Gran Premio do Reino Unido de 1998
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 9 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1998. | ||
Trazado do circuíto de Silverstone de 1997 | ||
Data | 12 de xullo de 1998 | |
Nome oficial | LI British Grand Prix | |
Localización | Circuíto de Silverstone, Silverstone, Reino Unido | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 5´140 km | |
Distancia | 60 voltas, 308´400 km | |
Clima | Chuvia, pista mollada | |
Pole position | ||
Piloto | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:23.271 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Michael Schumacher | Ferrari |
Tempo | 1:35.704 na volta 12 | |
Podio | ||
Primeiro | Michael Schumacher | Ferrari |
Segundo | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes |
Terceiro | Eddie Irvine | Ferrari |
O Gran Premio do Reino Unido de 1998 (oficialmente o LI RAC British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de xullo de 1998 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a novena rolda da tempada de Fórmula Un de 1998. A carreira de 60 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando un Ferrari tras comezar desde a segunda posición. Mika Häkkinen, que comezou desde a pole position, terminou segundo con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a cuarta da tempada, e a súa terceira vitoria consecutiva logo de gañar no Canadá e no Gran Premio de Francia, pero foi baixo circunstancias controvertidas, evitou un stop-and-go ao ingresar no pit lane para facelo na última volta, cruzando a liña de chegada no pit lane para gañar a carreira antes de chegar ao seu box, aínda que a penalozacoón foi posteriormente rescindida.
Informe
Clasificación
Mika Häkkinen logoru a pole por case medio segundo sobre o seu rival Michael Schumacher. Jacques Villeneuve tomou a terceira posición, mentres que o compañeiro de equipo de Häkkinen, David Coulthard, clasificouse na cuarta posición. A Ralf Schumacher e Olivier Panis elimináronlles os tempos porque non puideron saír dos seus coches o suficientemente rápido durante un simulacro de seguridade da FIA, para practicar a evacuación da cabina en caso de incendio. Ralf Schumacher trompeou e calou o motor no inicio da clasificación e cualificou no coche de reposto, que estaba preparado para o seu compañeiro de equipo, Damon Hill.
Carreira
A choiva caeu durante a mañá antes da carreira. Aínda que a choiva parou antes do inicio, houbo unha mestura de zonas húmidas e secas no circuíto e, como resultado, todos menos dous coches comezaron con pneumáticos de composto intermedios. Os dous Stewart-Fords decidiron comezar con pneumáticos de seco.[1] A primeira retirada chegou logo de 13 voltas, cando Damon Hill perdeu o control na pista húmida mentres loitaba con Villeneuve polo sétimo lugar. Tras 16 voltas, comezou a chover novamente, e moitos pilotos montaron o pneumático de chuvia. Johnny Herbert trompeou e regresou á pista, pero danou o seu coche e retirouse ao chegar aos boxes.
David Coulthard, con intermedios, trompeou na volta 38 mentres pasaba a un dobrado. Jarno Trulli trompeou na mesma volta que Coulthard cando Barrichello trompeou e bateu contra o muro no Club na volta 40. O seu compañeiro de equipo de McLaren Mercedes Mika Häkkinen construíu unha vantaxe de 49 segundos sobre o segundo piloto, Michael Schumacher cando catro voltas despois saíuse do circuíto, fixo un trompo completo de 360º antes de continuar. O incidente danou o alerón dianteiro do seu coche e custoulle 10 segundos de ventaxe pero logo de varias voltas de empeoramento das condicións climatolóxicas, saíu o coche de seguridade que desacelerou os coches e eliminou por completo a vantaxe de Häkkinen sobre Schumacher.[2]
A carreira reiniciouse na volta 50 e só pasaron dúas voltas antes de que Häkkinen cometese outro erro, o que puxo a Schumacher á cabeza. O alemán rapidamente distanciose do seu rival, que agora estaba cuidaba o seu McLaren.
No entanto, dúas voltas antes do final, Schumacher recibiu unha penalización de stop & go por pasar Giancarlo Fisichella[3] co coche de seguridade na pista na volta 43. Tiña que entrar aos pits dentro de tres voltas para cumprir a súa penalización, o que fixo entrando no pit lane na última volta da carreira, pero ao facelo cruzou a liña de meta, que se estende ao longo do pit lane, antes de chegar ao seu boxs e gañou a carreira sen cumprir a penalización. O seu equipo argumentou que a penalización debería emitirse no prazo de 25 minutos logo do incidente, pero que foron informados logo de 31 minutos. Tamén argumentaron que a notificación manuscrita non estaba clara en canto a que penalización se emitiu realmente: un stop-and-go ou unha suma de 10 segundos ao tempo de carreira de Schumacher. Os comisarios entón decidiron aplicar a adición de 10 segundos despois da carreira. Con todo, a penalización de tempo adicional só se pode empregar para castigar unha infracción nas últimas 12 voltas dun Gran Premio, polo que non se aplicou aquí. Os comisarios eventualmente cancelaron a penalización por completo.[4] Presentouse unha protesta por parte de McLaren e Mercedes, que se sentían enganados por Ferrari por non ter Schumacher que cumprir a penalización, pero esta foi rexeitado pola FIA. Como resultado, os tres comisarios entregaron as súas licenzas nunha reunión extraordinaria do Consello Mundial da FIA.[5]
Clasificación
Cualificación
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Volta | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:23.271 | — |
2 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:23.720 | +0.449 |
3 | 1 | Jacques Villeneuve | Williams-Mecachrome | 1:24.102 | +0.831 |
4 | 7 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:24.310 | +1.039 |
5 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:24.436 | +1.165 |
6 | 2 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Mecachrome | 1:24.442 | +1.171 |
7 | 9 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 1:24.542 | +1.271 |
8 | 14 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 1:25.081 | +1.810 |
9 | 15 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 1:25.084 | +1.813 |
10 | 5 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 1:25.654 | +2.383 |
11 | 6 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 1:25.760 | +2.489 |
12 | 16 | Pedro Diniz | Arrows | 1:26.376 | +3.105 |
13 | 17 | Mika Salo | Arrows | 1:26.487 | +3.216 |
14 | 12 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 1:26.808 | +3.537 |
15 | 19 | Jos Verstappen | Stewart-Ford | 1:26.948 | +3.677 |
16 | 18 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 1:26.990 | +3.719 |
17 | 21 | Toranosuke Takagi | Tyrrell-Ford | 1:27.061 | +3.790 |
18 | 23 | Esteban Tuero | Minardi-Ford | 1:28.051 | +4.780 |
19 | 22 | Shinji Nakano | Minardi-Ford | 1:28.123 | +4.852 |
20 | 20 | Ricardo Rosset | Tyrrell-Ford | 1:28.608 | +5.337 |
21 | 10 | Ralf Schumacher | Jordan-Mugen-Honda | Sen tempo[6] | — |
22 | 11 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | Sen tempo[6] | — |
Carreira
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Michael Schumacher | Ferrari | 60 | 1:47:02.450 | 2 | 10 |
2 | 8 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 60 | +22.465 | 1 | 6 |
3 | 4 | Eddie Irvine | Ferrari | 60 | +29.199 | 5 | 4 |
4 | 6 | Alexander Wurz | Benetton-Playlife | 59 | +1 volta | 11 | 3 |
5 | 5 | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife | 59 | +1 volta | 10 | 2 |
6 | 10 | Ralf Schumacher | Jordan-Mugen-Honda | 59 | +1 volta | 21 | 1 |
7 | 1 | Jacques Villeneuve | Williams-Mecachrome | 59 | +1 volta | 3 | |
8 | 22 | Shinji Nakano | Minardi-Ford | 58 | +2 voltas | 19 | |
9 | 21 | Toranosuke Takagi | Tyrrell-Ford | 56 | +4 voltas | 17 | |
Ret | 14 | Jean Alesi | Sauber-Petronas | 53 | Eléctrico | 8 | |
Ret | 16 | Pedro Diniz | Arrows | 45 | Trompo | 12 | |
Ret | 11 | Olivier Panis | Prost-Peugeot | 40 | Trompo | 22 | |
Ret | 18 | Rubens Barrichello | Stewart-Ford | 39 | Accidente | 16 | |
Ret | 19 | Jos Verstappen | Stewart-Ford | 38 | Motor | 15 | |
Ret | 7 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 37 | Trompo | 4 | |
Ret | 12 | Jarno Trulli | Prost-Peugeot | 37 | Trompo | 14 | |
Ret | 20 | Ricardo Rosset | Tyrrell-Ford | 29 | Trompo | 20 | |
Ret | 23 | Esteban Tuero | Minardi-Ford | 29 | Trompo | 18 | |
Ret | 15 | Johnny Herbert | Sauber-Petronas | 27 | Trompo | 9 | |
Ret | 17 | Mika Salo | Arrows | 27 | Trompo | 13 | |
Ret | 2 | Heinz-Harald Frentzen | Williams-Mecachrome | 15 | Trompo | 6 | |
Ret | 9 | Damon Hill | Jordan-Mugen-Honda | 13 | Trompo | 7 | |
fonte:[7]
|
Posicións logo da carreira
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1998 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1998 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1998 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1997 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1999 |
Notas
- ↑ Autosport.com: British Grand Prix Review
- ↑ BBC News:Schumacher wins British GP
- ↑ Lindsay, Alasdair. "Classic British Grand Prix: 1998". The Checkered Flag. Consultado o 10 de xullo 2018.
- ↑ "Scandal at Silverstone"
- ↑ "...but the stewards get the axe"
- ↑ 6,0 6,1 Os tempos de clasificación de Ralf Schumacher e Olivier Panis foron eliminados porque fallaron nun simulacro de seguridade da FIA.
- ↑ "1998 British Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.