San Martín del Tesorillo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Cádiz | |||
Capital | San Martín del Tesorillo (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.742 (2023) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 11340 | |||
Código INE | 11903 | |||
San Martín del Tesorillo é un municipio andaluz da provincia de Cádiz, pertencente á comarca do Campo de Xibraltar. Segregouse do municipio de Jimena de la Frontera o 2 de outubro de 2018.
Tiña 2.694 habitantes en 2018.
Historia
Aínda que San Martín del Tesorillo foi declarado colonia agrícola en 1879, a súa consolidación como núcleo de poboación comezou a partir da década de 1930 tras a súa división en parcelas e a chegada de colonos.
O recoñecemento da autonomía municipal e o seu termo xurisdicional, de 4.857 hectáreas, foi aprobado por Decreto da Xunta de Andalucía o 24 de abril de 1999 baixo a figura de Entidade local autónoma. Desde 1999 o seu Concello tivo unha serie de competencias propias e outras delegadas polo concello de Jimena de la Frontera e dereitos sobre as rendas e débedas xeradas no seu termo xurisdicional.[1]
En 2018 aprobouse o expediente de segregación da localidade do concello de Jimena de la Frontera e desde o 3 de outubro dese ano é xa oficialmente un novo municipio.[2]
Notas
- ↑ Junta de Andalucía (ed.). "B.O.J.A. Decreto 94/1999, de 20 de abril, por el que se crea la Entidad Local Autónoma San Martín del Tesorillo, en el municipio de Jimena de la Frontera" (PDF). Consultado o 20 de febreiro de 2009.
- ↑ "Tesorillo, municipio independiente". Diario de Jerez. Consultado o 2 de outubro de 2018.