G8

G8
AcrónimoG8
Tipoorganización intergobernamental e group of major economic countries
Data de fundación1997
Data de disolución2014
editar datos en Wikidata ]

Manifestación de grupos antiglobalización en Edimburgo pola celebración do 31º Cumio do G8.

O Grupo dos Oito, máis coñecido como G8 ou G-8, agrupa aos sete países países máis industrializados do mundo e máis a Rusia.

O G8 ten a súa orixe na crise do petróleo de 1973 e na posterior recesión mundial, cando a petición do secretario do tesouro nortemaricano, George Shultz, reuníronse os ministros de facenda dos cinco países máis industrializados, aínda que non se formou oficialmente ata 1975 na xuntanza de Rambouillet cando o presidente francés Valéry Giscard d'Estaing convidou a participar nun cumio aos seis países máis industrializados: Francia, Alemaña, Italia, o Xapón, o Reino Unido e os Estados Unidos (G6). En 1976, uníuselles o Canadá (G7) e en 1998, Rusia.

Os representantes destes oitos países xúntanse anualmente para analizar o estado da política e a economía internacionais e coordinar as súas políticas económicas.

Cumios do G8

O cumio anual de líderes do G8 reúne aos xefes de estado ou goberno das oito potencias industrializadas máis importantes. É un evento político internacional de primeira magnitude que ten gran repercusión nos medios de comunicación. O país membro que ostenta a presidencia rotatoria anual é o encargado de organizar o cumio nalgún lugar do seu estado.

Data Estado anfitrión Mandatario anfitrión Sede do cumio Información
1517 de novembro (1975) Francia Valéry Giscard d'Estaing Rambouillet
2728 de xuño (1976) Estados Unidos de América Estados Unidos Gerald R. Ford San Xoán
78 de maio (1977) Reino Unido Reino Unido James Callaghan Londres
1617 de xullo (1978) Alemaña Alemaña Helmut Schmidt Bonn
2829 de xuño (1979) Xapón Masayoshi Ohira Toquio
2223 de xuño (1980) Italia Italia Francesco Cossiga Venecia
2021 de xullo (1981) Canadá Pierre Elliott Trudeau Montebello, Quebec
46 de xuño (1982) Francia François Mitterrand Versalles
2830 de maio (1983) Estados Unidos de América Estados Unidos Ronald Reagan Williamsburg, Virxinia
10ª 79 de xuño (1984) Reino Unido Reino Unido Margaret Thatcher Londres
11ª 24 de maio (1985) Alemaña Alemaña Helmut Kohl Bonn
12ª 46 de maio (1986) Xapón Yasuhiro Nakasone Toquio
13ª 810 de xuño (1987) Italia Italia Amintore Fanfani Venecia
14ª 1921 de xuño (1988) Canadá Brian Mulroney Toronto
15ª 1416 de xullo (1989) Francia François Mitterrand Grande Arche, París
16ª 911 de xullo (1990) Estados Unidos de América Estados Unidos George H. W. Bush Houston, Texas
17ª 15 de xullo17 de xullo (1991) Reino Unido Reino Unido John Major Londres
18ª 68 de xullo (1992) Alemaña Alemaña Helmut Kohl Múnic
19ª 79 de xullo (1993) Xapón Kiichi Miyazawa Toquio
20ª 810 de xullo (1994) Italia Italia Silvio Berlusconi Nápoles
21ª 1517 de xuño (1995) Canadá Jean Chrétien Halifax, Nova Escocia
- 1920 de abril (1996)
(Cumio especial sobre seguridade nuclear)
Rusia Rusia Boris Eltsin Moscova
22ª 2729 de xuño (1996) Francia Jacques Chirac Lión
23ª 2022 de xuño (1997) Estados Unidos de América Estados Unidos Bill Clinton Denver, Colorado [1]
24ª 1517 de maio (1998)
(Primeiro cumio como G8)
Reino Unido Reino Unido Tony Blair Birmingham [2] (arquivo)
25ª 1820 de xuño (1999) Alemaña Alemaña Gerhard Schröder Colonia
26ª 2123 de xullo (2000) Xapón Yoshiro Mori Okinawa

[3]

27ª 2022 de xullo (2001) Italia Italia Silvio Berlusconi Xénova

[4]

28ª 2627 de xuño (2002) Canadá Jean Chrétien Kananaskis, Alberta [5]
29ª 23 de xuño (2003) Francia Jacques Chirac Évian-les-Bains [6]
30ª 810 de xuño (2004) Estados Unidos de América Estados Unidos George W. Bush Sea Island, Xeorxia [7]
31ª 68 de xullo (2005) Reino Unido Reino Unido Tony Blair Gleneagles, Escocia [8]
32ª 1517 de xullo (2006) Rusia Rusia Vladimir Putin Strelna, San Petersburgo [9] Arquivado 21 de abril de 2015 en Wayback Machine.
33ª 68 de xuño (2007) Alemaña Alemaña Angela Merkel Heiligendamm, Mecklenburgo [10]
34ª 79 de xullo (2008) Xapón Yasuo Fukuda Tōyako, Hokkaidō [11]
35ª 810 de xullo (2009) Italia Italia Silvio Berlusconi L'Aquila [12]
36ª 2526 de xuño (2010) Canadá Stephen Harper Muskoka, Ontario
37ª 2526 de maio (2011) Francia Nicolas Sarkozy Deauville
38ª 1819 de maio (2012) Estados Unidos de América Estados Unidos Barack Obama Camp David
39ª 1718 de xuño (2013) Reino Unido Reino Unido David Cameron Enniskillen, Irlanda do Norte
40ª 2014 Rusia Rusia Vladimir Putin Sochi Suspendida por mor da anexión de Crimea por Rusia