Eretz Israel




A Terra de Israel (hebreo: ארץ ישראל— Eretz Yisrael) é un termo histórico empregado nas tradicións xudía e cristiá para referirse aos antigos reinos de Xudá e Israel, é dicir, ao territorio dos israelitas. A Biblia emprega as expresións "Terra Prometida" e "A Terra de Israel", provendo os contornos máximos, así como tamén os mínimos do territorio en cuestión.[1][2] Os cristiáns usan a miúdo a denominación "Terra Santa", expresión á súa vez tamén empregada ocasionalmente polos hebreos.
Límites segundo o texto bíblico
Límetes máximos:
- A túa descendencia darei esta terra, desde o río de Exipto ata o río grande, o Éufrates. —Xénese 15:18.[3]
- Volvede e ide ao monte do amorreo e a todas as súas comarcas, no Arabá, no monte, nos vales, no Neguev e xunto á costa do mar, á terra do cananeo e ao Líbano, ata o gran río, o río Éufrates. —Deuteronomio 1:7.[4]
- Todo lugar que pise a planta de voso pie será voso: desde o deserto ata o Líbano, desde o río Éufrates ata o mar occidental será voso territorio. —Deuteronomio 11:24.[5]
Límites mínimos:
- Díxolle o Señor a Moisés:: "Ordénalles ós fillos de Israel: Cando entredes no país de Canaán, este será a terra que vos tocará en posesión: o país de Canaán conforme os seus límites. Polo sur pertenceravos desde o deserto de Sin, seguindo a fronteira de Edom; esta fronteira meridional partirá desde o extremo do Mar Morto polo abrente; logo dará un rodeo cara ó sur, pola subida de Acrabim, e baixará ata o Sin, e chegará ó sur de Cadex-Barnea; logo irá saír a Hasar-addar e pasará a Asmón. Logo a fronteira torcerá desde Asmón cara ó Torrente de Exipto e terminará no mar. Por fronteira occidental teredes o Mar Mediterráneo: esta será para vós a fronteira ó oeste. Por fronteira setentrional teredes a seguinte: desde o Mar Mediterráneo trazaredes unha liña ata o monte Hor; desde o monte Hor trazaredes unha liña ata a entrada de Hamat, indo saír a fronteira ata Sedad. 9Logo a fronteira conducirá a Zifrón, terminando en Hasarenán. Tal será para vós a fronteira setentrional. Logo trazaredes unha liña como fronteira oriental desde Hasar-enán cara a Xefam. A fronteira baixará desde Xefam ata Ha-Riblah, ó oriente de Ain, e seguirá baixando ata tocar a beira oriental do lago de Xenesaret; despois baixará a fronteira ata o Xordán, indo dar ó Mar Morto. Tal será para vós o país en todo o perímetro das súas fronteiras".–Números 34:1-12.[6]
- Estes son os lindeiros do país: polo lado do norte: desde o mar Mediterráneo, polo camiño de Hetlón, entrando en Sedadah, Hamat, Berotah, Sibraim ‑entre a marxe de Damasco e a marxe de Hamat‑, Haser do medio que está cerca do territorio de Haverán. Así esta fronteira irá desde o mar ata Haser Enón, lindando co territorio de Damasco polo norte, e ó norte tamén o territorio de Hamat. Tal será o lado norte. Velaquí o lado do nacente: medide vós entre Haverán e Damasco, e entre Galaad e a terra de Israel, logo o Xordán será a linde ata o mar do nacente. Tal será o lado do nacente. Velaí o lado do Négueb, cara ó sur: desde Tamar ata o oasis de Meribah de Cadex, na dirección do río e ata o mar Mediterráneo: tal será o lado do sur, na dirección do Négueb. Velaí o lado do poñente: o mar Mediterráneo serve de marxe fronte á entrada de Hamat: este é o lado do poñente.—Ezequiel 47:15-20.[7]
Historia do termo
Desde a época romana até o presente, a Terra de Israel tivo diferentes denominacións, ás veces incluíndo zonas de Exipto, Xordania, Siria e Turquía. Desde tempos do imperio persa (538 a. C.) e até a vitoria romana sobre os israelitas (70 d. C.), o territorio era en termos xerais denominado Xudea e, eventualmente, chegou a comprender Samaria e Galilea, así como tamén Idumea, Perea e Batanea.[8]
Logo da destrución de Xerusalén e o seu Templo, os romanos cambiaron o seu nome polo de "Palestina" .[9] Mais, durante case dous mil anos, até a creación do Estado de Israel, e mesmo a partir diso, o pobo xudeu seguiu e segue referíndose ao mencionado territorio ancestral a través da expresión Eretz Israel (ארץ ישראל), que significa "Terra de Israel" e, como expresión, áchase á súa vez intrinsecamente ligada á historia nacional do pobo de Israel (עם ישראל).
-
Antigo shekel de prata de Israel, con cáliz de kidush e tres selectas simbólicas de Xudea, Samaria e Galilea, forxado no segundo ano da Primeira Guerra Xudía contra Roma, 66-73 d. C.
-
Mapa de Xudea. Fernão Vaz Dourado, 1570.[1]
Cartografía: extensión xeográfica e pobo de Israel
Máis aló do título que poidan presentar, os seguintes mapas suxiren todos unha relación estreita entre o levante mediterráneo e o pobo xudeu en diferentes momentos do seu desenvolvemento histórico como nación, e incluíndo os mesmos unha serie de aspectos que concirnen aos patriarcas, as doce tribos de Israel, o Éxodo, as figuras de Moisés e Aarón, o Tetragramaton, o Tabernáculo e os seus implementos, o Templo de Xerusalén, o reino unificado de Israel en tempos do rei Salomón (século X a.[10] d. C.), os reinos de Xudá e Israel, así como tamén as descricións provistas polo profeta Ezequiel na Biblia.[11]
A forte ligazón histórica que existe entre a Biblia e a Terra Santa é explorada pola investigadora Sarah Kochab no seu libro titulado ’’Israel’’, obra onde tamén sinala a centralidade de Xerusalén, sinalándoa como capital de Israel e relacionándoa co rei David, así como tamén co Templo hebreo de devandita cidade.[12][13]
-
Jacobus Tirinus, 1632.[2]
-
Nicholas Sanson, 1662.[3]
-
Abraham Bar-Jacob, Hagadá, 1695
-
Keur, 1702 (baseado en Visscher e Stoopendaal, 1650-9).[4]
-
David Funck, 1720 (baseado en Visscher o Vello, 1659).[5]
-
Schryver, 1729. Inclúe citas de Ezequiel, profeta hebreo, século VI a. C.[6]
-
Johann Christoph Harenberg, 1750.[7]
-
Tobias Lotter, 1759 (baseado en Nicholas Sanson de Abeville, 1662).[8]
-
Rigobert Bonne, 1770.[9]
-
Charles François Delamarche, 1797 (baseado en Gilles Robert de Vaugondy, 1745).[10]
-
Gaon de Vilna, "A Terra de Israel", 1802.[11]
-
Moshe Ganbash, Shiviti, 1835.[12]
-
Rabí Chaim Salomon Pinta, "Terra de Israel", 1875.
-
Claude Reignier Conder, 1889
Incorporan as figuras de Abraham, Moisés e Aarón, así como o Tabernáculo e os implementos, o Templo, referencias ou motivos bíblicos diversos:
- Abraham Ortelius, Antuerpen 1586.[14]
- John Speed, Londres 1595
- Jean-Baptiste Liébaux, c. 1610.
- Henri Liébaux, c. 1625.
- Willem Blaeu, Ámsterdan 1629
- Jacobus Tirinus, Antuerpen 1632
- Visscher o Vello, Ámsterdan 1659.[15]
- Nicholas Sanson de Abbeville, 1662
- Abraham bar Jacob, Ámsterdan, 1695.
- Keur, 1702.
- Gilles Robert de Vaugondy, 1745.[16]
- Johann Christoph Harenberg, Braunschweig 1750.[17]
- Tobias Lotter, 1759
- Rigobert Bonne, 1770
- Charles François Delamarche, París 1797
Mostran os territorios das doce tribos israelitas:
- Speed, 1595
- Henri Liébaux, c. 1625
- Blaeu, 1629
- Tirinus, 1632
- Sanson de Abbeville, 1662
- Bar Jacob, Ámsterdan, 1695
- Keur, 1702
- Schryver, Holanda 1729
- Vaugondy, 1745.[18]
- Harenberg, 1750
- Lotter, 1759
- Rigobert Bonne, 1770
- Delamarche, 1797
- Gaon de Vilna, 1802
- Claude Reignier Conder, 1889
Marcan a presenza de áreas denominadas Xudea, Samaria e Galilea:
- Abraham Ortelius, Antuerpen 1570
- Visscher, 1659
- Keur, 1702
- Adrian Reland, Utrecht 1714
- Harenberg, 1750.[19]
- Tobias Lotter, 1759.[20]
As sete especies da Terra de Israel
A terra prometida e o que dela emana é enumerados no texto bíblico:
Olla que o Señor, o teu Deus, te vai levar a un país bo, terra de regueiros de auga, de fontes e lagos que saen das veigas e das montañas; terra de trigo e de cebada, de viñas, de figueiras e de granadas, terra de aceite e de mel; terra, onde non has comer o pan con mesquindade, onde nada che faltará; terra que ten as pedras de ferro, e con montañas nas que picarás cobre. Entón ti comerás ata fartarte e bendicirás o Señor, o teu Deus, polo bo país que che deu.—Deuteronomio 8:7-10.[21]
As sete especies da Terra de Israel aparecen representadas nunha serie de selos israelís deseñada por Zvi Narkiss en 1958.
A inscrición citada en cada un dos selos ten a súa fonte de inspiración no texto orixinal que figura no quinto libro da Biblia hebrea:
« אֶרֶץ חִטָּה וּשְׂעֹרָה וְגֶפֶן וּתְאֵנָה וְרִמּוֹן אֶרֶץ זֵית שֶׁמֶן וּדְבָשׁ »דברים ח:ח (Deuteronomio 8:8).[22]
Notas
- ↑ Xénese 15:18-21; Deuteronomio 1:7 y 11:24.
- ↑ Números 34:1-12, Ezequiel 47:15-20
- ↑ Xénese 15:18
- ↑ Deuteronomio 1:7
- ↑ Deuteronomio 11:24
- ↑ Números 34:1-12
- ↑ Ezequiel 47:15-20
- ↑ O territorio israelita pode verse en dous mapas da Tierra Santa que, George Adam Smith, seguindo a usanza vixente en su época, denominou "Palestina" e publicou no seu Atlas of the Historical Geography of the Holy Land de 1915.
- ↑ Os romanos tamén dispersaron a moitos dos israelitas fora da súa terra natal, dando lugar ao que se coñece como a diáspora xudía.
- ↑ Chámese Canaán, Terra Prometida, Terra de Israel, Tierra Santa, Reino de Israel, Reino de Xudá, Xudea ou Palestina.
- ↑ Carte du voïage des Israëlites dans le désert depuis leur sortie de l'Egipte jusqu'au passage du Jourdain, desenvolvido en Francia por Jean-Baptiste Liébaux cara 1610, e un máis delineado por Henri Liébaux, titulado "A Terra Prometida" Carte de la Terre promise dressée par l'auteur du commentaire sur Josué, posiblemente realizado cara 1625.
- ↑ Sarah Kochab, Israel, Barcelona: Folio, 2005, pp. 90-109.
- ↑ Kochab, Israel, pp. 94-95, 97, 100-102, 105, 110-113.
- ↑ Su mapa está baseado en gran territorio que se describe en Xénese 15 e fue concibido na súa disposición como se fose un tapiz; presenta a súa vez ao mapa rodeado por 22 medallóns adicados á vida do patriarca Abraham.
- ↑ Incorpora unha perspectiva do Tabernáculo.
- ↑ O mapa incorpora o Tetragramaton.
- ↑ O mapa posúe unha imaxe dos exploradores israelitas cargando o acio de uvas da Tierra Prometida e inclúe tamén as dúas caras do antigo shekel de Israel, co cáliz de kidush e tres granadas simbólicas de Xudea, Samaria e Galilea, pertencente ao período da Primeira Guerra Xudía contra Roma, 66-73 d. C.
- ↑ O mapa vai acompañado por outro adicado ao Reino de Israel en tempos do rei Salomón.
- ↑ Nun mapa secundario e incorporado ao principal dentro do motivo dun pergamiño.
- ↑ Combina nun mesmo mapa os territorios das doce tribos israelitas con aqueles dos reinos de Xudá e Israel.
- ↑ Deuteronomio 8:7-10
- ↑ Biblia hebrea: Devarim 8:8.
Véxase tamén
Bibliografía
- Kochab, Sarah. Israel, Barcelona: Folio, 2005
- Sede-Rajna, Gabrielle. L’abecedaire du Judaïsme, París: Flammarion, 2000
Outros artigos
- Israel
- Terra Prometida
- Terra Santa