Diploma
Diploma é a credencial estendida por unha corporación, asociación etc. para acreditar un galardón ou grao académico. Por outra banda, a acepción clásica de diploma refírese a calquera instrumento ou documento expedido por algunha Autoridade pública. Entre os diferentes nomes con que se lle coñece na antigüidade, atópanse como máis comúns os seguintes: cártula, carta, instrumento, testamento, páxina ou escritura. Dáse o nome de cartulario ao códice que reúne as copias literais dos diplomas ou privilexios concedidos a unha igrexa ou corporación e que se garda no arquivo desta.