Fran Rivera
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco de Asís Rivera Ordóñez ![]() 3 de xaneiro de 1974 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matador ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Eugenia Martínez de Irujo, 12th Duchess of Montoro (1998, 1998–2002) ![]() |
Fillos | Cayetana Rivera y Martinez de Irujo ![]() |
Pais | Francisco Rivera "Paquirri" ![]() ![]() |
Irmáns | Kiko Rivera Cayetano Rivera Julián Contreras Ordóñez ![]() |
Parentes | José Rivera "Riverita", tío paterno Blanca Romero, cuñada Cayetana Fitz-James Stuart, sogra Antonio Ordóñez, avó materno Carmen Dominguín, avoa materna ![]() |
Cronoloxía | |
Alternativa (tauromaquia) (pt) ![]() ![]() | |
![]() |
Francisco de Asís Rivera Ordóñez, coñecido como Fran Rivera, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1974, é un toureiro español. Foi premiado coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Foi duque consorte de Montoro entre 1998 e 2002.
Biografía
Pertence a toda unha gran dinastía de toureiros: fillo de Francisco Rivera, Paquirri e Carmina Ordóñez; irmán de Cayetano Rivera Ordóñez; neto de Antonio Ordóñez e Antonio Rivera Alvarado, un tío avó é Luis Miguel Dominguín. Ten dous irmáns máis: un por parte de pai, Kiko Rivera, nacido da súa relación con Isabel Pantoja e un por parte de nai, Julián, nacido da súa relación con Julián Contreras.
Perdeu ao seu pai en 1984 e foi o seu avó Antonio Ordóñez quen verdadeiramente o iniciou no mundo do touro, ao crer que tiña caste. A súa presentación como novillero produciuse o 7 de agosto de 1991, en Ronda, na praza que rexentaba o avó (que tamén era o seu apoderado) toureou con picadores. O seu debut con cabalos foi en Ronda o 31 de maio de 1992.
O seu debut foi en Las Ventas, o 25 de abril de 1994, como compañeiros tivo nesa ocasión a Rodolfo Núñez e Víctor Puerto, sendo os xatos da gandería Torrestrella.[1]
Con 21 anos toma a alternativa, o 23 de abril de 1995, da man de Juan Antonio Ruiz "Espartaco" en La Maestranza tendo como testemuña a Jesulín de Ubrique, conseguindo un triunfo. Pasou de ser neto e fillo de dúas figuras do toureo, a ser un toureiro con identidade propia. Nesa mesma semana, e na mesma praza obtén de novo un triunfo, cortando as dúas orellas a un touro de Sánchez de Ybargüen, converténdose desde entón en figura do toureo.
Confirma alternativa en Madrid o 23 de maio de 1996, compartindo cartel con Joselito e Enrique Ponce, ante touros de Samuel Flores. Rivera Ordóñez faise respectar ese día toureando ao natural e ratifica a súa categoría días despois ante touros dos Bayones. Nesa tempada enfúndase o traxe de luces máis de cen tardes.
O 17 de agosto de 2008 celebra a súa corrida número 1000, pechándose con seis touros na praza de Estepona onde cortou 4 orellas e un rabo. Os beneficios desta corrida foron destinados á loita contra a fibrose quística.
A partir de agosto de 2010, nos carteis das prazas aparece anunciado co nome do seu pai Francisco Rivera «Paquirri».
O 13 de outubro de 2012 anuncia a súa retirada do mundo dos touros.[2] Dous anos despois fixo a súa reaparición en Olivenza o 8 de marzo de 2015. O 10 de agosto de 2015 recibiu unha profunda cornada na praza de touros de Huesca, causándolle danos graves no baixo ventre.[3]
Vida privada
O 23 de outubro de 1998 contraeu matrimonio na catedral de Sevilla con Eugenia Martínez de Irujo, duquesa de Montoro, filla da Duquesa de Alba. O 15 de outubro de 1999 tiveron unha filla chamada Cayetana e en 2002 divorciáronse de mutuo acordo.
O 14 de setembro de 2013 volveu contraer matrimonio na leira do Recreo de San Cayetano en Ronda, con Lourdes Montes (sobriña política do cantante José Manuel Soto). O 12 de xullo de 2014 Francisco casou católicamente con Lourdes na Capela dos Mariñeiros, en Triana. O 19 de agosto de 2015 tiveron unha filla chamada Carmen.
Notas
- ↑ "Yahoo! Corazón - Francisco Rivera Ordoñez". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2007. Consultado o 08 de abril de 2016.
- ↑ "Rivera Ordóñez retírase despois de 17 tempadas como matador de touros". 13 de outubro de 2012.
- ↑ «Francisco Rivera corneado gravemente en el bajo vientre.» El Mundo. Consultado o 11 de agosto de 2015.