algúns medios considérano parte do centrodereita ou da dereita política,[34][35] mentres que outros o clasifican como próximo ao centrismo,[36] ao centroesquerda ou á socialdemocracia.[37][38]
Controversias
Empresas en paraísos fiscais
En outubro de 2023, o xornal brasileiro Folha de S. Paulo revelou que Daniel Noboa era propietario, segundo os Papeis de Pandora, de empresas en paraísos fiscais, polo que a súa candidatura presidencial tería incumprido a Lei do Pacto Ético, aprobada tras a consulta popular de 2017, que prohibe aos candidatos a cargos públicos ser propietarios directos ou indirectos de bens ou capitais, de calquera natureza, en xurisdicións ou réximes considerados paraísos fiscais 8C.[39]
Caso Olón
En maio de 2024 xurdiu unha polémica trala a tala dun mangleiral nas beiras do bosque Esterillo Oloncito por parte da empresa Vinzin SA, propiedade de Lavinia Valbonesi, esposa de Noboa. As autorizacións ambientais de construción foron concedidas polo Ministerio de Medio Ambiente, Augas e Transición Ecolóxica 12 días despois de que o gabinete do presidente tomase posesión. Isto a pesar de que o bosque protector onde se pretendía situar o proxecto formase parte do patrimonio forestal do país e, polo tanto, gozase de protección legal, ademais de que os mangleirais están recoñecidos na Constitución como ecosistemas fráxiles e ameazados [40]
Persecución á vicepresidenta Verónica Abad
Dende o primeiro día de goberno, Noboa mantivo unha mala relación coa súa vicepresidenta, Verónica Abad. En novembro de 2024, esta foi enviada como embaixadora a Israel e despois recibiu instrucións para viaxar a Istambul en tres días. Por non chegar ata o cuarto día, foi suspendida por 150 días polo Ministerio de Traballo. A vicepresidenta, que acusou a Noboa de ditador, recorreu entón ao Tribunal Constitucional, que derrogou a suspensión.[41]
Vida persoal
O 23 de decembro de 2017 casou con Gabriela Goldbaum Smith,[42] coa que ten unha filla chamada Luisa. Posteriormente divorciouse de Goldbaum nunha longa disputa.[43] En 2019, cando aínda estaba casado con Goldbaum, coñeceu a Lavinia Valbonesi,[44] coa que casou o 28 de agosto de 2021, tras un ano e oito meses de relación,[45] e con quen ten dous fillos, Álvaro e Furio.[11]
Notas
- ↑ Buschschlüter, Vanessa (16 de outubro de 2023). "Daniel Noboa becomes Ecuador's youngest president-elect". BBC (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "JJ Flores, Daniel Noboa, García Moreno y Jaime Roldós los presidentes más jóvenes del Ecuador" (en castelán). 21 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa o Juan José Flores: ¿quién es el presidente más joven de la historia del Ecuador?, esto es lo que dicen los historiadores" (en castelán). 18 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El empresario Daniel Noboa da un giro a la política de Ecuador: será el presidente más joven del país tras derrotar a la abogada correísta Luisa González". BBC (en castelán). 15 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Los patrimonios de los candidatos a la Presidencia: desde 43 mil dólares hasta los 30 millones de dólares" (en castelán). Consultado o 2023-09-07.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Daniel Noboa anuncia su candidatura a la presidencia: "Soy un hombre de proyectos que no se rinde"" (en castelán). 24 de maio de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ Fernández, Elisabet (14 de outubro de 2018). "Gustavo Noboa: "Latinoamérica se te va de las manos de repente; mira Venezuela, terrible"". La Región (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Oligarquías Extendidas" (en castelán). 7 de xullo de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa es el tercer presidente del Ecuador que llega al poder con ese apellido" (en castelán). 16 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Elecciones Ecuador 2023: Daniel Noboa Azín buscará por primera vez la Presidencia de Ecuador, que su padre Álvaro Noboa no logró en cinco intentos" (en castelán). 24 de maio de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ 11,0 11,1 "¿Quién es Daniel Noboa?" (en castelán). 25 de maio de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "La renovación política de los Noboa Azín comienza en Santa Elena" (en castelán). 21 de xuño de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Asamblea Nacional conformó comisiones permanentes para el período 2021-2023" (en castelán). 20 de maio de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "La Asamblea niega la Ley de Inversiones de Lasso y el presidente estalla: “son unos ladrones”" (en castelán). 25 de marzo de 2022. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Así votaron los asambleístas en el llamado a juicio político contra Guillermo Lasso" (en castelán). 9 de maio de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Otra vez Álvaro Noboa quiere ser presidente y ahora competiría hasta con su hijo" (en castelán). 30 de maio de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Ocho candidatos presidenciales aparecerán en la papeleta electoral" (en castelán). 14 de xullo de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Elecciones 2023: Daniel Noboa, el primer presidenciable con candidatura en firme" (en castelán). 9 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa plantea dar impulso al empleo joven" (en castelán). 27 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa: "Hay que militarizar los puertos y fronteras del país"" (en castelán). 14 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Factbox-Ecuador's Gonzalez and Noboa go to second round in presidential vote" (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa se convierte en el presidente más joven de Ecuador" (en castelán). 15 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El empresario Daniel Noboa asume como presidente de Ecuador" (en castelán). 23 de novembro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Ecuador: Daniel Noboa inicia sus 18 meses de mandato con herencia de violencia récord" (en castelán). 23 de novembro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Por qué Gustavo Petro fue el único presidente que asistió a la posesión de Daniel Noboa en Ecuador" (en castelán). 23 de novembro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Presidente Noboa dispone la eliminación de la tabla de consumo de drogas" (en castelán). 24 de novembro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Nuevo presidente de Ecuador promete reformas para reducir violencia y crear empleo" (en castelán). 23 de novembro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "3 claves que explican el “conflicto armado interno” declarado en Ecuador tras varias jornadas de violencia". BBC (en castelán). 10 de xaneiro de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Más de 8.600 detenidos en 41 días de conflicto armado en Ecuador contra la criminalidad" (en castelán). 19 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Policías irrumpen en la Embajada de México en Ecuador" (en castelán). 6 de abril de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "México rompe relaciones con Ecuador tras el operativo policial en su embajada en Quito para capturar al exvicepresidente Glas". BBC (en castelán). 6 de abril de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "A la ciudadanía" (en castelán). 6 de abril de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Elecciones en Ecuador: la abogada correísta Luisa González y el empresario Daniel Noboa se disputarán la presidencia en segunda vuelta". BBC (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa, candidato presidencial: Se pueden hacer las reformas base el primer año, y luego la persona que esté sentada ahí, que seguro seré yo, puede buscar la reelección" (en castelán). 8 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Ecuador irá a balotaje presidencial en nuevo duelo entre izquierda y derecha" (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Todo listo en Ecuador para segunda vuelta de elecciones generales" (en castelán). 14 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa, la meteórica carrera política del joven empresario que triunfó en lo que su padre fracasó 5 veces y será presidente de Ecuador". BBC (en castelán). 16 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "'Sprint' electoral final en Ecuador con el moderado Noboa a la cabeza". El Mundo (en castelán). 13 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Pandora papers: Daniel Noboa posee empresas en paraísos fiscales" (en castelán). 13 de outubro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "El polémico proyecto de Lavinia Valbonesi en Olón, explicado" (en castelán). 13 de maio de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "La jueza aceptó la acción de protección de Verónica Abad y dejó sin efecto su suspensión" (en castelán). 23 de decembro de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Daniel Noboa Azín y Gabriela Goldbaum se casan en Salinas" (en castelán). 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Si no podemos confiar en la justicia, no es justicia" (en castelán). 18 de outubro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Ella es Lavinia, la esposa del candidato presidencial Daniel Noboa Azín" (en castelán). 25 de maio de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.
- ↑ "La ‘influencer’ Lavinia Valbonesi comparte su felicidad en las redes; se casó con el asambleísta Daniel Noboa" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2024.