Gran Premio de Mónaco de 1999
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 4 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999. | ||
Trazado do circuíto de Mónaco. | ||
Data | 16 de maio de 1999 | |
Nome oficial | LVII Gran Premio de Mónaco | |
Localización | Circuíto de Mónaco Monte Carlo, Principado de Mónaco | |
Percorrido | Circuíto urbano 3´367 km | |
Distancia | 78 voltas, 262´626 km | |
Clima | Calor e sol | |
Pole position | ||
Piloto | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:20.547 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:22.259 na volta 67 | |
Podio | ||
Primeiro | Michael Schumacher | Ferrari |
Segundo | Eddie Irvine | Ferrari |
Terceiro | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes |
O Gran Premio de Mónaco de 1999 (oficialmente o LVII Grand Prix Automobile de Monaco) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 16 de maio de 1999 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1999, disputada sobre 78 voltas, e gañouna Michael Schumacher co equipo Ferrari logo de saír desde a segunda posición na pole. Foi a 16ª vitoria de Schumacher con Ferrari, rompendo o récord de Niki Lauda. O seu compañeiro Eddie Irvine terminou segundo con Mika Häkkinen terceiro para o equipo de McLaren.
A carreira foi a segunda vitoria de Schumacher da tempada, o seu cuarto en Mónaco, e o resultado significou que estendeu o liderado no Campionato de Pilotos, a oito puntos sobre Irvine e doce sobre Häkkinen. Ferrari estendeu o seu liderado a vinte e catro puntos por diante de McLaren e vinte e oito por diante do Jordan a falta de 12 carreiras na tempada.
Informe
Antecedentes
O Gran Premio disputárono once equipos, cada un con dous pilotos.[1] Os equipos, tamén coñecidos como construtores, foron McLaren, Ferrari, Williams, Jordan, Benetton, Sauber, Arrows, Stewart, Prost, Minardi e BAR.[1]
Antes da carreira, o piloto de Ferrari Michael Schumacher lideraba con 16 puntos, por diante de Eddie Irvine con 12 puntos e Mika Häkkinen con 10 puntos. Heinz-Harald Frentzen era cuarto con 10 puntos mentres que Ralf Schumacher era quinto con 7 puntos. Na lista de Campionatos de Construtores de Fórmula Un Mundial, Ferrari lideraba con 28 puntos, McLaren e Jordan seguían segundo e terceiro con 16 e 13 puntos respectivamente, mentres que Williams con 7 e Stewart con 6 puntos seguían no cuarto e quinto lugar. Ferrari dominaba o campionato, gañando dúas das tres carreiras anteriores, con Häkkinen gañando o Gran Premio do Brasil. Os contendentes do campionato Frentzen e David Coulthard lograron un segundo posto e Ralf Schumacher e Rubens Barrichello conseguiron un terceiro posto no podio.
Carreira
As condicións da carreira foron de seco coa temperatura do aire a 19 °C e a temperatura da pista a 34 °C.[2] Os pilotos chegaron á pista ás 09:30 ( GMT +1) para unha sesión de quentamento de 30 minutos.
Ambos Ferraris gañaron unha posición no inicio, con Michael Schumacher liderando diante de Mika Häkkinen, Eddie Irvine e David Coulthard. A orde mantívose así ata a volta 35 cando o coche de Coulthard comezou a perder potencia, o que o fixo retirarse. A mala sorte chegou a McLaren unhas voltas despois cando Häkkinen fixo un recto en Mirabeau debido a unha mancha de aceite que quedou despois da rotura do motor de Toranosuke Takagi. Eddie Irvine acadou o segundo lugar e quedou alí.
No podio, a bandeira irlandesa foi erroneamente izada por Irvine en lugar da británica.[3]
Post-carreira
O resultado da carreira deixou a Michael Schumacher ampliando o seu liderado no Campionato de Pilotos con 26 puntos. O segundo lugar de Irvine aseguroulle manter a segunda posición no Campionato con 18 puntos, catro puntos por diante de Häkkinen e cinco por diante de Frentzen. No Campionato de Construtores, Ferrari ampliou o liderado a 44 puntos, McLaren mantivo o segundo posto con 20 puntos e Jordan terceiro con 16 puntos, a falta de 12 carreiras para o fin da tempada.
Clasificación
Cualificación
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:20.547 | |
2 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:20.611 | +0.064 |
3 | 2 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:20.956 | +0.409 |
4 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:21.011 | +0.464 |
5 | 16 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 1:21.530 | +0.983 |
6 | 8 | Heinz-Harald Frentzen | Jordan-Mugen-Honda | 1:21.556 | +1.009 |
7 | 19 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 1:21.769 | +1.222 |
8 | 22 | Jacques Villeneuve | BAR-Supertec | 1:21.827 | +1.280 |
9 | 9 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 1:21.938 | +1.391 |
10 | 10 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 1:21.968 | +1.421 |
11 | 5 | Alessandro Zanardi | Williams-Supertec | 1:22.152 | +1.605 |
12 | 23 | Mika Salo | BAR-Supertec | 1:22.241 | +1.694 |
13 | 17 | Johnny Herbert | Stewart-Ford | 1:22.248 | +1.701 |
14 | 11 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 1:22.354 | +1.807 |
15 | 12 | Pedro Diniz | Sauber-Petronas | 1:22.659 | +2.112 |
16 | 6 | Ralf Schumacher | Williams-Supertec | 1:22.719 | +2.172 |
17 | 18 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 1:22.738 | +2.191 |
18 | 7 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 1:22.832 | +2.285 |
19 | 15 | Toranosuke Takagi | Arrows | 1:23.290 | +2.743 |
20 | 20 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 1:23.765 | +3.218 |
21 | 14 | Pedro de la Rosa | Arrows | 1:24.260 | +3.713 |
22 | 21 | Marc Gené | Minardi-Ford | 1:24.914 | +4.367 |
Carreira
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 78 | 1:49:31.812 | 2 | 10 |
2 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 78 | +30.476 | 4 | 6 |
3 | 1 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 78 | +37.483 | 1 | 4 |
4 | 8 | Heinz-Harald Frentzen | Jordan-Mugen-Honda | 78 | +54.009 | 6 | 3 |
5 | 9 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 77 | +1 volta | 9 | 2 |
6 | 10 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 77 | +1 volta | 10 | 1 |
7 | 19 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 77 | +1 volta | 7 | |
8 | 5 | Alessandro Zanardi | Williams-Supertec | 76 | +2 voltas | 11 | |
9 | 16 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 71 | Suspensión | 5 | |
Ret | 6 | Ralf Schumacher | Williams-Supertec | 54 | Accidente | 16 | |
Ret | 11 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 50 | Suspensión | 14 | |
Ret | 12 | Pedro Diniz | Sauber-Petronas | 49 | Suspensión | 15 | |
Ret | 18 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 40 | Motor | 18 | |
Ret | 2 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 36 | Caixa de cambios | 3 | |
Ret | 23 | Mika Salo | BAR-Supertec | 36 | Freos | 12 | |
Ret | 15 | Toranosuke Takagi | Arrows | 36 | Motor | 19 | |
Ret | 22 | Jacques Villeneuve | BAR-Supertec | 32 | Fuaga aceite | 8 | |
Ret | 17 | Johnny Herbert | Stewart-Ford | 32 | Suspensión | 13 | |
Ret | 14 | Pedro de la Rosa | Arrows | 30 | Caixa de cambios | 21 | |
Ret | 21 | Marc Gené | Minardi-Ford | 24 | Accidente | 22 | |
Ret | 20 | Luca Badoer | Minardi-Ford | 10 | Caixa de cambios | 20 | |
Ret | 7 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 3 | Colisión | 17 |
Posicións logo da carreira
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1999 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1999 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1999 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1998 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 2000 |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Formula One Teams and Drivers (1999)". Fédération Internationale de l'Automobile. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 1999. Consultado o 16 de outubro de 2014.
- ↑ "Grand Prix of Monaco - Report: Ferrari One-Two at Monaco". Gale Force F1. 16 de maio de 1999. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2006. Consultado o 16 de outubro de 2014.
- ↑ "gp de mônaco 1999 (Monaco Grand Prix 1999) 8/8". Consultado o 5 de abril de 2016 – vía YouTube. 3:06