Gran Premio de Luxemburgo de 1998
Nome oficial | VI Großer Warsteiner Preis von Luxemburg |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Luxemburgo |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998 |
Distancia do evento | 67 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Luxemburgo |
Data | 27 de setembro de 1998 |
Competición | |
Primeiro posto | Mika Häkkinen |
Pole position | Michael Schumacher |
Volta máis rápida | Mika Häkkinen |
O Gran Premio de Luxemburgo de 1998 (oficialmente VI Großer Warsteiner Preis von Luxemburg) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring, Nürburg, o 27 de setembro de 1998. Foi a décimo quinta e penúltima carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998. A carreira de 67 voltas foi gañada por Mika Häkkinen para o equipo McLaren. Michael Schumacher terminou segundo pilotando un Ferrari, con David Coulthard terceiro no outro McLaren.
Informe
A falta de dúas carreiras na tempada, os pilotos Mika Häkkinen de McLaren e Michael Schumacher loitaban polo título de piltos. Estaban empatados a 80 puntos con Häkkinen por diante no contador. Con todo o era o momento de Schumacher que gañara a carreira anterior en Monza, mentres que Häkkinen non gañara unha carreira desde o Gran Premio de Alemaña catro carreiras antes.
Ferrari copou a primeira fila con Schumacher na pole por diante de Eddie Irvine. Häkkinen foi o terceiro cualificado. No inicio, Irvine pasou a Schumacher para tomar o liderado, pero deixou pasar ao seu líder do equipo ao final da primeira volta e, posteriormente, retivo a Häkkinen. O finlandés pasouno na chicana Veedol na volta 14 e comezou a acercarse a Schumacher. O alemán entrou en boxes na volta 24, mentres que Häkkinen quedou fóra ata a volta 28, saíndo da súa parada por diante de Schumacher aínda que por menos dun segundo. Häkkinen resistiu a presión de Schumacher durante o segundo período e mantívose por pouco no liderado durante a segunda rolda de boxes. Na última parada Häkkinen afastouse de Schumacher, ampliando a súa vantaxe a cinco segundos antes de afloxar nas voltas para obter a vitoria por 2´2 segundos sobre Schumacher, co outro McLaren de David Coulthard completando o podio logo de superar a Irvine na primeira rolda de pitstops. A vitoria deu a Häkkinen unha vantaxe de catro puntos no campionato antes da carreira final en Suzuka, o que significaba que só necesitaría o segundo posto para conseguir o seu primeiro título.
Clasificación
Clasificación
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:18.561 | — |
2 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:18.907 | +0.346 |
3 | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:18.940 | +0.379 |
4 | 5 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 1:19.048 | +0.487 |
5 | 7 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:19.169 | +0.608 |
6 | 10 | Ralf Schumacher | Jordan-Mugen-Honda | 1:19.455 | +0.894 |
7 | 2 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Mecachrome | 1:19.522 | +0.961 |
8 | 6 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 1:19.569 | +1.008 |
9 | 1 | Jacques Villeneuve | Williams-Mecachrome | 1:19.631 | +1.070 |
10 | 9 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 1:19.807 | +1.246 |
11 | 14 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 1:20.493 | +1.932 |
12 | 18 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 1:20.530 | +1.969 |
13 | 15 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 1:20.650 | +2.089 |
14 | 12 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 1:20.709 | +2.148 |
15 | 11 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 1:21.048 | +2.487 |
16 | 17 | Mika Salo | Arrows | 1:21.120 | +2.559 |
17 | 16 | Pedro Diniz | Arrows | 1:21.258 | +2.697 |
18 | 19 | Jos Verstappen | Stewart-Ford | 1:21.501 | +2.940 |
19 | 21 | Toranosuke Takagi | Tyrrell-Ford | 1:21.525 | +2.964 |
20 | 22 | Shinji Nakano | Minardi-Ford | 1:22.078 | +3.517 |
21 | 23 | Esteban Tuero | Minardi-Ford | 1:22.146 | +3.585 |
22 | 20 | Ricardo Rosset | Tyrrell-Ford | 1:22.822 | +4.261 |
107% tempo: 1:24.060 | |||||
Fonte:[1] |
Carreira
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 67 | 1:32:14.789 | 3 | 10 |
2 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 67 | +2.211 | 1 | 6 |
3 | 7 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 67 | +34.163 | 5 | 4 |
4 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 67 | +58.182 | 2 | 3 |
5 | 2 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Mecachrome | 67 | +1:00.247 | 7 | 2 |
6 | 5 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 67 | +1:01.359 | 4 | 1 |
7 | 6 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 67 | +1:04.789 | 8 | |
8 | 1 | Jacques Villeneuve | Williams-Mecachrome | 66 | +1 volta | 9 | |
9 | 9 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 66 | +1 volta | 10 | |
10 | 14 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 66 | +1 volta | 11 | |
11 | 18 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 65 | +2 voltas | 12 | |
12 | 11 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 65 | +2 voltas | 15 | |
13 | 19 | Jos Verstappen | Stewart-Ford | 65 | +2 voltas | 18 | |
14 | 17 | Mika Salo | Arrows | 65 | +2 voltas | 16 | |
15 | 22 | Shinji Nakano | Minardi-Ford | 65 | +2 voltas | 20 | |
16 | 21 | Toranosuke Takagi | Tyrrell-Ford | 65 | +2 voltas | 19 | |
Ret | 23 | Esteban Tuero | Minardi-Ford | 56 | Motor | 21 | |
Ret | 10 | Ralf Schumacher | Jordan-Mugen-Honda | 53 | Freos | 6 | |
Ret | 15 | Reino Unido Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 37 | Motor | 13 | |
Ret | 20 | Ricardo Rosset | Tyrrell-Ford | 36 | Motor | 22 | |
Ret | 12 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 6 | Transmisión | 14 | |
Ret | 16 | Pedro Diniz | Arrows | 6 | Hidráulica | 17 | |
fonte:[2]
|
Posicións logo da carreira
- Texto en grosa indica quen aínda ten probabilidades teóricas de converterse en campión do mundo.
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Xapón de 1998 |
Carreira anterior: Gran Premio de Luxemburgo de 1997 |
Gran Premio de Luxemburgo | Carreira seguinte: 'Non houbo' |
Notas
- ↑ F1, STATS. "Luxembourg 1998 - Qualifications • STATS F1". www.statsf1.com (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2018.
- ↑ "1998 Luxembourg Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.