Freeman Dyson
Freeman Dyson | |
---|---|
Datos persoais | |
Nome completo | Freeman John Dyson |
Nacemento | 15 de decembro de 1923 |
Lugar | Crowthorne |
Falecemento | 28 de febreiro de 2020 |
Lugar | Princeton |
Causa | falling from height |
Nacionalidade | Reino Unido e Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo inglés |
Cónxuxe | Verena Huber-Dyson |
Fillos | Esther Dyson e George Dyson |
Actividade | |
Campo | matemático, físico teórico, científico nuclear, catedrático, estatístico e físico |
Alma máter | Universidade de Cambridge, Universidade Cornell, Winchester College, Trinity College, Twyford School e Winchester College |
Coñecido por | Esfera de Dyson, Disturbing the Universe, Infinite in All Directions, Dyson conjecture, Árvore de Dyson, Dyson's eternal intelligence, Dyson's transform, Série de Dyson, Dyson equation, Crank conjecture, Equação de Schwinger-Dyson, The Sun, the Genome and the Internet e The Scientist as Rebel |
Premios | Prêmio Templeton, Prêmio Henri Poincaré, Medalha Oersted, Prêmio Enrico Fermi, Medalha Lorentz, Prémio Harvey, Medalha Hughes, Medalla Max Planck, Premio Wolf en Física, Gibbs Lecture, Medalla Matteucci, Prêmio Memorial J. Robert Oppenheimer, Prêmio Dannie Heineman de Física Matemática, Prêmio Pomeranchuk, honorary doctor of Yeshiva University, doutor honoris causa da Universidade de Princeton, honorary doctorate of the University of Glasgow, membro da Royal Society, Joseph A. Burton Forum Award, Harkness Fellowship, Great Immigrants Award e Prêmio Andrew Gemant |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Freeman John Dyson, nado o 15 de decembro de 1923 Crowthorne (Berkshire) e finado en Princeton, New Jersey, o 28 de febreiro de 2020,[1] foi un físico e matemático inglés.
Traballou para o British Bomber Command durante a segunda guerra mundial. Unha vez finalizada, trasladouse a Princeton (USA) e nacionalizouse estadounidense.
Nos anos que seguiron á guerra, Dyson demostrou a equivalencia das formulacións da electrodinámica cuántica de Richard Feynman coas desenvolvidas por Julian Schwinger e Sin-Itiro Tomonaga.
Entre 1957-1961, traballou no Proxecto Orion que pretendía o voo espacial usando a propulsión nuclear. Chegou a construírse un prototipo, pero a Declaración para o Uso Pacífico do Espazo da ONU prohibiu calquera tipo de explosión nuclear na atmosfera e máis aló, o que provocou o abandono do proxecto.
Dyson teorizou sobre a posibilidade de que unha sociedade avanzada podería rodear por completo unha estrela para maximizar a captura da enerxía que emite, mediante nubes de asteroides, o que se denominou Esfera de Dyson.
Tamén propuxo a Árbore de Dyson, unha planta deseñada xeneticamente para medrar nun cometa. O interior dos cometas (ou o da propia árbore) podería encherse cunha atmosfera respirable e así poderían adaptarse hábitats para a humanidade noutros sistemas solares.
Desde 2003 Dyson é presidente do Space Studies Institute, a organización fundada por Gerard K. O'Neill.
Foi premiado coa Medalla Max Planck en 1969 e en 2000 co Premio Templeton para o Progreso na Relixión.
Obras
- Origins of Life, Cambridge University Press (1986). ISBN 978-84-8323-097-8
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Heretical thoughts about science and society, ensaio de Freeman Dyson [8.7.2007] (en inglés)
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Previsualización de referencias
- ↑ Johnson, George (28 de febreiro de 2020). "Freeman Dyson, Visionary Technologist, Is Dead at 96". The New York Times. Consultado o 28 de febreiro de 2020.