L'Aquila
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Italia | ||||
Rexión | Abruzzo | ||||
Provincias | Provincia de L'Aquila | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 69.558 (2023) (146,77 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 473,91 km² | ||||
Altitude | 714 m | ||||
Comparte fronteira con | Antrodoco (pt) Pietracamela Ocre (pt) Magliano de' Marsi (pt) Lucoli (pt) Pizzoli (pt) Rocca di Mezzo (pt) Rocca di Cambio (pt) Santo Stefano di Sessanio (pt) Scoppito (pt) Isola del Gran Sasso d'Italia Fano Adriano Borgorose (pt) Barisciano (pt) Barete (pt) Fossa (pt) Cagnano Amiterno (pt) Capitignano (pt) Campotosto Crognaleto Tornimparte (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Cronoloxía | |||||
Santo padrón | Maximus of Aveia (en) | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of L'Aquila (en) | Pierluigi Biondi (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 67100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0862 | ||||
Identificador ISTAT | 066049 | ||||
Código catastral italiano | A345 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Baalbek Cuenca York (pt) Hobart Rottweil Foggia Sant'Angelo d'Alife (pt) Bernalda (pt) Siena Bistrița (pt) Nobile Contrada dell'Aquila (en) Bariloche (pt) Zielona Góra (pt) (1996–) | ||||
Sitio web | comune.laquila.it |
L'Aquila é a cidade capital dos Abruzos, rexión no centro de Italia, cunha poboación de 73.150 habitantes, e capital da provincia de L'Aquila. Aínda que está a menos de dúas horas con coche desde Roma, a cidade (rodeada de muros medievais) aínda non se viu influenciada polo turismo. L'Aquila alberga moitas industrias electrónicas.
Na madrugada do 6 de abril de 2009 foi o epicentro dun terremoto de 6,3 grados na escala de magnitude de momento, que provocou a morte de 294 persoas e deixou feridos a máis de 1.500 en toda a rexión dos Abruzos.
En xullo de 2009 a localidade acolleu o 35º Cumio do G8.
Fraccións
Aquilio, Aragno, Arischia, Assergi, Bagno, Bazzano, Camarda, Cansatessa, Casaline, Cermone, Cese, Civita di Bagno, Colle di Preturo, Colle di Sassa, Colle Roio - Poggio di Roio, Collebrincioni, Collefracido, Coppito, Filetto, Foce, Forcelle, Fossa, Genzano, Gignano, Monticchio, Onna, Paganica, Pagliare di Sassa, Pescomaggiore, Palombaia, Pettino, Pianola, Pile, Pizzutillo, Poggio Picenze, Poggio Roio, Poggio Santa Maria, Pozza di Preturo, Pratelle, Preturo, Ripa, Roio Piano - Poggio di Roio, San Demetrio Ne'Vestini, San Giacomo alto, San Giuliano, San Gregorio, San Leonardo, San Marco Di Preturo, San Martino di Sassa,san pio delle camere, Santa Rufina, Sant'Angelo, Sant'Elia, Santi, San Vittorino, Santi, Sassa, Tempera, Torretta, Valle Pretara, Vallesindola, Vasche.
Demografía
Lugares de interese
Algúns lugares de interese son: A Rocca, un forte español do século XVI; construído baixo a dirección do enxeñeiro valenciano Pedro Luis Escrivá,[1][2] a basílica románica de Santa María de Collemaggio (onde foi coroado e soterrado o Papa Celestino V); a basílica de San Bernardino; e a Fontana medieval dos 99 chorros (aínda non se sabe de onde provén a auga) que conmemora aos 99 pobos que se di que estableceron a cidade. A Fontana Luminosa é outro lugar de interese, unha escultura de dúas mulleres sostendo varios floreiros, feita durante os anos 30.
Nos arredores da cidade hai ruínas romanas (Amiternum), antigos mosteiros, e numerosos castelos. O máis coñecido deles é o de Rocca Calascio, que é o castelo máis alto de Italia e un dos máis altos de Europa. Tamén hai pistas de esquí no Gran Sasso d'Italia, o maior dos Apeninos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en italiano)