Gran Premio de Alemaña de 1959

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Alemaña de 1959
Nome oficialXXI Grosser Preis von Deutschland Editar o valor em Wikidata
TipoGran Premio de Alemaña Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAVUS (Charlottenburg-Wilmersdorf (pt) Traducir) 52°28′50″N 13°15′05″L / 52.480555555556, 13.251388888889Coordenadas: 52°28′50″N 13°15′05″L / 52.480555555556, 13.251388888889 Editar o valor em Wikidata
PaísAlemaña Editar o valor em Wikidata
Data2 de agosto de 1959 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoTony Brooks Editar o valor em Wikidata
Pole positionTony Brooks Editar o valor em Wikidata
Volta máis rápidaTony Brooks Editar o valor em Wikidata

O Gran Premio de Alemaña de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 2 de agosto de 1959 no circuíto de AVUS, era a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 21º Gran Premio de Alemaña e a segunda vez que a carreira non tivo lugar en Nürburgring. AVUS aloxara anteriormente o Gran Premio de Alemaña en 1926. A carreira levouse a cabo en dúas series de 30 voltas ao circuíto de oito quilómetros, cunha distancia total de carreira de 498 quilómetros.

Nun formato de carreira de Fórmula Un único, o primeiro, segundo e terceiro postos foron ocupados todos polo mesmo equipo, a Scuderia Ferrari. O piloto británico Tony Brooks foi declarado gañador por diante dos seus compañeiros de equipo os americanos Dan Gurney e Phil Hill. Os tres pilotaban un Ferrari Dino 246.

Informe da carreira

A pista, moi simple, consistía nunha moi rápida recta a ambos os dous lados dunha estrada de dobre calzada, interrompida nun extremo por unha pinza e no outro por unha incrible curva cun peralte de 43 graos de inclinación.

Tamén de xeito único na historia do Campionato Mundial de Fórmula 1, a carreira dividiuse en dúas series. Na primeira, Tony Brooks e Dan Gurney tomaron a dianteira. Masten Gregory nun Cooper - Climax loitou duro con eles, pasando primeiro a un Ferrari e logo ao outro, liderando a carreira ata que rompeulle un perno da biela. Foi un triplete de Ferrari, con Phil Hill logrando o podio final. Na segunda manga, unha vez máis os Ferrari tiveron que loitar polo liderado, esta vez con Bruce McLaren, ata que sufriu problemas na caixa de cambios. O resultado total acumulado, foi un podio pleno de Ferrari nesta orde, Brooks, Gurney, Hill. Maurice Trintignant foi o cuarto por diante de Jo Bonnier e Ian Burgess. Esta foi a carreira máis rápida da Fórmula Un rexistrada ata ese momento, cunha velocidade media de 230´136 quilómetros por hora. Hans Herrmann estrelou o seu BRM P25 na quinta volta da segunda manga.

O expiloto de Ferrari, o francés Jean Behra morreu o día antes da carreira cando participaba nunha carreira de Fórmula 2 previa en dito circuíto, nun Porsche RSK, saíu despedido do seu auto e feriuse mortalmente cando golpeou cun hasta de bandeira, causandolle unha fractura de cranio.

Os resultados mostran a incompatibilidade coas normas que se aplicaban nesa época. De acordo coas regras da Fórmula Un da época, aqueles pilotos que se retiraban antes do final do Gran Premio só se clasificaban se empuxaban o coche por encima da liña logo da chegada. Esta regra non se aplicou a Harry Schell, quen se retirou unhas 11 voltas antes do final. Con todo, a regra aplicouse noutras carreiras, como o Gran Premio de Bélxica de 1960. As regras aclararonse máis tarde, en 1966.[1]

A vitoria permitiulle a Brooks reducir a catro puntos a vntaxe do líder do campionato, o piloto australiano de Cooper, Jack Brabham.

Clasificación

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 4 Tony Brooks Ferrari 60 2:09:31.6 1 9
2 6 Dan Gurney Ferrari 60 + 2.9 3 6
3 5 Phil Hill Ferrari 60 + 1:04.8 6 4
4 8 Francia Maurice Trintignant Cooper-Climax 59 + 1 volta 12 3
5 9 Jo Bonnier BRM 58 + 2 voltas 7 2
6 18 Ian Burgess Cooper-Maserati 56 + 4 voltas 15
7 10 Harry Schell BRM 49 + 11 voltas 8
Ret 2 Bruce McLaren Cooper-Climax 36 Transmisión 9
Ret 11 Alemaña Hans Herrmann BRM 36 Accidente 11
Ret 3 Masten Gregory Cooper-Climax 23 Motor 5
Ret 1 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 15 Transmisión 4
Ret 16 Graham Hill Lotus-Climax 10 Caixa de cambios 10
Ret 15 Innes Ireland Lotus-Climax 7 Diferencial 13
Ret 17 Cliff Allison Ferrari 2 Embrague 14
Ret 7 Stirling Moss Cooper-Climax 1 Transmisión 2
NTS 12 Francia Jean Behra Behra-Porsche-Porsche Accidente mortal
NTS 14 Alemaña Wolfgang von Trips Porsche Retirouse

Posicións logo da carreira

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

  1. Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X

Ligazóns externas


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio de Portugal de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1958
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1961