Economía de Turkmenistán
Economía de Turkmenistán | |
---|---|
Moeda | manat turcomán |
Organizacións comerciais de que fai parte | CEI, OCE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 36,64 mil millóns (2010) |
Posición do PIB | 101ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 11% (2010) |
PIB per cápita | $ 7400 (2010) |
PIB por sector | agricultura 10,2%, industria 30%, comercio e servizos 59,8% (2010) |
Inflación | 12% (2010) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 2,3 millóns (2008) |
Forza de traballo por sector | agricultura 48,2%, industria 14%, comercio e servizos 37,8% (2004) |
Desemprego | 60% (2004) |
Industrias | gas natural, petróleo e derivados, téxtiles, procesamento de alimentos |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 9 672 millóns (2010) |
Produtos de exportación | gas natural, petróleo cru, petroquímicos, téxtiles, fibra de algodón, |
Principais mercados | Ucraína 22,3%, Turquía 10,27%, Hungría 6.75%, Emiratos Árabes Unidos 6,25%, Polonia 6,16%, Afganistán 5,79%, Irán 5,17% (2009) |
Importacións | 4 888 millóns (2010) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, produtos químicos, alimentos |
Principais mercados | República Popular da China 18,03%, Turquía 16,49%, Rusia 16,45%, Alemaña 5,91%, Emiratos Árabes Unidos 5,81%, Ucraína 5,67%, Estados Unidos 5,41%, Francia 4,39% (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 5 mil millóns (2010) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Turkmenistán é un país desértico cunha agricultura intensa en oasis irrigados, e amplas reservas de petróleo e gas natural. Os principais produtos cultivados son o algodón, principalmente para exportación, e trigo para o consumo doméstico. Malia a agricultura representar apenas o 10% do produto interno bruto ela emprega case metade da forza de traballo.[1] O país tamén depende da explotación do petróleo, que representa uns 60 % das súas exportacións.
Cun autoritario goberno ex-comunista no poder e unha estrutura social tribal, fai unha aproximación cautelosa ás reformas económicas e busca utilizar as rendas de exportación de gas natural e algodón para manter a súa ineficiente economía. As metas de privatización aínda son tímidas.[1]
Entre o 1998 e o 2005 sufriu pola ausencia de vías adecuadas de exportación de gas natural e por obrigacións con débedas de curto prazo. Con todo, as exportacións empezaron a crecer case 15% ao ano entre o 2003 e o 2008 principalmente debido ao alza de prezos internacionais do petróleo e do gas. Novos gasodutos cara á República Popular da China e Irán que empezaron a funcionar en fins de 2009 e comezo de 2010 propiciaron ao país novas rutas de exportación, malia estas novas vías non compensaren completametne a caída de exportacións de gas cara a Rusia o 2009.[1]
As perspectivas xerais no curto prazo son desencoraxantes, debido á grande e diseminada pobreza, corrupción endémica un sistema educativo precario, o mal uso por parte do goberno das riquezas xeradas polo petróleo e gas, e a relutáncia de Achkhabad en adoptar reformas orientadas ó mercado[1]. No pasado as estadísticas económicas de Turkmenistán eran secretas. O novo goberno estableceu unha axencia estatal para estadísticas, pero o produto interno bruto e outros indicadores están suxeitos a grandes marxes de erro.[1] O país forma parte da organización económica internacional CEI (Comunidade de Estados Independentes).
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 The World Factbook. Consultado o 24 de marzo 2011
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).