Gran Premio de Bélxica de 1982
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 5 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982. | ||
Trazado do circuíto de Zolder. | ||
Data | 9 de maio 1982 | |
Nome oficial | Gran Premio de Bélxica | |
Localización | Autódromo de Zolder, Heusden-Zolder, Limburg, Bélxica | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4´262 km | |
Distancia | 70 voltas, 298´340 km | |
Clima | Seco, ata 13º[1] | |
Pole position | ||
Piloto | Alain Prost | Renault |
Tempo | 1:15.701 | |
Volta rápida | ||
Piloto | John Watson | McLaren-Ford |
Tempo | 1:20.214 na volta 67 | |
Podio | ||
Primeiro | John Watson | McLaren-Ford |
Segundo | Keke Rosberg | Williams-Ford |
Terceiro | Eddie Cheever | Ligier-Matra |
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1982 disputouse en Zolder o 9 de maio de 1982. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1982, o 40º Gran Premio de Bélxica e o noveno, que se celebrou no Autódromo de Zolder.
Cualificación
O piloto canadense Gilles Villeneuve morreu nun accidente durante a última sesión de clasificación. No momento do accidente, o seu compañeiro de equipo Didier Pironi fixara un tempo de 0,1 segundos máis rápido que Villeneuve no sexto lugar. Os periodistas deportivos contemporáneos e máis recentes din que trataba de mellorar o seu tempo na súa última volta. Algúns suxiren que especificamente para vencer a Pironi debido ao seu cabreo por ser adiantado por el dúas semanas antes nas voltas finais de San Marino, cando Villeneuve cría que Pironi recibira a orde de permanecer detrás de el.[2][3] O biógrafo de Villeneuve Gerald Donaldson cita ao enxeñeiro de carreira de Ferrari Mauro Forghieri dicindo que o canadense, aínda que presionando ao seu xeito habitual, volvía a boxes co seu último xogo de pneumáticos de cualificación cando se produciu o accidente.[4] Si fora así, el non establecería un tempo nesa volta.
A falta de oito minutos para rematar a sesión, Villeneuve achegouse á primeira chicane e atopou a Jochen Mass que pilotaba moito máis lentamente a través de Butte, a curva a esquerdas antes da curva Terlamenbocht. Mass viu a Villeneuve achegándose a gran velocidade e moveuse cara á dereita para deixarlle un paso na trazada. No mesmo instante Villeneuve tamén se moveu á dereita para pasar a Mass. O Ferrari golpeou a parte traseira do coche de Mass e saíu lanzado polo aire a unha velocidade estimada entre 200 e 225 km/h. Voou polo aire máis de 100 m antes aterrar e desintegrarse, logo dun salto mortal ao longo do bordo da pista. Villeneuve, aínda atado ao seu asento, pero sen o seu casco, saíu lanzado a 50 m dos restos no cercado de captura no bordo exterior da curva Terlamenbocht.[4][5]
Varios pilotos detivéronse e correron ata o lugar. John Watson e Derek Warwick sacaron a Villeneuve da vala de seguridade.[6] O primeiro médico chegou á escena aos 35 segundos para atopar que Villeneuve non respiraba, aínda que tiña pulso, foi entubado e ventilado antes de ser trasladado ao centro médico do circuíto e logo en helicóptero ao Hospital Universitario de San Rafael onde foi diagnosticada unha fractura de pescozo mortal.[7] A Villeneuve mantivérono vivo artificialmente, mentres a súa esposa viaxaba ao hospital e os médicos consultaban con especialistas de todo o mundo. Morreu ás 9:12 da noite.
O equipo Ferrari retirouse da carreira tralo accidente e abandonou o circuíto. Os últimos oito minutos da fase de clasificación disputáronse logo da retirada dos restos do accidente. Ningún piloto mellorou os seus tempos, quedando os Renault de Alain Prost e René Arnoux na primeira fila da grella.[8]
Carreira
A carreira foi gañada por Watson por diante de Keke Rosberg e Eddie Cheever. Niki Lauda terminou en terceiro lugar na carreira, pero foi descualificado cando o seu coche foi atopado con baixo peso na verificación técnica posterior á carreira.
Clasificación
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 70 | 1:35:41.995 | 10 | 9 |
2 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Ford | 70 | + 7.268 | 3 | 6 |
3 | 25 | Eddie Cheever | Ligier-Matra | 69 | + 1 volta | 14 | 4 |
4 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 68 | + 2 voltas | 11 | 3 |
5 | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 67 | + 3 Laps | 8 | 2 |
6 | 20 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | 67 | + 3 voltas | 23 | 1 |
7 | 29 | Marc Surer | Arrows-Ford | 66 | + 4 voltas | 22 | |
8 | 18 | Raul Boesel | March-Ford | 66 | + 4 voltas | 24 | |
9 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 66 | + 4 voltas | 17 | |
DSC | 8 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 70 | Descualificado | 4 | |
Ret | 5 | Derek Daly | Williams-Ford | 60 | Trompo | 13 | |
Ret | 17 | Jochen Mass | March-Ford | 60 | Motor | 25 | |
Ret | 15 | Alain Prost | Renault | 59 | Trompo | 1 | |
Ret | 2 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 52 | Trompo | 9 | |
Ret | 30 | Mauro Baldi | Arrows-Ford | 51 | Acelerador | 26 | |
Ret | 31 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Ford | 37 | Á rota | 16 | |
Ret | 22 | Andrea de Cesaris | Alfa Romeo | 34 | Caixa de cambios | 6 | |
Ret | 4 | Brian Henton | Tyrrell-Ford | 33 | Motor | 20 | |
Ret | 3 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 29 | Motor | 5 | |
Ret | 35 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 29 | Transmisión | 19 | |
Ret | 36 | Teo Fabi | Toleman-Hart | 13 | Freos | 21 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 9 | Embrague | 7 | |
Ret | 16 | René Arnoux | Renault | 7 | Turbo | 2 | |
Ret | 9 | Manfred Winkelhock | ATS-Ford | 0 | Embrague | 12 | |
Ret | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 0 | Colisión | 15 | |
Ret | 10 | Eliseo Salazar | ATS-Ford | 0 | Colisión | 18 | |
NTS | 28 | Didier Pironi | Ferrari | Retirouse | |||
NTS | 27 | Gilles Villeneuve | Ferrari | Accidente mortal | |||
NSC | 14 | Roberto Guerrero | Ensign-Ford | ||||
NSC | 33 | Jan Lammers | Theodore-Ford | ||||
NSCP | 32 | Riccardo Paletti | Osella-Ford | ||||
NSCP | 19 | Emilio de Villota | March-Ford |
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1982 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1982 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1982 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1981 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1983 |
Notas
- Didier Pironi e todo o equipo Ferrari retiráronse e non competiron na carreira. Pironi sería o único piloto de Ferrari que participaría nas posteriores carreiras de Mónaco, Detroit (EE.UU.) e Canadá.
- Nesta carreira Chico Serra logrou o primeiro e único punto.
- ↑ Weather info for the 1982 Belgian Grand Prix Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. at Weather Underground
- ↑ "BBC Sport - Formula 1's greatest drivers. Number 12: Gilles Villeneuve". Bbc.co.uk. 2012-07-04. Consultado o 2012-08-21.
- ↑ Bamsey (1983) p.50, Lang (1992) pp.96–97, Watkins (1997) p.98 and Fearnley (May, 2007) all write that Villeneuve was attempting to beat Pironi. Jenkinson (June 1982) writes only that he "was in the middle of a last desperate bid to improve his grid position."
- ↑ 4,0 4,1 Donaldson (2003) pp.296–298
- ↑ Lang (1992) p.97
- ↑ Fearnley (May, 2007)
- ↑ Watkins (1997) pp.96–98
- ↑ Lang (1992) pp.95 99
Véxase tamén
Ligazóns externas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.
Bibliografía
- Libros
- Bamsey, Ian (1983). Automobile Sport 82-83. City: Haynes Manuals. ISBN 0-946321-01-9.
- Donaldson, Gerald (2003). Gilles Villeneuve. London: Virgin. ISBN 0-7535-0747-1.
- Lang, Mike (1992). Grand Prix! vol.4. Sparkford: Foulis. ISBN 0-85429-733-2.
- Roebuck, Nigel (1986). Grand Prix Greats. Cambridge: P. Stephens. ISBN 0-85059-792-7.
- Roebuck, Nigel (1999). Chasing the Title. City: Haynes Publications. ISBN 1-85960-604-0.
- Watkins, Sid (1997). Life at the Limit: Triumph and Tragedy in Formula One. City: Pan Books. ISBN 0-330-35139-7.
- Revistas
- Fearnley, Paul (May 2007). "It's war. Absolutely war". Motor Sport (Haymarket). pp. 52–61.