Erinaceidos

Erinaceidos
Rango fósil: Paleoceno medio – presente

Ourizo cacho
Erinaceus europaeus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Infraclase: Eutheria
Superorde: Laurasiatheria
Orde: Eulipotyphla
Familia: Erinaceidae
G. Fischer, 1814
Subfamilias & xéneros
  • Silvacola
  • Erinaceinae
    • Amphechinus
    • Atelerix
    • Erinaceus
    • Hemiechinus
    • Mesechinus
    • Paraechinus
  • Galericinae
    • Deinogalerix
    • Echinosorex
    • Hylomys
    • Neohylomys
    • Neotetracus
    • Podogymnura

Os erinaceidos (Erinaceidae) son unha familia de mamíferos da orde dos eulipotifles. Contén os coñecidos ourizos (subfamilia Erinaceinae) de Eurasia e África, e os galericinos (subfamilia Galericinae) do sueste de Asia. Anteriormente, esta familia foi considerado parte da orde dos insectívoros, pero no presente esta clasificación é considerada obsoleta por ser polifilética.[1]

No mundo hai 16 especies de ourizos divididas en cinco xéneros, que se atopan en partes de Europa, Asia, África e Nova Zelandia. Non hai especies nativas en Australia nin en América do Norte ou do Sur, e os que habitan en Nova Zelandia foron introducidos. Son mamíferos insectívoros que mudaron pouco nos últimos 15 millóns de anos e que se adaptaron á vida nocturna.

Hábitos

Os ourizos son animais principalmente nocturnos, que se alimentan de insectos, caracois, lesmas e de vexetais. Os seus predadores principais son as curuxas e os furóns. O ourizo conta coa súa coloración como camuflaxe, máis cando se sente ameazado enrólase nunha bola expoñendo os seus espiños.

Notas

  1. Hutterer, Rainer.

Véxase tamén

Bibliografía

  • HUTTERER, R. Order Erinaceomorpha. In: WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (Eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3. ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2005. v. 1, p. 212-219.