Gran Premio de España de 1974
Nome oficial | XX Gran Premio de España |
---|---|
Tipo | Gran Premio de España |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto do Jarama (San Sebastián de los Reyes) 40°37′02″N 3°35′08″O / 40.617111111111, -3.5855833333333Coordenadas: 40°37′02″N 3°35′08″O / 40.617111111111, -3.5855833333333 |
País | España |
Data | 28 de abril de 1974 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Niki Lauda |
O Gran Premio de España de 1974 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 28 de abril de 1974 en Madrid. Foi a cuarta proba da tempada de 1974.
Resumo da carreira
A carreira presentábase máis aberta que nunca, tres pilotos diferentes de diferentes equipos gañaran as tres primeiras carreiras e un piloto que non gañara nada, Clay Regazzoni lideraba o campionato. Niki Lauda logrou a pole por diante de Ronnie Peterson nunha sesión de clasificación interrompida por un grande accidente de Patrick Depailler. Na carreira, foi Peterson quen liderou desde a saída, cando comezou a chover. A medida que secouse a pista, os coches metéronse nos boxes para cambiar os pneumáticos.
O Ferrari de Lauda fixo a parada en 35 segundos, o que lle permitiu tomar a dianteira e xunto ó seu compañeiro Regazzoni encabezaron a carreira, foi a primeira vitoria de Niki Lauda . Arturo Merzario perdeu a oportunidade de terminar nos puntos ó golpear contra o muro cando ía cuarto. Emerson Fittipaldi mantívose terceiro logo dunha dura loita con Hans-Joachim Stuck, mentres que Jody Scheckter logrou os seus primeiros puntos.
O piloto español Jorge de Bagration, tratou de participar na carreira, pero os seus esforzos foron vítimas dun conxunto infrecuente de circunstancias, comprara un Surtees - Ford TS16 para a carreira, e foi incluído na lista de inscritos. Desafortunadamente esta lista foi extraviada polo presidente saínte da Federación española de automobilismo. Cando elaborouse unha nova lista de entrada, debido dalgúns problemas de patrocinio que Bagration estaba experimentando, foi omitido dela. A pesar disto debería ser incluído na lista de participantes. Así terminou as súas esperanzas de competir ó nivel máis alto de automobilismo.
Clasificación
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 84 | 2:00:29.56 | 1 | 9 |
2 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 84 | + 35.61 | 3 | 6 |
3 | 5 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 83 | + 1 volta | 4 | 4 |
4 | 9 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 82 | + 2 voltas | 13 | 3 |
5 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 82 | + 2 voltas | 9 | 2 |
6 | 6 | Denny Hulme | McLaren-Ford | 82 | + 2 voltas | 8 | 1 |
7 | 16 | Brian Redman | Shadow-Ford | 81 | + 3 voltas | 21 | |
8 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 81 | + 3 voltas | 16 | |
9 | 33 | Mike Hailwood | McLaren-Ford | 81 | + 3 voltas | 17 | |
10 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 81 | + 3 voltas | 10 | |
11 | 28 | John Watson | Brabham-Ford | 80 | + 4 voltas | 15 | |
12 | 15 | Henri Pescarolo | BRM | 80 | + 4 voltas | 20 | |
13 | 18 | Carlos Pace | Surtees-Ford | 78 | + 6 voltas | 14 | |
14 | 23 | Tim Schenken | Trojan-Ford | 76 | Trompo | 25 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 73 | Non clasificado | 12 | |
Ret | 26 | Graham Hill | Lola-Ford | 43 | Motor | 19 | |
Ret | 20 | Arturo Merzario | Iso Marlboro-Ford | 37 | Accidente | 7 | |
Ret | 19 | Jochen Mass | Surtees-Ford | 35 | Caixa de cambios | 18 | |
Ret | 37 | François Migault | BRM | 27 | Motor | 22 | |
Ret | 2 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 26 | Freos | 5 | |
Ret | 1 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 23 | Motor | 2 | |
Ret | 30 | Chris Amon | Amon-Ford | 22 | Freos | 23 | |
Ret | 8 | Rikky von Opel | Brabham-Ford | 14 | Fuga aceite | 24 | |
Ret | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 12 | Trompo | 6 | |
Ret | 14 | Jean-Pierre Beltoise | BRM | 2 | Motor | 11 | |
NSC | 27 | Guy Edwards | Lola-Ford | ||||
NSC | 21 | Tom Belsø | Iso Marlboro-Ford |
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1974 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1974 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1974 |
Carreira anterior: Gran Premio de España de 1973 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1975 |