Estatólito
Un estatólito é unha estrutura que intervén na percepción da gravidade. Pode referirse a:
- Estatólito. Estrutura calcaria situada dentro dos estatocistos dalgúns invertebrados, que se utiliza para percibir a gravidade e para o equilibrio.
- Estatólito, tamén chamado otólito, estatoconio ou otoconio. Estrutura que se encontra no oído interno, concretamente no labirinto vestibular, dos vertebrados.
- Estatólito. Estrutura constituída xeralmente por un amiloplasto modificado moi denso, que se encontra dentro dos estatocitos das plantas, que se utiliza para percibir a gravidade.