Enciclopedia

Gran Enciclopèdia Catalana

Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano.[1] As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo.[2] As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios.[2] Ó contrario que as entradas de dicionario, que se centran en información lingüística sobre as palabras, os artigos das enciclopedias céntranse en información factual relativa ó suxeito do artigo.[3][4][5][6]

As enciclopedias existen dende hai 2 000 anos, sendo a máis antiga que se coñece Naturalis Historia, escrita arredor do ano 77 por Plinio o Vello. As enciclopedias modernas evolucionaron dende os dicionarios arredor do século XVII. Historicamente, algunhas enciclopedias estaban contidas nun só volume, mentres que outras, como a Encyclopædia Britannica, a Enciclopedia Treccani (62 volumes, 56 000 páxinas) ou a meirande do mundo, Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (118 volumes, 105 000 páxinas), convertéronse en grandes obras multivolume.

A aparición de versións dixitais e de código aberto no século XXI, como a Wikipedia, ampliou enormemente a accesibilidade, a autoría, o número de lectores e a variedade de entradas de enciclopedia. A aparición de fagas unha versión dixitais e de código aberto no século XXI, como Wikipedia, ampliou enormemente a accesibilidade, a autoría, o número de lectores e a variedade de entradas de enciclopedia. [7]

Etimoloxía

Dúas palabras gregas interpretadas como unha soa

A palabra "enciclopedia" (enciclo|pedia) provén do grego koiné ἐγκύκλιος παιδεία},[8] transliterado enkyklios paedia, que significa 'educación xeral' de enkyklios (ἐγκύκλιος), que significa 'circular, recorrente, requirido regularmente, xeral'[9] e paideia (παιδεία), que significa "educación", "crear un fillo"; ambas as palabras xuntas toman o significado literal de "instrución completa" ou "coñecemento completo".[10] Con todo, as dúas palabras separadas reducíronse a unha soa debido a un erro de escritura. Segundo algunhas fontes,[11] esta edición incorrecta foi feita por copistas dunha edición manuscrita en latín de Quintiliano pois deduciron que esta frase era unha única palabra grega, co mesmo significado, e esta palabra grega espuria (ἐγκυκλοπαιδεία enkyklopaedia)[12], converteuse na palabra neolatina enciclopedia , que á súa vez chegou ao galego. Por mor desta palabra composta, os lectores do século XV desde entón pensaron a miúdo, e incorrectamente, que os autores romanos Quintiliano e Plinio describían un xénero antigo..[13]

Portada de Lucubrationes, edición de 1541, un dos primeiros libros en utilizar unha variante da palabra enciclopedia no título.

Uso no século XVI da palabra composta

No século XVI houbo un nivel de ambigüidade sobre como utilizar esta nova palabra. Tal e como ilustran varios títulos, non existía unha noción establecida sobre a súa ortografía nin a súa condición de substantivo. Por exemplo: a de Jacobus Philomusus Margarida filosófica encyclopaediam exhibens (1508); a de Johannes Aventinus Encyclopedia orbisque doctrinarum, hoc est omnium artium, scientiarum, ipsius philosophiae index ac divisio; a de Joachimus Fortius Ringelbergius Lucubrationes vel potius absolutissima kyklopaideia (1538, 1541); a de Paul Skalich Encyclopaediæ, seu orbis disciplinarum, tam sacrarum quam prophanarum, epistemon (1559); a de Gregor Reisch Margarida filosófica (1503, retitulada Encyclopaedia en 1583); e a de Samuel Eisenmenger Cyclopaedia Paracelsica (1585). [14]

Houbo dous exemplos do uso vernacular máis antigo da palabra composta. Ao redor de 1490, Franciscus Puccius escribiu unha carta a Policiano agradecéndolle a súa Miscelánea, chamándoa enciclopèdia.[15] Máis comunmente, François Rabelais é citado polo uso do termo no seu Pantagruel (1532).[16][17]

O sufixo -p(a)edia e o sentido moderno da palabra

Varias enciclopedias teñen nomes que inclúen o sufixo -p(a)edia, para marcar o texto como pertencente ao xénero da enciclopedia. Algúns exemplos entre moitos son a mesma "Wikipedia" ou a "Banglapedia" (sobre cuestións relevantes para Bangladesh).

O termo adquiriu o seu significado moderno coa Enciclopedia de Diderot, Encyclopédie o Dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers, unha enciclopedia francesa publicada entre 1751 e 1772 baixo a dirección de Denis Diderot e, en parte , de Jean Le Rond d'Alembert.

Tipoloxía

Desde o punto de vista do "contido" (cobertura temática), as enciclopedias poden ser "xerais", con información sobre todo tipo de materias, ou "temáticas", especializadas nun campo determinado (por exemplo, unha enciclopedia científica).

  • O tipo máis común de enciclopedia xeral (ou enciclopedia por antonomasia) é a coñecida como “enciclopedia universal”, unha tipoloxía que ofrece unha introdución de fácil acceso ao conxunto do coñecemento humano, cunha cobertura universal, normalmente cunha porcentaxe especialmente nos contidos dedicados ao propio ámbito nacional ou lingüístico-cultural. Exemplos: "Gran enciclopedia galega", "Gran enciclopedia catalá", "Bolxaia sovétskaia entsiklopédiia", "Encyclopaedia Britannica", "enciclopedia italiana", os diversos Larousse, Espasa, etc.
  • Por outra banda, son exemplos de enciclopedias "temáticas": "Gran enciclopedia de Mallorca", "Gran enciclopédia Valenciana", "Enciclopédia de Menorca", "Encyclopédie do Islam" ', The Cambridge encyclopedia de Rusia e a antiga Unión Soviética, etc.

Desde o punto de vista da presentación do contido ("ordenación interna"), as enciclopedias poden ser "alfabéticas" (ordenadas alfabéticamente) ou "sistemáticas" (coa información estruturada segundo un "sistema" ou plan lóxico, en temáticas ou bloques de afinidade).

  • Exemplos de enciclopedias "alfabéticas": "Gran enciclopedia galega", "Gran enciclopedia catalá", "Bolxaia sovétskaia entsiklopédiia", "Enciclopedia Británica", "Enciclopedia italiana", "Gran enciclopedia de Mallorca", "Gran enciclopedia valenciana".
  • Exemplos de enciclopedias sistemáticas: Enciclopedia de Menorca, Enciclopedia Labor, Encyclopédie française (1935-1966), Ulises: enciclopedia de investigación e descubrimento ', A enciclopedia Cambridge de Rusia e a antiga Unión Soviética.

Ambos puntos de vista son acumulativos, claro. Todas as enciclopedias universais citadas anteriormente son, ao mesmo tempo, enciclopedias alfabéticas. Por outra banda, Encyclopédie française (1935-1966) e Ulysses son enciclopedias universais sistemáticas. "Gran encyclopédia de Mallorca", "Gran enciclopédia Valenciana" e "Encyclopédie do Islam" son enciclopedias temáticas alfabéticas. Por outra banda, Enciclopedia de Menorca e A enciclopedia de Cambridge de Rusia e da antiga Unión Soviética son enciclopedias temáticas sistemáticas.

Características dun texto enciclopédico

Os artigos enciclopédicos presentan unha serie de características que os distinguen doutros formatos textuais:

  • Son moi sintéticos; tratan de condensar ao máximo a información.
  • Non adoitan facer concesións á lexibilidade do texto; priman a facilidade de obter a información.
  • Non teñen elementos subxectivos ou de opinión; buscan fronte a todo o rigor e a exposición dos datos.
  • A cantidade de información que conteñen tende a ser a máxima posible en función das dimensións da obra no seu conxunto.
  • Unha enciclopedia adoita ter varios autores; poden chegar a ser decenas e centos.

O redactado comeza cunha definición, como un dicionario, pero amplía a información e inclúe entradas non léxicas, como os nomes propios. Estrutúrase seguindo as convencións do texto expositivo.

Concepto

Moitos escritores antigos (coma o filósofo Aristóteles) fixeron o intento de compendiar todo o coñecemento humano. Non obstante, John Harris é quen recibe o crédito por establecer o agora familiar formato de enciclopedia no 1704 co seu Lexicon technicum. A venerábel Enciclopedia Británica tivo un comezo modesto, de 1768 a 1771 publicáronse tan só tres volumes. Quizais a máis famosa enciclopedia antiga foi a Francesa Encyclopédie, editada por Denis Diderot e completada no 1772.

As enciclopedias, pola súa estrutura de palabras e referencias cruzadas, son extremadamente axeitadas para trasladaren os seus contidos do formato impreso ao formato dixital, debido a dúas razóns: primeiro, porque é bastante doado explorar e atopar o que se está buscando e segundo, porque é posíbel engadir sons, vídeos e outros contidos multimedia.

Historia

Orixes

No antigo Exipto atópanse igualmente unhas listas temáticas que se poden considerar como protoenciclopedias. A Onomástica do Ramesseum, redactada cara a 1750 a. C. é unha lista de palabras agrupadas por categorías. Outra obra do mesmo xénero, pero moito máis desenvolvida, é a Onomástica de Amenofis, realizada cara a 1100. Conta con 610 elementos organizados de modo temático e contería máis de 2000 informacións distintas coa ambición de crear «un catálogo sistemático do universo». Este afastado devanceiro do dicionario enciclopédico tería o labor «non de ensinar a escribir aos nenos, senón de propoñer un programa de instrución da humanidade fundado sobre a organización do mundo».

O filósofo grego Platón (428-348 a. C.) realizou un resumo dos coñecementos da súa época nun dos seus diálogos, o Timeo: astronomía, cosmogonía, física e medicina. Esta obra pode ser considerada unha "enciclopedia metódica". O seu discípulo Aristóteles (384-322 a. C.) produciu unha longa cantidade de tratados sobre gran variedade de temas cun espírito verdadeiramente enciclopédico e sen equivalentes no mundo antigo (poética, retórica, lóxica, política, física, psicoloxía, bioloxía, ética...). Con todo, os seus esforzos non foron difundidos ata 275 anos despois do seu falecemento, cara ao ano 50 a. C.. Perdeuse practicamente toda a obra de escritores enciclopédicos como Demócrito e Posidonio.

Entre os romanos, o primeiro en tentar compendiar o saber antigo foi Varrón (116-27 a. C.), cuxas Antiquitatum rerum humanarum et divinarum libri XLI non perduraron senón como fragmentos e extractos noutros autores e enciclopedistas posteriores. Para este autor, o camiño ao saber era a etimoloxía, como o foi para o moi posterior visigodo santo Isidoro, probablemente o último en servirse desta perdida obra de Varrón para a súa propia enciclopedia, as Etimologías. Para Varrón o termo verbum («palabra») viña de veritas («verdade»), o que lexitimaba ese procedemento. Composta esta obra por 41 libros, 25 estaban consagrados aos asuntos humanos e o resto aos divinos dos deuses pagáns. Esta obra, desaparecida, deixou, con todo, moito coñecemento a través das súas citas e diversas refundicións medievais.

Cara ao comezo do primeiro século de nosa era, Aulo Cornelio Celso redactou unha enciclopedia en 26 libros, De Artibus, que cubría materias de agricultura, guerra, retórica, filosofía, dereito e medicina, aínda que foi este último dominio o máis particularmente desenvolvido, precisamente a única sección da obra que chegou ata nós, polo menos en parte.

Edición de Naturalis Historiæ de 1669; a obra non segue o formato moderno de enciclopedia, pois Plinio ordena os artigos por áreas, como un grupo coherente e en forma de guía, seguindo a clasificación da natureza de Aristóteles (animal, vexetal, mineral), para así recrear unha visión do mundo natural en forma máis literaria e comprensiva.

Posterior e unha das primeiras obras enciclopédicas que sobreviviron aos tempos modernos, é a Naturalis Historia de Plinio o Vello, escritor romano do século I Compilou unha obra de 37 capítulos que abarcan a historia natural a arte e a arquitectura, a medicina, a xeografía, a xeoloxía e todos os aspectos do mundo que lle rodeaba. Declarou no seu prólogo que compilara vinte mil feitos a partir de dous mil títulos de douscentos autores distintos, e agregou que outros moitos proviñan da súa propia experiencia. O traballo foi publicado ao redor de 77 a 79 d. C.,[18] pero probablemente nunca terminou de corrixir a obra antes de que falecese investigando a erupción do Vesuvio no 79 d. C.

A filosofía triceps (naturalis, rationalis e moralis) coas sete artes liberais, xilografía que serve de frontispicio á primeira edición da primeira enciclopedia impresa, a Margarita philosophica de Gregor Reisch, 1503.

Nas súas Noites áticas (II século d. C.), Aulo Gelio diserta sobre numerosas materias de literatura, artes, filosofía, historia, dereito, xeometría, medicina, ciencias naturais, meteoroloxía e xeografía, aínda que cun espírito máis ensayístico e erudito que sistemático e enciclopédico. Por outra banda, o Polyhistor (tamén chamado As marabillas do mundo), obra do escritor romano Solino, do século III ou século IV presenta as curiosidades do mundo por rexións. Aínda que a obra perdeuse, numerosos elementos dela, como no caso de Varrón, foron recollidos nas enciclopedias medievais. Nonio Marcelo redactou, a comezos do século IV, o De compendiosa doctrina, unha compilación ou epítome de tratados sobre a lingua e diversas técnicas, arranxada e ordenada en forma alfabética. Cara a fins do século IV, o gramático Servio redactou un moi abundante comentario á obra de Virxilio que pode lerse tamén como un vasto repertorio temático ou como unha enciclopedia organizada segundo a orde do texto do poeta. Marciano Capella, avogado que vivía en Alxeria, foi autor do De nuptiis Philologiae et Mercurii ("Vodas de Filoloxía e Mercurio"), redactado entre o 410 e o 429. Este manual en forma de narración alegórica sintetiza en 9 libros os coñecementos da época: filoloxía, gramática, dialéctica, retórica, xeometría, aritmética, astronomía e harmonía. Foi moi popular na época carolinxia, e servirá de referencia para organizar os estudos medievais no ensino básico (o Trivium) e superior (o Quadrivium). Foi lido mesmo no Renacemento e inspirou en especial a Copérnico. Rábano Mauro redactou cara a 842 o seu De rerum naturis, chamado tamén De Universo en vinte libros, resumindo e reordenando a obra de Isidoro de Sevilla.

Idade Antiga e Moderna

Estatua de Isidoro de Sevilla na escalinata de acceso a Biblioteca Nacional de España.
Manuscrito iluminado de 1287 que mostra os enciclopedistas musulmáns, os Irmáns da Pureza
Enciclopedia chinesa Yongle Dadian (1403).

Anos despois créaronse outras obras que eran recompliacións ou epítomes de coñecementos xerais. Un dos repertorios máis temperáns e coñecidos, destinado a salvar os coñecementos esenciais da cultura grecolatina clásica é o titulado Etymologiae composto polo escritor visigodo Isidoro de Sevilla e redactado entre 627-630 a instancia do rei visigodo Sisebuto.[19] Outras obras deste período foron:

  • Século VI d. C. Bṛihat Saṃhitā, enciclopedia india escrita en sánscrito por Varaja Mijira.
  • 627-630, Etymologiae de San Isidoro de Sevilla.
  • Século VIII. Liber glossarum ou Glosario de Ansileubo, primeira enciclopedia latina en orden alfabético.
  • c. 990: Suda de Suidas.
  • Século X d. C. Rasā’il Ijwān aṣ-Ṣafā’ ("Epístolas dos Irmáns da Pureza") enciclopedia en árabe escrita en Basora.
  • c. 1110: Imago mundi de Honoré d'Autun.
  • 1120, Liber Floridus do cóengo Lamberto (Lambertus de Sancto Audomaro)
  • c. 1180: Hortus deliciarum, de Herrada de Landsberg.
  • 1231: De universo creaturarum de Guillermo de Auvernia.
  • 1240: De proprietatibus rerum de Bartholomeus Anglicus.
  • 1256: Liber de natura rerum de Thomas de Cantimpré, traducido ao neerlandés e ao alemán un século despois.
  • 12?? (Século XIII): Speculum Maius de Vincent de Beauvais.
  • 1260-1267. Li Livres dou Trésor de Brunetto Latini, primeira enciclopedia medieval en romper co latín.
  • 1295. Arbor scientiae de Ramon Llull.
  • Século xiii: Lucidario de Sancho IV de Castela.
  • Comezos do século XV. Fons memorabilium universi de Domenico Bandini, primeira obra que utilizou un sistema de referencias cruzadas.
  • 1403-1407: Yongle Dadian (永樂大典) (durante a Dinastía Ming).
  • 1435: Visión deleytable de Alfonso de la Torre.
  • 1460: Invencionario de Alfonso de Toledo.
  • 1496: Cornucopiae de Niccolò Perotti, ampliadas por Polidoro Virgili.
  • 1499: De rerum inventoribus libri octo, de Polidoro Virgili. Moi ampliadas e reimpresas posteriormente.
  • 1501: De expetendis et fugiendis rebus de Giorgio Valla.
  • 1503. Polyanthea de Domenico Nani Mirabelli, reelaborada e ampliada en máis de corenta edicións entre 1503 e 1681, cunha edición definitiva en 1735.
  • 1503. Aepitoma Omnis Philosophiae. Alias Margarita Phylosophica tractans de omne genera... de Gregor Reisch. Foi a primeira enciclopedia impresa; tivo segunda edición ampliada en Estrasburgo: Johann Gruninger, 1504; ata 1599 realizáronse dez edicións.
  • 1503: Officina de Jean Tixier.
  • 1506: Commentariorum urbanorum libri XXXVIII (Roma, 1506) de Raffaele Maffei.
  • 1517. Encyclopedia orbisque doctrinarum, hoc est omnium artium, scientiarum, ipsius philosophiae index ac divisio, escrita por Johannes Aventinus, que foi a primeira obra titulada Enciclopedia.
  • 1519: Cornucopiae, quo continentur loca diversis rebus abundantia secundum ordinem literatum, París, 1519, por Jean Tixier.
  • 1529: Catalogus Gloriae Mundi de Barthélemy de Chasseneuz.
  • 1541: Cyclopaedia de Joachim Sterck van Ringelbergh.
  • 1553: Dictionarium historicum, geographicum et poeticum de Charles Estienne.
  • 1559: Encyclopaedia seu orbis disciplinarum tam sacrarum quam prophanarum epistemon de Paul Scalich.
  • 1565-1587: Theatrum Humanae Vitae de Theodor Zwinger.
  • 1572: Officinae Ioannis Ravisii Textoris Epitome, de Jean Tixier e outros.
  • 1590: Universae naturae theatrum, de Jean Bodin.
  • 1607: Polyanthea Nova, de Joseph Lange.
  • 1620. Instauratio Magna (sen rematar) e Novum Organum de Francis Bacon.
Portada de la Encyclopædia de Johann Heinrich Alsted (Herborn, 1630).
  • 1630: Encyclopaedia Cursus Philosophici de Johann Heinrich Alsted.
  • 1643. Pansophiae diatyposis de Comenius (do pedagogo e humanista checo Jan Amos Komenský, 1592-1670)
  • 1653-1655: Enciclopedia Magyar de János Apáczai Csere.
  • 1668: La science universelle (4 vols.) de Charles Sorel.
  • 1669: Ars magna sive sciendi Combinatorica de Athanasius Kircher.
  • 1678-1681. Praecognita ad Encyclopaediam sive Scientiam universalem de Gottfried Leibniz.
  • 1688-1708: Polyhistor literarius, philosophicus, et practicus de Daniel Georg Morhof.
  • 1697: Dictionnaire Historique et Critique de Pierre Bayle; segunda edición moi aumentada en 1702.

Idade Contemporánea

Portada do libro Encyclopédie editado en 1773.
  • 1702: Segunda edición, moi aumentada, do Dictionnaire Historique et Critique de Pierre Bayle.
  • 1704-1771: Dictionnaire universel , máis coñecido como Diccionario de Trévoux, elaborado por xesuítas franceses.
  • 1704: Lexicon technicum de John Harris.
  • 1726: Gujin tushu jicheng (古今圖書集成), dirixida por Chen Menglei (陳夢雷) e por Jiang Tingxi (蔣廷錫) (Dinastía Qing).
  • 1728: Cyclopaedia de Ephraim Chambers.
  • 1751-1772: La Encyclopédie dirixida por Denis Diderot e Jean Le Rond d'Alembert. Obra cume da Ilustración, o seu propósito foi reunir e difundir en prosa clara e accesible, os froitos do coñecemento e do saber acumulados ata entón baixo a crítica e baruto da razón. Ademais, expón a ideoloxía laicista, pragmática e materialista da Ilustración burguesa . Contén 72 000 artigos de máis de 140 colaboradores, entre eles Voltaire, Rousseau, Condillac, o barón de Holbach ou Turgot, por citar algúns.
  • 1753: Tradución ampliada o castelán por José Antonio Miravel y Herrera de Grand Dictionnaire historique, ou mélange curieux de l'histoire sacrée et profane de Louis Moréri , en dez volumes.
  • 1768-1771: Encyclopædia Britannica, publicada orixinalmente por Adam e Charles Black. Reimprimiose en papel até o ano 2012; as edicións máis famosas foron a novena (1875-1889) e a undécima (1911) pola súa erudición e estilo literario. A última edición, décimo quinta (2010), divídese en 3 partes: unha Micropædia de 12 volumes de artigos curtos (menos de 750 palabras), unha Macropædia de 17 volumes de artigos longos (entre 2 e 310 páxinas) e unha Propædia nun só volume que ofrece un esquema xerárquico do coñecemento humano.
  • 1770-1776: Encyclopédie, ou Dictionnaire universel raisonné des connaissances humaines . 42 volumes e 6 suplementos. Yverdon 1770-1776, tamén chamada Enciclopedia de Yverdon, por Fortunato Felice.

Dende o século XVIII

O maior fito do período da Ilustración do século XVIII é a Encyclopédie ou Dictionnaire raisonné des Sciences, des Arts et des métiers, compilada por un grupo de escritores e homes de ciencia de Francia. De maneira plenamente consciente, estes homes estaban dando as costas tanto á relixión como á metafísica vendo na ciencia pura unha nova forza motriz intelectual.

Reuniron nunha vasta obra tódolos coñecementos científicos da época, non como un mero rexistro alfabético, senón como un relato do modo científico de enfrontárense co mundo. Neste sentido, é especialmente interesante o seu Discours préliminaire des editeurs no que se enmarca o coñecemento humano en tres facultades: Historia, Filosofía e Belas Artes, recoñecendo as dificultades da clasificación das ciencias que se viñan desenvolvendo dende o século XVII.

Estes escritores desexaban forxar un poderoso instrumento para a loita contra o escurantismo das autoridades políticas e relixiosas. A maioría das figuras culturais e científicas da época colaboraron nesa empresa. Entre elas destacan D'Alembert, Diderot e Voltaire.

Entre 1768 e 1771, Adam e Charles Black publicaron a Encyclopædia Britannica, que se reimprimiu en papel ata a versión informática con correccións e ampliacións. As edicións máis célebres foron a novena (1875-1889) e a undécima (1911) pola súa erudición e estilo literario. A décimo quinta edición divídese en tres partes: unha Micropædia de 12 volumes con artigos curtos de menos de 750 palabras, unha Macropædia de 17 volumes con artigos longos (entre 2 e 310 páxinas) e unha Propædia, nun só volume, que ofrece un esquema xerárquico do coñecemento humano.

Varios exemplares da GEG ocupan as baldas da Biblioteca de Galicia.

No século XXI pasouse á incorporación de contidos en almacenamentos dixitais. O proxecto Gutenberg deu pulo á recompilación de datos antigos.

Enciclopedias galegas

Hai varias enciclopedias galegas.[20] De temática galega, a Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada do ano 1974 de corenta e tres tomos, en lingua castelá e a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada do ano 2005 en papel e tamén en DVD, en galego.

De temática universal, consultables en liña e editadas en galego son outras dúas. A Enciclopedia Galega Universal da editorial Ir Indo que tamén dispón de versión en papel de 16 tomos (1999-2002). E desde 2003 a Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, de acceso libre.

Hai que mencionar, tamén, o Diccionario enciclopédico galego universal (2003-2004) de sesenta volumes de La Voz de Galicia (feito por Ir Indo) e a Diciopedia do século 21 de tres tomos, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Ediciós do Castro.

Notas

  1. "Encyclopedia.". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2007. Consultado o 11 de xullo de 2016.  Glossary of Library Terms. Riverside City College, Digital Library/Learning Resource Center. Consultado o 17 de novembro de 2007.
  2. 2,0 2,1 Hartmann, R. R. K.; James, Gregory; James, Gregory (1998). Routledge, ed. Dictionary of Lexicography. p. 48. ISBN 0-415-14143-5. Consultado o 27 de xullo de 2010. 
  3. Béjoint, Henri (2000). Modern Lexicography, pp. 30–31. Oxford University Press. ISBN 0-19-829951-6
  4. Encyclopædia Britannica (ed.). "Encyclopaedia". Consultado o 27 de xullo de 2010. An English lexicographer, H.W. Fowler, wrote in the preface to the first edition (1911) of The Concise Oxford Dictionary of Current English language that a dictionary is concerned with the uses of words and phrases and with giving information about the things for which they stand only so far as current use of the words depends upon knowledge of those things. The emphasis in an encyclopedia is much more on the nature of the things for which the words and phrases stand. 
  5. Hartmann, R. R. K.; Gregory, James (1998). Routledge, ed. Dictionary of Lexicography. p. 49. ISBN 0-415-14143-5. Consultado o 27 de xullo de 2010. In contrast with linguistic information, encyclopedia material is more concerned with the description of objective realities than the words or phrases that refer to them. In practice, however, there is no hard and fast boundary between factual and lexical knowledge. 
  6. Cowie, Anthony Paul (2009). Oxford University Press, ed. The Oxford History of English Lexicography, Volume I. p. 22. ISBN 0-415-14143-5. Consultado o 17 de agosto de 2010. An 'encyclopedia' (encyclopaedia) usually gives more information than a dictionary; it explains not only the words but also the things and concepts referred to by the words. 
  7. Hunter, Dan; Lobato, Ramon; Richardson, Megan; Thomas, Julian (2013). Amateur Media: Social, Cultural and Legal Perspectives (en inglés). Routledge. ISBN 978-0-415-78265-4. 
  8. Ἐγκύκλιος παιδεία, Quintilian, Institutio Oratoria, 1.10.1, al Projecte Perseus
  9. ἐγκύκλιος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek–English Lexicon, al Projecte Perseus
  10. παιδεία, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek–English Lexicon, al Projecte Perseus
  11. The Free Dictionary, ed. (19 agosto 2017). "American Heritage Dictionary". 
  12. Franklin-Brown, Mary (2012). Reading the world : encyclopedic writing in the scholastic age. Chicago Londres: The University of Chicago Press. p. 8. ISBN 9780226260709. 
  13. König, Jason (2013). Encyclopaedism from antiquity to the Renaissance. Nova York: Cambridge University Press. p. 1. ISBN 978-1-107-03823-3. 
  14. Harris-McCoy, Daniel (2008). Varieties of encyclopedism in the early Roman Empire: Vitruvius, Pliny the Elder, Artemidorus (Ph.D). University of Pennsylvania. p. 12. Consultado o 30 de xuño do 2023. 
  15. Harris-McCoy 2008, p. 11-12.
  16. Roest, Bert (1997). "Compilation as Theme and Praxis in Franciscan Universal Chronicles". En Peter Binkley. Pre-Modern Encyclopaedic Texts: Proceedings of the Second Comers Congress, Groningen, 1 – 4 de xullo de 1996. BRILL. p. 213. ISBN 90-04-10830-0. 
  17. Carey, Sorcha (2003). "Two Strategies of Encyclopaedism". Pliny's Catalogue of Culture: Art and Empire in the Natural History. Oxford University Press. p. 17. ISBN 978-0-19-925913-7. 
  18. Gozalbes Cravioto, Enrique (2000). Caput celtiberiae: la tierra de Cuenca en las fuentes clásicas. Univ de Castilla La Mancha. 
  19. "Enciclopedia y Diccionario diferencias, las enciclopedias en Internet: ventajas de una enciclopedia en impresos y la web". Biblioteca Digital de Trabajos Especiales de Grado. Arquivado dende o orixinal o 28-11-2011. Consultado o 4-12-2010. 
  20. Ferro Ruibal, Xesús; capítulo 397 de Ben falado!, Televisión de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas