Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2009 2019 → | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 25 de maio de 2014 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións ao Parlamento Europeo | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 751 eurodeputado ≈ VIII lexislatura do Parlamento Europeo. Duración do mandato: 5 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web oficial | elections2014.eu… | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.
Data e sistema electoral
As eleccións celebráronse entre o xoves 22 e o domingo 25 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.
Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios:
- Eleccións locais parciais no Reino Unido.
Día | País |
---|---|
xoves 22 de maio | Países Baixos, Reino Unido |
venres 23 de maio | República Checa (1º día), Irlanda |
sábado 24 de maio | República Checa (2º día), Chipre, Eslovaquia, Francia (só nalgúns territorios do alén mar), Italia (1º día), Letonia, Malta |
domingo 25 de maio | Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia (resto), Grecia, Italia (2º día), Lituania, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía, Suecia |
Sistema electoral
O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo roldan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.
Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.
O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, o Reino Unido, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.
Novidades
Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2009 estes:
- A incorporación de Croacia como estado membro en 2013 fai que esta sexa a primeira vez en que os seus cidadáns poidan escoller os seus representantes europeos. Acomodar a Croacia fixo necesario tamén axustar o repartimento de escanos.
- É a primeira ocasión en que os principais partidos se presentan ás eleccións cun candidato a presidir a Comisión Europea. O Tratado de Lisboa sinala que o Presidente da Comisión Europea debe de ser escollido polo Parlamento Europeo.
Circunscrición | 2009 | 2014[1] | Poboación en 2013[2] |
Habitantes / eurodeputado |
---|---|---|---|---|
Alemaña | 99 | 96 | 80 523 746 | 838.789 |
Francia | 78 | 74 | 65 633 194 | 886.935 |
Reino Unido | 78 | 73 | 63 896 071 | 875.289 |
Italia | 78 | 73 | 59 685 227 | 817.606 |
España | 54 | 54 | 46 704 308 | 864.895 |
Polonia | 54 | 51 | 38 533 299 | 755.555 |
Romanía | 35 | 32 | 20 020 074 | 625.627 |
Países Baixos | 27 | 26 | 16 779 575 | 645.368 |
Bélxica | 24 | 21 | 11 161 642 | 531.507 |
Grecia | 24 | 21 | 11 062 508 | 526.786 |
República Checa | 24 | 21 | 10 516 125 | 500.768 |
Portugal | 24 | 21 | 10 487 289 | 499.395 |
Hungría | 24 | 21 | 9 908 798 | 471.848 |
Suecia | 19 | 20 | 9 555 893 | 477.795 |
Austria | 18 | 18 | 8 451 860 | 469.548 |
Bulgaria | 18 | 17 | 7 284 552 | 428.503 |
Dinamarca | 14 | 13 | 5 602 628 | 430.971 |
Finlandia | 14 | 13 | 5 426 674 | 417.436 |
Eslovaquia | 14 | 13 | 5 410 836 | 416.218 |
Irlanda | 13 | 11 | 4 591 087 | 417.372 |
Croacia | — | 11 | 4 262 140 | 387.467 |
Lituania | 13 | 11 | 2 971 905 | 270.173 |
Eslovenia | 7 | 8 | 2 058 821 | 257.353 |
Letonia | 9 | 8 | 2 023 825 | 252.978 |
Estonia | 6 | 6 | 1 324 814 | 220.802 |
Chipre | 6 | 6 | 865.878 | 144.313 |
Luxemburgo | 6 | 6 | 537.039 | 89.507 |
Malta | 5 | 6 | 421.364 | 70.227 |
total | 785 | 751 | 505 701 172 | 673.370 |
Candidatos a Presidente da Comisión
Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros:
- Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas: Martin Schulz
- Partido Popular Europeo: Jean-Claude Juncker
- Alianza de Liberais e Demócratas por Europa: Guy Verhofstadt
- Verdes Europeos - Alianza Libre Europea: Ska Keller e José Bové
- Alianza de Conservadores e Reformistas Europeos: Non presentará candidato
- Esquerda Unida Europea - Esquerda Verde Nórdica: Alexis Tsipras
- Europa da Liberdade e da Democracia:
- Grupo Europarlamentario de Non Inscritos: Non presentará candidato
Candidaturas en Galicia e España
Os comicios celebráronse en Galicia o 25 de maio. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos súmanse aos emitidos no resto de España, e entre eles reparten os 54 escanos.
A estes comicios concorreron 41 formacións políticas, das que só unha candidatura é exclusivamente galega, a do Partido da Terra. Estas foron as candidaturas, os seus principais integrantes e os seus cabezas de lista:
- Partido Popular: Miguel Arias Cañete
- Partido Socialista Obrero Español: Elena Valenciano.
- A Esquerda Plural (IU + ICV + EUiA + ANOVA + Espazo Ecosocialista + Batzarre + FLV + OV-EV + Gira Madrid + CI-AS + EE-EI: Willy Meyer
- Coalición por Europa (CiU + PNV + CxG + CC + PNC e outros): Ramón Tremosa.
- A Esquerda polo Dereito a Decidir (ERC + NECat + Catalunya Sí) : Josep Maria Terricabras.
- Unión, Progreso y Democracia: Francisco Sosa Wagner.
- Os Pobos Deciden (Bildu + BNG + Andecha Astur + Puyalón de Cuchas + ANC): Josu Jairisti
- Foro de Ciudadanos (inclúe a Foro Asturias): Argimiro Rodríguez Guerra.
- Ciudadanos - Partido de la Ciudadanía (inclúe a Ciutadans): Javier Nart
- Primavera Europea (Compromís + Equo + ChA + PUM+J + Coalición Caballas + Participa + PCas + SIEX): Jordi Sebastià
- Partido Andalucista: Pilar Távora.
- Extremeños por Europa (IPEX + PREX-CREX): José Luis Velilla
- Extremadura Unida: José María Gijón
- Movimiento por la Unidad del Pueblo Canario: Deyanira Tabares.
- Proyecto Europa (ANV + BAr + PRAO + RePo + Unió): Rubén Vañó.
- PREPAL: Francisco Iglesias Carreño
- Partido da Terra: Isaac Zas.
- PACMA: Laura Duarte.
- Los Verdes Ecopacifistas - Centro Moderado: Abelardo Lloret.
- Confederación Pirata - European Pirates (entre eles Piratas de Galicia): Rubén-Darío Castañé
- Podemos: Pablo Iglesias Turrión.
- Partido X: Hervé Falciani.
- Movimiento Red (Movimiento de Renovación Democrática Ciudadana): Elpidio Silva.
- Ciudadanos Libres Unidos (CiLUs): Félix Laudelino de la Fuente.
- Agrupación de Electores Discapacitados y Enfermedades Raras: Eduard Carreras.
- Escaños en Blanco: Luis Prado García.
- Partido de la Libertad Individual: Juan Pina.
- Partido Humanista: Arturo Viloria.
- Iniciativa Feminista: Juana Santana.
- Solidaridad y Autogestión Internacionalista: María Elena García San Segundo
- Recortes Cero (que inclúe a UCE e a Los Verdes - Grupo Verde, ademais de independentes): Nuria Suárez Hernández
- Alternativa Republicana: Alfonso Vázquez Vaamonde.
- Por la República, por la Ruptura con la UE: Antonio Criado Barbero
- PCPE: Carmelo Suárez Cabrera
- Movimiento Corriente Roja: Antonio Rodríguez Carrillo.
- Movimiento Social Republicano: Juan Antonio Llopart.
- Democracia Nacional: Luis Zapater.
- Falange Española de las JONS: Norberto Pico
- La España en Marcha (NPE + La Falange + AN + MCE): Jesús Muñoz Martínez
- Vox: Alejo Vidal-Quadras Roca
- Impulso Social (Alternativa Española + Familia y Vida + Comunión Tradicionalista Carlista): Rafael López-Diéguez
Presenza galega nas listas
- Partido Popular: Na candidatura figura en postos de saída Francisco Millán Mon (8), eurodeputado.
- O PSOE integra na súa lista en postos de saída o antigo ministro José Blanco (10).
- Izquierda Unida: Na candidatura figuran varios galegos. No número 5 irá Lidia Senra[3] de Anova, e no número 7 figura Javier Couso irmán do xornalista asasinado Xosé Couso. No resto da candidatura van tamén os membros galegos de Izquierda Unida Saínza Ruíz (45) e Xosé Luis Outes[4] (30), Carlos Lorenzo Simón (35), de Anova, e Juan Martínez García (52), de Espazo Ecosocialista[5].
- A candidatura Os Pobos Deciden, encabezada por Bildu, inclúe como socio de coalición o BNG. A cabeza de lista do BNG a estas eleccións foi a europarlamentaria Ana Miranda Paz.
- A candidatura de Coalición por Europa, que encabeza CiU inclúe como socio de coalición a Compromiso por Galicia. O cabeza de lista de Compromiso a estas eleccións é Paulo Carlos López, elixido nun proceso de primarias, e cinco persoas máis de CxG van na candidatura.
- Ciudadanos - Partido de la Ciudadanía leva no seu número 31 a José Canedo Santos, quen fora voceiro de UPyD en Galicia.
- En Primavera Europea figura Loli Tobío, como suplente número 10, membro de Equo Galicia.
- A candidatura íntegra do Partido da Terra está formada por galegos, e está encabezada polo músico Isaac Zas.
- A candidatura da Confederación Pirata conta cun galego, Fabián Plaza (Piratas de Galicia), no número dous.
- Outras dúas formacións están encabezadas por galegos: a viguesa Laura Duarte lidera a candidatura do PACMA; e o viveirense Alfonso Vázquez Vaamonde, a de Alternativa Republicana.
Resultados globais europeos
É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.
O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.
A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (CDC), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertence Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido conservador e máis claramente euroscéptico, máis á dereita da ACRE.
Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras, como UPyD, de perfil populista, socioliberal ou conservador.
Grupo político Estado |
PPE | S&D | ALDE | Verdes-ALE | EUE-EVN | ACRE | MELD | Non inscritos | Eurodeputados | Participación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 29 (CDU) 5 (CSU) |
27 (SPD) | 3 (FPD) 1 (FW) |
11 (Grünne) 1 (Piraten) 1 (ÖDP) |
7 (Linke) 1 (Tierschutzpartei) |
7 (AfD) 1 (Familienpartei Deutschlands) |
1 (NPD) 1 (PARTEI) |
96 | ||
Austria | 5 (ÖVP) | 18 | ||||||||
Bélxica | 21 | |||||||||
Bulgaria | 17 | |||||||||
Croacia | 11 | |||||||||
Chequia | 21 | |||||||||
Dinamarca | 13 | |||||||||
Chipre | 6 | |||||||||
Eslovaquia | 13 | |||||||||
Eslovenia | 8 | |||||||||
España | 54 | |||||||||
Estonia | 7 | |||||||||
Finlandia | 13 | |||||||||
Francia | 74 | |||||||||
Grecia | 21 | |||||||||
Hungría | 21 | |||||||||
Irlanda | 11 | |||||||||
Italia | 73 | |||||||||
Letonia | 8 | |||||||||
Lituania | 11 | |||||||||
Luxemburgo | 6 | |||||||||
Malta | 6 | |||||||||
Países Baixos | 26 | |||||||||
Polonia | 51 | |||||||||
Portugal | 21 | |||||||||
Reino Unido | 73 | |||||||||
Romanía | 32 | |||||||||
Suecia | 20 | |||||||||
Total | 751 |
Resultados en Galicia e España
Partido ou coalición | Votos | % | EuroDep. | ± % | ± ED | Votos en Galicia | % | ± % | |
PSOE | |||||||||
PP | |||||||||
Coalición por Europa | |||||||||
A Esquerda Plural | |||||||||
Esquerda Republicana | |||||||||
UPyD | |||||||||
Os Pobos Deciden | |||||||||
Primavera Europea | |||||||||
Outros | |||||||||
Total | 100% | 54 | — | = | 100% | — |
Notas
- ↑ Official Journal of the European Union. 2013/312/EU: European Council Decision of 28 June 2013 establishing the composition of the European Parliament. 28 June 2013
- ↑ Eurostat. as of 1 January 2013
- ↑ "Lidia Senra, cabeza de cartel de AGE para las europeas". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 04 de marzo de 2014.
- ↑ Saínza Ruíz y Xosé Luis Outes, candidatos gallegos en la lista de Izquierda Unida para las europeas.
- ↑ EU-IU y Ecosocialistas irán juntos a las elecciones europeas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Eleccións europeas 2014 Arquivado 21 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (en varias linguas).
- Resultados das eleccións europeas de 2014 Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en varias linguas).
- Parlamento europeo (en varias linguas).