Gran Turca
Gran Turk | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Cockburn Town |
País | Reino Unido |
Localización | Mar Caribe |
Arquipélago | Illas Turcas |
Linguas | |
Poboación (2006) | 3.720 hab. |
Superficie | 18 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 21°28′20″N 71°08′20″O / 21.47222, -71.13889 |
Maior Altura | 20 m. |
Localización | |
A Illa Gran Turca (Grand Turk Island) é a principal illa do territorio británico de ultramar das illas Turks e Caicos, correspondente ao arquipélago de Illas Turcas (que debe ser distinguido do arquipélago das Illas Caicos). Na illa atópase a capital do territorio, Cockburn Town e ten a segunda poboación en importancia con 3.720 habitantes.
A Illa Gran Turca tivo a atención internacional en 1962 cando a cápsula Friendship 7 do Proxecto Mercury de John Glenn amarizóu preto da illa. Unha réplica da cápsula atópase exposta no aeroporto.
O nome provén dunha especie de cacto da illa, que ten un tope distintivo, que recorda o gorro turco chamado fez.
A illa foi indicada como a verdadeira Guanahani, a primeira illa americana á que chegase Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492