Giorgos Seferis
Nome orixinal | (el) Γιώργος Σεφέρης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (el) Γεώργιος Σεφεριάδης 13 de marzo de 1900 Urla, Turquía (pt) |
Morte | 20 de setembro de 1971 (71 anos) Atenas, Grecia |
Lugar de sepultura | Primeiro Cemitério de Atenas (pt) |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Residencia | Pangrati (en) (1962–1971) |
País de nacionalidade | Grecia |
Educación | Universidade Paris 1 Panthéon-Sorbonne (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta , tradutor , diplomático , escritor |
Movemento | Thirties Generation (en) |
Pseudónimo literario | Γιώργος Σεφέρης |
Lingua | Lingua grega, lingua francesa, lingua inglesa e lingua grega moderna |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Maro Seferi (1941–1971), morte |
Pais | Stilianos Seferiadis (en) e Despo Tenekidi (en) |
Irmáns | Ioanna Tsatsou (en) e Angelos Seferiadis (en) |
Parentes | Anna Londou (en) (fillastra) Mina Anastasiadi (en) (fillastra) |
Premios
| |
Geórgios Stylianou Seferiadis, coñecido como Giorgos Seferis (en grego: Γιώργος Σεφέρης), nado en Esmirna o 13 de marzo de 1900 e finado en Atenas o 20 de setembro de 1971, foi un escritor grego gañador do Premio Nobel de Literatura en 1963.
Traxectoria
En 1931 deuse a coñecer cun libro de poemas Strofi, influído polo simbolismo e o hermetismo. Foi cónsul de Londres e publicou Mithistórima (1935), Diario de abordo (I-II e o III, dedicado á illa de Chipre) e, postumamente, Diario (1975-1978).
Obra
Escribiu en dimotikí glosa -a lingua do pobo-, lingua grega que seguiu a súa evolución e que presentaba modificacións notables respecto da lingua oficial, imposta polo Estado, chamada kazarévusa. Intentou combinar as súas propias experiencias coa historia e a mitoloxía. Unha das súas principais fontes de inspiración foi a Odisea de Homero, en particular, para mostrar como a personalidade humana non cambiou a través dos séculos.
Poesía
- I Strofi (H Στροφή), 1931
- I Sterna (H Στέρνα), 1932
- Mythistórima (Μυθιστόρημα), 1935, serie de poemas baseados na Odisea
- Ghimnopedhia, 1935
- Tetrádhio Yimnasmáton (Τετράδιο Γυμνασμάτων), 1940.
- Imerologuio Katastrómatos I, II e III (Ημερολόγιο καταστρώματος Α΄, Β΄, Γ΄), 1940, 1944, 1955, diarios
- Kijli (Κίχλη), 1947
- O rei de Asine, 1948
- Poiímata, 1924-46, 1950
- Poems, 1960
- Tría kryfá poiímata (Τρία κρυφά ποιήματα), 1966 (Tres poemas secretos)
- Delphi, 1963
Prosa
- Ensaios (Δοκιμές), 3 vols.
- Seis noites na Acrópole.
- Días (diarios dun poeta), 1945, 1951, 1974, 7 vols.