Dinastía Pharnavaziana

Denomínase dinastía Pharnavaziana (xeorxiano: ფარნავაზიანები, ფარნავაზიანნი) á primeira dinastía de reis xeorxianos de Kartli preservados pola tradición histórica xeorxiana e que gobernaron, con intervalos, desde o século III a.C. ao século II d.C. cando chegou ao poder a dinastía Arsácida.

Historia

Segundo a crónica altomedieval xeorxiana, A vida dos reis xeorxianos, a dinastía descende de Parnavaz, o fundador do reino de Iberia, vencedor do tirano Azon, que deixara Alexandre o Grande para gobernar o país. A historia de Pharnavaz non está atestada directamente en fontes de fóra de Xeorxia e non existe indicación contemporánea ningunha que demostre que fora o primeiro rei xeorxiano, ademais mesturada con trazos e imaxes de fantasía, acumulando o Pharnavaz real unha fachada mítica emerxendo como un modelo de monarca precristián nos anais xeorxianos.[1]

Non obstante ser a expedición de Alexandre a terras xeorxianas totalmente fabulosa, as evidencias xeorxianas e clásicas suxiren que os reis de Iberia cultivaron relacións próximas co Imperio Seléucida, un sucesor helenístico do imperio de Alexandre, que tiña o seu centro en Siria, mesmo ás veces recoñecendo a súa soberanía. O fillo de Pharnavaz, Saurmag morreu sen un herdeiro masculino, pasando a dinastía á liña feminina por medio do matrimonio da filla de Saurmag con Mirian, sobrevivindo así a dinastía na persoa do fillo de Mirian, Parnadjom pero unha póla da dinastía artáxida fíxose co trono entre o 90 ao 30 a.C. cando os Pharnavazianos volveron ao poder ata que no século II coa axuda do rei de Armenia se instalou en Xeorxia a dinastía Arsácida.

Reis da dinastía Pharnavaziana

Primeiro intervalo

Segundo intervalo

  • Mirian I de Iberia (xenro, adoptado coma fillo), 159–109 a.C.
  • Parnadjom de Iberia (fillo), 109–90 a.C.
  • Mirian II de Iberia (fillo), 30–20 a.C.
  • Arshak II de Iberia (fillo), 20 a.C.–d.C. 1

Terceiro intervalo

  • Pharsman I de Iberia, 1–58
  • Mihdrat I de Iberia (fillo), 58–106
  • Amazasp I de Iberia (fillo), 106–116
  • Pharsman II de Iberia (fillo), 116–132
  • Radamisto de Iberia (fillo), 132–135
  • Pharsman III de Iberia (fillo), 135–185
  • Amazasp II de Iberia (fillo), 185–189

Notes

  1. Rapp, p. 276.

Véxase tamén

Referencias