David McCullough
David Gaub McCullough, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 7 de xullo de 1933 e finado en Hingham (Massachusetts) o 7 de agosto de 2022, foi un escritor, historiador e conferenciante estadounidense.[1] Gañou en dúas ocasións o premio Pulitzer e o National Book Award e recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade, galardón civil máis alto do seu país.[1][2]
McCullough obtivo un grao en literatura inglesa pola Universidade Yale. O seu primeiro libro foi The Johnstown Flood (1968), e dende entón escribiu outros nove sobre temas como Harry S. Truman, John Adams, a ponte de Brooklyn e os irmáns Wright. McCullough tamén narrou numerosos documentais, como The Civil War de Ken Burns, ademais do filme de 2003 Seabiscuit; foi o presentador de American Experience durante doce anos.
Os dous libros de McCullough gañadores do Pulitzer, Truman e John Adams, foron adaptados por HBO nun telefilme e nunha miniserie, respectivamente.
Estilo
McCullough era un historiador cun interese máis divulgativo que académico e un estilo literario moi próximo á novela. Facía gala de patriotismo e parte das súas obras se dedican a eloxiar a obra de presidentes dos Estados Unidos, algún deles tan discutido como Harry Truman, que decidiu lanzar a bomba atómica contra Hiroshima e Nagasaki.
En libros como 1776 raiaba coa parcialidade, xa que retrataba con máis expresividade a violencia británica e dos mercenarios de Hesse que a do bando independentista (os "patriotas"), aínda que non deixaba de representar a miseria física e en ocasións moral dos soldados de George Washington; tampouco na representación do rei Xurxo pode dicirse que sexa ecuánime, se se compara coa de Washington, Nathanael Greene ou Henry Knox; de feito, aínda que McCullough manexa a fondo a documentación, non se pode considerar que a súa mirada sexa obxectiva.
Non obstante, o seu punto de vista non era enganoso, xa que resultaba evidente, e a súa maior virtude radicaba no seu estilo, vivo e elegante, e no seu dominio da trama narrativa, capaz de atrapar o lector nunha emotiva reconstrución das encrucilladas históricas.
Obras
Libros
Título | Ano | Tema | Premios[3] | Entrevistas e presentacións |
---|---|---|---|---|
The Johnstown Flood: The Incredible Story Behind One of the Most Devastating Disasters America Has Ever Known | 1968 | Inundación de Johnstown | ||
The Great Bridge: The Epic Story of the Building of the Brooklyn Bridge | 1972 | Ponte de Brooklyn | Presentación de McCullough sobre The Great Bridge, 17 de setembro de 2002, C-SPAN | |
The Path Between the Seas: The Creation of the Panama Canal, 1870–1914 | 1977 | Canal de Panamá | National Book Award – 1978[4] Francis Parkman Prize – 1978 Premio Samuel Eliot Morison – 1978 Cornelius Ryan Award – 1978 |
|
Mornings on Horseback | 1981 | Theodore Roosevelt | National Book Award – 1982[5] | |
Brave Companions: Portraits in History | 1991 | Ensaios biográficos publicados previamente | ||
Truman | 1992 | Harry S Truman | Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 1993[6] The Colonial Dames of America Annual Book Award – 1993 Francis Parkman Prize |
Booknotes entrevista con McCullough sobre Truman, 19 de xullo de 1992, C-SPAN Presentación de McCullough sobre Truman en National Press Club, 7 de xullo de 1992, C-SPAN |
John Adams | 2001 | John Adams | Premio Pulitzer pola mellor biografía ou autobiografía – 2002[6] | Presentación de McCullough sobre John Adams en Library of Congress, 24 de abril de 2001, C-SPAN Presentación de McCullough sobre John Adams en National Book Festival, 8 de setembro de 2001, C-SPAN |
1776 | 2005 | Revolución Americana | American Compass Best Book – 2005 | Presentación de McCullough sobre 1776 en Mount Vernon Ladies' Association, 9 de xuño de 2005, C-SPAN Q&A entrevista con McCullough sobre 1776, 7 de agosto de 2005, C-SPAN Presentación de McCullough sobre 1776 en National Book Festival, 24 de setembro de 2005, C-SPAN Presentación de McCullough sobre 1776 en Texas State Capital, 29 de outubro de 2005 |
In the Dark Streets Shineth: A 1941 Christmas Eve Story | 2010 | Winston Churchill, Franklin D. Roosevelt, Conferencia Arcadia | ||
The Greater Journey: Americans in Paris | 2011 | Estadounidenses en París durante o século XIX, incluídos James Fenimore Cooper e Samuel Morse | Part one e Parte dos de Q&A entrevista con McCullough sobre The Greater Journey, 22 e 29 de maio de 2011, C-SPAN Entrevista con McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPAN Presentación de McCullough sobre The Greater Journey en National Book Festival, 25 de setembro de 2011, C-SPAN | |
The Wright Brothers | 2015 | Irmáns Wright | National Aviation Hall of Fame Combs Gates Award - 2016 | Q&A entrevista con McCullough sobre The Wright Brothers, 31 de maio de 2015, C-SPAN |
The American Spirit: Who We Are and What We Stand For | 2017 | Q&A entrevista con McCullough sobre The American Spirit, 23 de abril de 2017, C-SPAN | ||
The Pioneers: The Heroic Story of the Settlers Who Brought the American Ideal West[7] | 2019 | Pioneiros estadounidenses no Territorio do Noroeste | Q&A entrevista con McCullough sobre The Pioneers, 19 de maio de 2019, C-SPAN |
Filmes presentados ou narrados
- Brooklyn Bridge (1981)
- Smithsonian World (5 episodios, 1984–1988)
- The Shakers: Hands to Work, Hearts to God (1984)
- The Statue of Liberty (1985)
- Huey Long (1985)
- A Man, A Plan, A Canal : Panama (NOVA) (1987)
- The Congress (1988)
- The Civil War (9 episodios, 1990)
- American Experience (23 episodios, 1991–2006)
- Coney Island (1991)
- The Donner Party (1992)
- Degenerate Art (1993)
- D-Day Remembered (1994)
- Napoleon-PBS Empires Special (2000)
- George Wallace: Settin' the Woods on Fire (2000)
- Seabiscuit (2003)
- The Most Wonderful Time of the Year (2010)
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Biography at Simon & Schuster". Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008.
- ↑ Sherman, Jerome L (16 de decembro de 2006). "Presidential biographer gets presidential medal". Pittsburgh Post-Gazette. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2006.
- ↑ "Awards". Simon & Schuster. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2008. Consultado o 24 de abril de 2008.
- ↑ "National Book Awards – 1978". National Book Foundation. Consultado o 24 de abril de 2008.
- ↑ "National Book Awards – 1982". National Book Foundation. Consultado o 24 de abril de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 "Biography or Autobiography: Past winners and finalists by category". The Pulitzer Prizes. Consultado o 17 de marzo de 2012.
- ↑ Pitz, Marylynne (6 de outubro de 2016). "Pittsburgh native David McCullough's next book will focus on generations of Northwest pioneers". Pittsburgh Post-Gazette. Consultado o 10 de xuño de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- David McCullough en Simon & Schuster
- Gaffney, Elizabeth; Howe, Benjamin Ryder (outono de 1999). "David McCullough, The Art of Biography No. 2". The Paris Review.
- Transcrición do discurso "Knowing History and Knowing Who We Are" en Hillsdale College National Leadership Seminar sobre o tema "American History and America's Future"