Hiroshima

Modelo:Xeografía políticaHiroshima
広島市 (ja) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Himnomunicipal anthem of Hiroshima (en) Traducir (1965) Editar o valor em Wikidata

Símbolo oficialAdelfa (flor)
Alcanforeira (árbore) Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata
 34°23′07″N 132°27′19″L / 34.38525, 132.45531Coordenadas: 34°23′07″N 132°27′19″L / 34.38525, 132.45531
EstadoXapón
PrefecturasPrefectura de Hiroshima Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalNaka-ku (Hiroshima) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.198.021 (2021) Editar o valor em Wikidata (1.323,77 hab./km²)
Adeallo3Bの街 Editar o valor em Wikidata
Lingua usadaHiroshima dialect (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie905,01 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Ota (pt) Traducir, Hiroshima Bay (en) Traducir e Mar Interior de Seto Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMount Ōmine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Niho (en) Traducir, Niho (en) Traducir, Yaga (en) Traducir, Ushita (en) Traducir, Koi (en) Traducir, Kusatsu (en) Traducir, Furuta (en) Traducir, Misasa (en) Traducir, Hesaka (en) Traducir, Nakayama (en) Traducir, Inokuchi (en) Traducir, Numata (en) Traducir, Asa (en) Traducir, Kabe (en) Traducir, Gion (en) Traducir, Kōyō (en) Traducir, Satō (en) Traducir, Yasufuruichi (en) Traducir, Senogawa (en) Traducir, Shiraki (en) Traducir, Aki (en) Traducir, Kumanoato (en) Traducir, Funakoshi (en) Traducir, Yano (en) Traducir, Itsukaichi (en) Traducir e Yuki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FundadorMōri Terumoto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1 de abril de 1889 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
6 de agosto de 1945atomic bombing of Hiroshima (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataKazumi Matsui (en) Traducir (2011–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoQ11484650 Traducir , (Escano: 54) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal730-8586 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico82 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Chongqing
Nagasaki
Ieper
Aki
Condado de Honolulu (pt) Traducir (1959–)
Honolulu (1959–)
Volgogrado (1972–)
Hannover (1983–)
Daegu (1997–)
Montreal (1998–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webcity.hiroshima.lg.jp Editar o valor em Wikidata
Facebook: HiroshimaCityOfficial Twitter: HiroshimaCityPR Instagram: hiroshima_city_official Youtube: UCXaG1zkIL1YTA86kedoiflA Editar o valor em Wikidata

Hiroshima,[1] ás veces tamén escrito Hiroxima[2] ou Hiróxima[3], (広島市, ひろしまし; Hiroshima-shi) é unha cidade xaponesa, capital da prefectura de Hiroshima, na rexión de Chūgoku. En 2003, a cidade contaba cunha poboación estimada de 1 136 684 persoas e unha densidade de poboación de 1.532,44 hab./km². A súa superficie total é de 741,75 km². Hiroshima adquiriu estatuto de cidade o día 1 de abril de 1889.

Historia

Efectos da bomba atómica en Hiroshima.

Hiroshima foi fundada no ano 1589 na costa da illa de Seto, e converteuse nun cetro urbano durante o período Meiji. A cidade está localizada no delta do río Ota, o cal ten sete brazos que dividen a cidade en seis illas. A cidade está levemente elevada sobre o nivel do mar.

A cidade foi amplamente destruída en agosto de 1945, durante a segunda guerra mundial, por unha bomba atómica chamada Little Boy lanzada polo exército dos Estados Unidos. A bomba foi a segunda da súa clase en ser detonada, e a primeira utilizada para fins militares. Os ataques atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki foron factores decisivos na capitulación xaponesa na guerra.

Tras o ataque atómico, Hiroshima foi reconstruída como unha cidade en memoria da paz. O goberno continuou pedindo a abolición das armas atómicas e, a maior escala, a paz mundial.

Hiroshima ten dous sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade:

Bombardeo da segunda guerra mundial

O salón promocional de Hiroshima e a cúpula de Gembaku, un dos poucos edificios que permaneceron en pé despois da explosión.

Durante a segunda guerra mundial, Hiroshima era unha cidade de importancia militar considerábel. Contiña os cuarteis do segundo exército, os cales xestionaban a defensa do sur do Xapón. A cidade era tamén un centro de comunicación, un punto de almacenamento e unha área de ensamblaxe de tropas.

O centro da cidade contiña un número de edificios de formigón reforzados e estruturas máis liviás. Na área dos arredores había unha conglomeración de pequenos talleres de madeira, entre casas xaponesas e algunhas plantas industriais. As casas eran de madeira, con teitos de tellas. Moitos dos edificios industriais eran tamén de madeira. A cidade en xeral era extremadamente susceptíbel aos incendios.

Algúns dos edificios de formigón reforzado eran construcións moito máis fortes que as requiridas polos estándares dos Estados Unidos, debido aos perigos de terremoto presentes no Xapón. Isto tivo unha grande incidencia no feito de que moitas destas estruturas permaneceran en pé tras a explosión. Outro factor importante para este fenómeno é que a explosión foi máis poderosa cara a abaixo que cara aos lados.

A poboación de Hiroshima alcanzara un pico de máis de 380.000 habitantes ao comezo da guerra, mais antes do ataque atómico, a poboación foi reducida a 255.000 habitantes (aproximadamente) debido a evacuacións.

Hiroshima foi o obxectivo primario da primeira misión de ataque aéreo levada a cabo polo exército dos Estados Unidos. O ataque resultou perfecto en cada aspecto. O clima era favorábel, a tripulación actuou sen erros e o equipamento funcionou á perfección. O ataque resultou tal e como se planeara en cada pequeno detalle, e a bomba actuou exactamente como se esperaba.

A bomba estoupou sobre Hiroshima ás 8:15 da mañá do 6 de agosto de 1945. Cerca dunha hora antes, os radares xaponeses xa detectaran algunhas aeronaves estadounidenses acercándose ao sur do Xapón. Deuse a alerta e as transmisións de radio pararon en varias cidades, entre elas Hiroshima. Os avións acercáronse á costa a grande altura. Cerca das 8:00 da mañá, o operador de radar en Hiroshima puido determinar que o número de avións acercándose era moito menor e levantouse a alerta antiaérea. Transmitiuse pola radio unha alerta suxirindo o uso de refuxios ao avistamento de B-29s. Ás 8:12, o B-29 Enola Gay soltou a bomba atómica Little Boy (pequeno neno) sobre o centro da cidade e a bomba estalou cunha explosión da magnitude de 12.000 toneladas de dinamita, matando máis de 80.000 persoas de inmediato.

Ao mesmo tempo, o operador de control da compañía de transmisión xaponesa en Toquio notou que a estación de Hiroshima encontrábase fóra do ar. Intentou utilizar outra liña telefónica para restabelecer o seu programa, pero fallou tamén. Cerca de 20 minutos máis tarde, o centro telegráfico en Toquio notou que a liña de telégrafo parara de funcionar ao norte de Hiroshima. Dalgunhas estacións de tren pequenas e próximas á cidade chegaron informes oficiosos e confusos dunha terríbel explosión en Hiroshima. Todos estes comunicados foron transmitidos aos cuarteis xerais xaponeses. Os cuarteis militares intentaron comunicarse reiteradas veces coa estación de control do exército en Hiroshima. O absoluto silencio proveniente da zona confundiu os homes do cuartel; sabían que ningún ataque inimigo a grande escala podería ter ocorrido, e sabían que daquela non existían depósitos de explosivos de grande tamaño en Hiroshima. Ordenouselle a un xove oficial voar inmediatamente a Hiroshima, aterrar, identificar os danos e regresar a Toquio con información fiábel para os membros do cuartel xeral.

O oficial dirixiuse ao aeroporto e engalou cara ao suroeste. Tras cerca de tres horas de voo, mentres se encontraba aínda ao redor de 100 millas Hiroshima, o oficial e o seu piloto divisaron unha enorme nube de fume sobre a cidade. A media tarde ardían os restos de Hiroshima.

O seu avión axiña chegou á cidade, a cal bordearon. Unha xigantesca cicatriz sobre a tierra, aínda ardendo, e cuberta por unha moi espesa nube de fume, era todo o que quedaba dunha gran cidade. Aterraron ao sur da cidade e o oficial comezou a organizar medidas de axuda, despois de informar do visto a Toquio.

As primeiras novas da causa do desastre en chegar a Toquio viñeron da Casa Branca, 16 horas despois do ataque. Estímase que cara fins de 1945 morreron máis de 60.000 persoas debido aos danos causados pola explosión. Porén, este total non inclúe as vítimas a longo prazo debidas a enfermidades causadas polas radiacións.

Case de inmediato despois do fin da segunda guerra mundial, e persistindo até o día de hoxe, os bombardeos atómicos sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki foron cuestionados. O seu uso ten sido cualificado de bárbaro baixo as premisas de que o presidente Harry Truman sabía que Hirohito tiña a intención de renderse en breve e de que, no momento do ataque, o territorio estadounidense non estaba en perigo. Ademais de destruír unha base militar e un centro industrial militar, decenas de miles de civís foron asasinados. Algúns alegan que os xaponeses estaban xa esencialmente derrotados e que o uso das bombas era innecesario.


Decenas de miles de persoas marcaron o 40 aniversario do bombardeo atómico da cidade o 6 de agosto de 1985.

División administrativa

O concello de Hiroshima divídese en 8 barrios (ku 区):

  • Aki-ku (安芸区, あきく)
  • Asakita-ku (安佐北区, あさきたく)
  • Asaminami-ku (安佐南区, あさみなみく)
  • Higashi-ku (東区, ひがしく)
  • Minami-ku (南区, みなみく)
  • Naka-ku (中区, なかく)
  • Nishi-ku (西区, にしく)
  • Saeki-ku (佐伯区, さえきく)

Economía

  • Banco de Hiroshima (広島銀行)
  • Molten (モルテン)
  • Compañía de electricidade de Chūgoku (中国電力)
  • Banco de Momiji (もみじ銀行)
  • DEODEO (デオデオ)
  • Hiroshima Electric Railway (広島電鉄)

Deporte

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bomba.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 107. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas