Gran Premio do Canadá de 1980

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Canadá de 1980
Nome oficialXIX Canadian Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Canadá Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento70 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,361 km Editar o valor en Wikidata
PaísCanadá Editar o valor en Wikidata
Data28 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAlan Jones Editar o valor en Wikidata
Pole positionNelson Piquet Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaDidier Pironi Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Canadá de 1980 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto Île Notre-Dame, Montreal, Canadá o 28 de setembro de 1980. A carreira, foi a 13ª e penúltima carreira da tempada de 1980, o 19º Gran Premio do Canadá e o terceiro, que se celebrou en Montreal. A carreira disputouse sobre 70 voltas ao circuíto de 4´41 quilómetros de lonxitude para unha distancia total de carreira de 309 quilómetros.

Resumo da carreira

O piloto australiano Alan Jones, pilotando un Williams FW07B, gañou o seu segundo Gran Premio do Canadá consecutivo, que xunto coa retirada do Brabham BT49 do piloto brasileiro Nelson Piquet debido ao fallo do seu motor Cosworth DFV, permitiulle a Jones asegurar o campionato de pilotos de 1980. Jones converteuse no segundo australiano en lograr o campionato do mundo, un título que gañara por última vez Jack Brabham en 1966. O primeiro Campionato de pilotos para Williams Grand Prix Engineering, engadiuse ao seu primeiro campionato de construtores, logrado dúas semanas antes no Gran Premio de Italia.

A breve reaparición de Vittorio Brambilla, chegara ao seu fin coa retirada do veterano italiano da Fórmula Un. Alfa Romeo o substituíu polo mozo Andrea de Cesaris, que fixo o seu debut nun Gran Premio, como o fixo adolescente neozelandés Mike Thackwell. Thackwell subiu a bordo do terceiro Tyrrell 010 acadando a marca como o piloto máis novo da historia en iniciar un Gran Premio, unha marca que tiña desde había 19 anos o falecido mexicano Ricardo Rodríguez. O rexistro manteríase durante 29 anos ata que rompeuno Jaime Alguersuari en 2009.

Piquet logrou a pole por diante de Jones, usando un coche distinto ao da carreira cunhas especificacións distintas para a cualificación. Na saída Jones intentou pasar a Piquet pero tocáronse,[1][2] desencadeando un choque múltiple en cadea. A colisión involucrou a Jean-Pierre Jarier (Tyrrell 010), Derek Daly (Tyrrell 010), Emerson Fittipaldi (Fittipaldi F8), Keke Rosberg (Fittipaldi F8), Mario Andretti (Lotus 81), Gilles Villeneuve (Ferrari 312T5) e Jochen Mass (Arrows A3). Piquet, Fittipaldi, Villeneuve, Andretti e Mass volveron a saír nos coches de reposto (muletto), no caso de Piquet co coche que usou na cualificación e Rosberg no mesmo coche reparado. Os Tyrrell de Daly e Jarier quedaron inutilizados polo que o terceiro Tyrrell 010 de Thackwell pasou a Jarier e Daly colleu o muletto. Aínda así Daly, non puido reiniciar a carreira. Emerson Fittipaldi tamén cedeu seu coche a Keke Rosberg, preferindo comezar co muletto. Na reanudación, 50 minutos máis tarde, Didier Pironi anticipouse na saída, polo que foi penalizado ao finalizar a carreira, Jones partiu primeiro ata que foi adiantado por Piquet logo de dúas voltas, Piquet era primeiro, seguido por Jones, Pironi, Watson, Reutemann e Laffite, pero na volta 23, Piquet veu esfumarse a esperanza de gañar o título, o motor Ford Cosworth do seu Brabham explotou.[3] Dúas voltas máis tarde Jean-Pierre Jabouille estrelou o seu Renault RE20 fortemente, resultando gravemente ferido nas súas pernas. Jabouille tivo que ser excarcerado do coche.

Jones liderou de novo ata que Pironi logrou pasalo e gañar a carreira, pero Pironi foi sancionado con 60 segundos por saltarse a saída. Finalmente quedou terceiro por detrás de Jones e Reutemann. Alain Prost sería terceiro ou segundo de non ser por un fallo na suspensión que provocou un accidente no seu McLaren M30. Watson adiantou a Reutemann cando este fixo un trompo e terminou cuarto no seu McLaren. O heroe local Villeneuve logrou a quinta posición para Ferrari nun fin de semana triste que viu ao campión do mundo saínte Jody Scheckter incapaz de cualificar o seu Ferrari 312T5. O último punto foi para Héctor Rebaque no seu Brabham BT49 logo de que Jacques Laffite quedase sen combustible no seu Ligier JS11/15 nas últimas voltas.[4]

O primeiro e segundo lugar do campionato decidiríanse no Gran Premio dos Estados Unidos de 1980 aínda por chegar, a terceira praza tamén estaba teoricamente aberta con Laffite oito puntos por detrás de Reutemann. O segundo lugar no campionato de construtores estaba por decidir con Brabham só cinco puntos por detrás de Ligier.

Clasificación

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 27 Australia Alan Jones Williams-Ford 70 1:46:45.53 2 9
2 28 Carlos Reutemann Williams-Ford 70 +15.54 segs 5 6
3 25 Francia Didier Pironi Ligier-Ford 70 +19.07 segs 3 4
4 7 John Watson McLaren-Ford 70 +30.98 segs 7 3
5 2 Gilles Villeneuve Ferrari 70 +55.23 segs 22 2
6 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 69 +1 volta 10 1
7 3 Francia Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 69 +1 volta 15
8 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Ford 68 Sen combustible 9
9 21 Finlandia Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 68 +2 voltas 6
10 12 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 68 +2 voltas 17
11 30 Alemaña Jochen Mass Arrows-Ford 67 +3 voltas 21
12 14 Países Baixos Jan Lammers Ensign-Ford 66 +4 voltas 19
Ret 8 Francia Alain Prost McLaren-Ford 41 Suspensión 12
Ret 16 Francia René Arnoux Renault 39 Freos 23
Ret 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 25 Suspensión/Accidente 13
Ret 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 23 Motor 1
Ret 11 Mario Andretti Lotus-Ford 11 Motor 18
Ret 22 Italia Andrea de Cesaris Alfa Romeo 8 Motor 8
Ret 31 Eddie Cheever Osella-Ford 8 Sistema combustible 14
Ret 20 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 8 Caixa de cambios 16
Ret 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 7 Chasis 4
Ret 29 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 6 Accidente 11
Ret 4 Derek Daly Tyrrell-Ford 0 Accidente 20
Ret 43 Mike Thackwell Tyrrell-Ford 0 Coche cedido a Jarier 24
NSC 9 Suíza Marc Surer ATS-Ford
NSC 1 Unión Sudafricana Jody Scheckter Ferrari
NSC 50 Rupert Keegan Williams-Ford
NSC 51 Kevin Cogan Williams-Ford

Líderes por volta

Posicións logo da carreira

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os mellores 5 resultados das primeiras 7 carreiras e os 5 mellores resultados das últimas 7 carreiras contan para o campionato de pilotos. Números sen paréntesis son puntos no Campionato; os números entre paréntesis son os puntos totais anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1980
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1980
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1980
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1979
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1981

Notas

  1. http://grandprix.com/gpe/rr341.html
  2. http://www.youtube.com/watch?v=uDc3DbUISS0
  3. Jones, Bruce (1998). "The 1980s". The Complete Encyclopedia of Formula One (First ed.). London: Carlton Books. p. 52. ISBN 1 85868 515 X. 
  4. "Grand Prix Results: Canadian GP, 1980". GP Encyclopedia. Inside F1, Inc. Consultado o 2012-04-28. 

Véxase tamén

Ligazóns externas