Derek Jarman

Infotaula de personaDerek Jarman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Northwood, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de febreiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Hospital de St Bartholomew, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemorte por SIDA Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of St Clement, Old Romney (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDungeness (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónSlade School of Fine Art (pt) Traducir (1963–1967)
Canford School (en) Traducir
King's College de Londres
Walhampton School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, film screenwriting (en) Traducir, Actuación e escenografía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , montador , director de fotografía , escenógrafo , artista , fotógrafo , guionista de cinema , autor , diseñador de vestuario , actor , activista LGBT , guionista , pintor , autor de diarios , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0418746 Allocine: 7539 Allmovie: p95890 TCM: 94300 TV.com: people/derek-jarman
BNE: XX1642720 Musicbrainz: 940cc597-5bf2-4eee-93f0-d7b01c252bdc Songkick: 215618 Discogs: 83238 WikiTree: Jarman-1178 Find a Grave: 9797660 Editar o valor em Wikidata

Michael Derek Elworthy Jarman, nado en Northwood (Middlesex) o 31 de xaneiro de 1942[1] e finado en Londres o 19 de febreiro de 1994, foi un director de cinema, escenógrafo, artista plástico, deseñador de xardíns e escritor británico.

Traxectoria

Placa azul en Butler's Wharf

Jarman naceu no Royal Victoria Nursing Home en Northwood, Middlesex, Inglaterra,[1] fillo de Elizabeth Evelyn (de solteira Puttock)[2] e Lancelot Elworthy Jarman.[3][4] O seu pai era un oficial da Royal Air Force, nado en Nova Zelandia.

Despois dunha educación preparatoria na Hordle House School, Jarman pasou a abordar a Canford School en Dorset e dende 1960 estudou no King's College de Londres. A iso seguírono catro anos na Slade School of Fine Art, University College London (UCL), a partir de 1963. Tivo un estudio en Butler's Wharf, Londres, nos anos 70. Jarman falou claramente sobre a homosexualidade, a súa loita pública polos dereitos dos homosexuais e a súa loita persoal contra a sida.

O 22 de decembro de 1986, Jarman foi diagnosticado como VIH positivo e falou do seu estado en público. A súa enfermidade levouno a mudarse a Prospect Cottage, Dungeness en Kent, preto da central nuclear. En 1994 morreu por mor dunha doenza relacionada coa sida en Londres,[5] aos 52 anos. Era ateo.[6] Está enterrado no cemiterio da igrexa de St Clement's, Old Romney, Kent.

Unha placa azul conmemorativa de Jarman foi colocada en Butler's Wharf en Londres o 19 de febreiro de 2019, no 25 aniversario da súa morte.[7]

Filmes

Os primeiros filmes de Jarman foron curtas experimentais en Super 8, un formato que nunca abandonou por completo, e posteriormente desenvolveuse nos seus filmes Imagining October (1984), The Angelic Conversation (1985), The Last of England (1987) e The Garden (1990) como un paralelo á súa obra narrativa. The Garden participou no XVII Festival Internacional de Cinema de Moscova.[8] The Angelic Conversation contou con Toby Mott e outros membros da Grey Organization, un colectivo de artistas radicais.[9]

Jarman deuse a coñecer por primeira vez como escenógrafo. O seu descubrimento para a industria cinematográfica produciuse como deseñador de produción para The Devils (1971), de Ken Russell. Debutou no cinema narrativo con Sebastiane (1976), sobre o martirio de san Sebastián. Este foi un dos primeiros filmes británicos con imaxes positivas de sexualidade homosexual;[10] o seu diálogo estaba completamente en latín.

Seguiu con Jubilee (rodado en 1977, estreado en 1978), en que se ve que a raíña Isabel I de Inglaterra transportada no tempo a un deserto e brutal ermo gobernado polo seu homónimo do século XX. Jubilee foi descrito como o "único filme punk decente de Gran Bretaña",[11] e contou con grupos punk e figuras como o Wayne County de Wayne County & the Electric Chairs, Jordan, Toyah Willcox e Adam and the Ants.

A continuación realizou en 1979 unha adaptación de A tempestade de Shakespeare.[12]

Durante a década de 1980, Jarman foi un dos principais defensores contra a cláusula 28, que intentaba prohibir a "promoción" da homosexualidade nas escolas. Tamén traballou para concienciar sobre a sida. A súa práctica artística a principios desa década reflectiu estes compromisos, especialmente en The Angelic Conversation (1985), filme en que as imaxes van acompañadas da voz de Judi Dench que recita os sonetos de Shakespeare.

Jarman pasou sete anos realizando filmes experimentais en Super 8 e intentando recadar cartos para Caravaggio (máis tarde afirmou que reescribiu o guión dezasete veces durante ese período). Lanzado en 1986, Caravaggio[13] atraeu un público relativamente amplo; aínda é, agás polo éxito de culto Jubilee, probablemente a obra máis coñecida de Jarman. Isto débese en parte á participación, por primeira vez cun filme de Jarman, da compañía de televisión británica Channel 4 no financiamento e distribución. Financiado polo British Film Institute e producido polo teórico do cine Colin MacCabe, Caravaggio marcou o comezo dunha nova fase na súa carreira cinematográfica: a partir de entón, todos os seus filmes foron financiados en parte por compañías de televisión, recibindo a miúdo a súa exposición máis destacada nas proxeccións de televisión. Caravaggio tamén foi o primeiro traballo de Jarman coa actriz Tilda Swinton. Representacións sobranceiras do amor homosexual, ambigüidade narrativa e representacións en vivo das pinturas máis famosas de Caravaggio son as características máis destacadas da obra.

A conclusión de Caravaggio tamén marcou o comezo dun abandono temporal da narrativa tradicional nos filmes de Jarman. Frustrado pola formalidade da produción cinematográfica en 35 mm e pola dependencia das institucións e a resultante inactividade prolongada asociada a ela (que xa lle custara sete anos con Caravaggio, ademais de facer descarrilar varios proxectos a longo prazo), Jarman volveu ao formato baseado no Super 8 en que xa traballara anteriormente. Caravaggio participou no 36.º Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o Oso de Prata ao logro singular.[14]

O último filme desta nova fase seminarrativa, The Last of England contou a morte dun país, arrasado pola súa propia decadencia interna e a reestruturación económica do goberno de Thatcher. "Fermosísimo ... o filme é unha das poucas obras do cine persoal de finais dos 80: unha chamada para abrir os ollos a un mundo violado pola avaricia e a represión, para ver que danos irrevogables se causaron na cidade, no campo e na alma, como os nosos ceos, os nosos corpos, se envelenaron ", escribiu un crítico de Village Voice.

En 1989, o filme de Jarman War Requiem sacou a Laurence Olivier da xubilación para a que foi a súa última actuación. O filme usa o réquiem homónimo contra a guerra de Benjamin Britten como banda sonora e xustapón violentas imaxes de guerra coa misa de defuntos e a apaixonada poesía humanista de Wilfred Owen.

Durante a realización do seu filme The Garden, Jarman enfermou gravemente. Aínda que se recuperou o suficiente para completar o traballo, nunca intentou nada a unha escala comparable despois, volvendo a unha forma máis reducida para as súas conclusivas películas narrativas, Eduardo II (quizais a súa obra máis francamente política, ssegundo o seu activismo queer) e o brechtiano Wittgenstein, unha delicada traxicomedia baseada na vida do filósofo Ludwig Wittgenstein. Jarman obtivo ingresos secundarios dirixindo vídeos musicais para varios artistas, incluíndo Marianne Faithfull,[15] The Smiths e Pet Shop Boys.[16]

Tumba de Jarman no cemiterio de St Clement's Church, Old Romney

Na época do seu filme de 1993 Blue,[17] Jarman estaba perdendo a vista e agonizando por complicacións relacionadas coa sida. Blue consiste nun único plano de cor azul saturada que enche a pantalla, como fondo dunha banda sonora composta por Simon Fisher Turner, e con música orixinal de Coil e outros artistas, en que Jarman describe a súa vida e visión. Cando se estreou na televisión británica, Channel 4 mostraba a imaxe mentres que a banda sonora se emitía simultaneamente na BBC Radio 3.[18] Blue presentouse na Bienal de Venecia de 1993 con Jarman presente e posteriormente entrou nas coleccións do Walker Art Institute, o Centro Georges Pompidou, o MoMA e a Tate. O seu último traballo como cineasta foi o filme Glitterbug,[19] para BBC Two, e emitido pouco despois da morte de Jarman.

Outros traballos

Xardín de Derek Jarman, Prospect Cottage, Dungeness, en maio de 2007

A obra de Jarman abriu novos camiños na creación e ampliación da novidosa forma de "vídeo pop" en Inglaterra e no activismo polos dereitos dos homosexuais.

Jarman dirixiu a xira de 1989 do dúo británico Pet Shop Boys. Segundo os estándares dos concertos pop, este foi un evento moi teatral con traxes e filmes especialmente creados para acomapñar as cancións. Jarman foi o director de escena da ópera L'Ispirazione de Sylvano Bussotti, posta en escena por primeira vez en Florencia en 1988.

Jarman tamén é lembrado polo seu famoso chalé-xardín en Prospect Cottage, creado nos últimos anos da súa vida, á sombra da central nuclear de Dungeness. A casa está construída en estilo local en madeira, con resistencia á intemperie a base de alcatrán, como outras casas próximas. O lado érguese un poste de madeira co texto da primeira estrofa e as últimas cinco liñas da última estrofa do poema "The Sun Rising" de John Donne. O xardín foi obxecto de varios libros. Nesa época, Jarman tamén comezou a pintar de novo.[20]

Jarman foi autor de varios libros, incluída a súa autobiografía Dancing Ledge (1984), que detalla a súa vida ata os 40 anos. Ofrece a súa propia visión sobre a historia da vida homosexual en Londres (60-80), discute a súa propia aceptación da homosexualidade aos 16 anos e relatos sobre as dificultades económicas e emocionais dunha vida dedicada ao cinema.[21] Tamén se publicaron unha colección de poesía, A Finger in the Fishes Mouth, dous volumes de diarios, Modern Nature e Smiling In Slow Motion[22] e dous tratados sobre a súa obra de cinema e arte The Last of England e Chroma.

Homenaxes musicais

Despois da súa morte, a banda Chumbawamba lanzou "Song for Derek Jarman" na súa honra. Andi Sexgang lanzou o disco Last of England como homenaxe a Jarman. O álbum experimental The Garden Is Full of Metal de Robin Rimbaud incluía fragmentos de discursos de Jarman.[23]

O baixista dos Manic Street Preachers, Nicky Wire, gravou unha canción titulada "Derek Jarman's Garden" como cara B do seu sinxelo "Break My Heart Slowly" (2006). No seu álbum In the Mist, publicado en 2011, o compositor ambiental Harold Budd incluíu unha canción titulada "The Art of Mirrors (after Derek Jarman)".[24]

Filmografía

  • Sebastiane (1976)
  • Jubilee (1978)
  • The Tempest (1979)
  • The Angelic Conversation (1985)
  • Caravaggio (1986)
  • The Last of England (1987)
  • War Requiem (1989)
  • The Garden (1990)
  • Edward II (1991)
  • Wittgenstein (1993)
  • Blue (1993)

Notas

  1. 1,0 1,1 Tony Peake, Derek Jarman: A Biography (Woodstock: Overlook Press, 1999), p. 13.
  2. Elizabeth Puttock's mother, Moselle, a daughter of Isaac Frederic Reuben, had Jewish ancestry. Tony Peake, Derek Jarman: A Biography (Woodstock: Overlook Press, 1999), p. 10
  3. Tony Peake, Derek Jarman: A Biography (Woodstock: Overlook Press, 1999), pp. 8–9.
  4. "Jarman, (Michael) Derek Elworthy (1942–1994), film-maker, painter, and campaigner for homosexual rights | Oxford Dictionary of National Biography". www.oxforddnb.com (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/55051. Consultado o 2019-09-28. 
  5. "Deaths England and Wales 1984–2006". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2015. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  6. Pencak, William (2002). "13. Blue: "Our Time Is the Passing of a Shadow"". The films of Derek Jarman. McFarland. p. 159. ISBN 9780786414307. 
  7. "Derek Jarman Blue Plaque unveiled in London today". Peter Tatchell Foundation. 19 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  8. "17th Moscow International Film Festival (1991)". MIFF. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2013. 
  9. "Toby Mott". IMDb.com. Consultado o 27 de agosto de 2012. 
  10. UCL (2019-02-09). "Derek Jarman". UCL Campaign (en inglés). Consultado o 2020-03-10. 
  11. Anarchy in the UK: Derek Jarman’s Jubilee (1978) Revisited, Julian Upton, Bright Lights Film Journal, Portland, OR, 1 de outubro de 2000. Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
  12. adamscovell (2015-06-01). "Alchemical Magic in Derek Jarman’s The Tempest (1979).". Celluloid Wicker Man (en inglés). Consultado o 2020-03-10. 
  13. "Revisiting Derek Jarman’s Caravaggio". British Film Institute (en inglés). Consultado o 2020-03-10. 
  14. "Berlinale: 1986 Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2011. 
  15. "Watch Derek Jarman’s Daring 12-Minute Promo Film for Marianne Faithfull’s 1979 Comeback Album Broken English (NSFW)". openculture.com. 6 de abril de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  16. Schneider, Martin. "DEREK JARMAN’S VIDEOS FOR THE SMITHS AND PET SHOP BOYS". 12 de marzo de 2013. dangerousminds.net. Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  17. Tate. "‘Blue’, Derek Jarman, 1993". Tate (en inglés). Consultado o 2020-03-10. 
  18. "6 Things You Need To Know About Derek Jarman". BBC Radio 4. Consultado o 2021-01-18. 
  19. "Glitterbug :: Zeitgeist Films". zeitgeistfilms.com. Consultado o 2020-03-10. 
  20. Evil Queen: The Last Paintings, 1994
  21. Jarman, Derek, and Shaun Allen. Dancing Ledge. Minneapolis: Minn., 2010. Print.
  22. No bums or willies please, Derek, Tariq Ali, The Observer, Londres, 18 de xuño de 2000. Consultado o 1 de xaneiro de 2015.
  23. "Robin Rimbaud – The Garden Is Full of Metal – Homage To Derek Jarman". Consultado o 20 de agosto de 2018. 
  24. "Harold Budd – The Art of Mirrors (after Derek Jarman)". youtube.com. 26 de outubro de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Robert Mills, Derek Jarman's Medieval Modern (D.S. Brewer, 2018), ISBN 9781843844938
  • Niall Richardson, 'The Queer Cinema of Derek Jarman: Critical and Cultural Readings' (I.B. Tauris, 2009)
  • Michael Charlesworth, Derek Jarman (Reaktion, 2011)
  • Martin Frey. Derek Jarman – Moving Pictures of a Painter. (INGRAM Content Group Inc., 2016), ISBN 978-3-200-04494-4
  • Steven Dillon. Derek Jarman and Lyric Film: The Mirror and the Sea. (2004)
  • Tony Peake. Derek Jarman (Little, Brown & Co, 2000)
  • Michael O'Pray. Derek Jarman: Dreams of England. (British Film Institute, 1996)
  • Howard Sooley. Derek Jarman's Garden. (Thames & Hudson, 1995)
  • 'Evil Queen' exhibition catalogue. Foreword by Mark Jordan ISBN 0-9524356-0-8
  • Judith Noble. "The Wedding of Light and Matter: Alchemy and Magic in the Films of Derek Jarman." In Visions of Enchantment: Occultism, Magic, and Visual Culture, eds. Daniel Zamani, Judith Noble, e Merlin Cox (Londres: Fulgur Press, 2019), pp. 168–181

Ligazóns externas