Groselleira negra
Groselleira negra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Ribes nigrum' L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 264 kJ (63 kcal) |
15.4 g | |
0.4 g | |
1.4 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 4% 0.05 mg |
Riboflavina (B2) | 4% 0.05 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.3 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 8% 0.398 mg |
Vitamina B6 | 5% 0.066 mg |
Vitamina C | 218% 181 mg |
Vitamina E | 7% 1 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 6% 55 mg |
Ferro | 12% 1.54 mg |
Magnesio | 7% 24 mg |
Manganeso | 12% 0.256 mg |
Fósforo | 8% 59 mg |
Potasio | 7% 322 mg |
Sodio | 0% 2 mg |
Cinc | 3% 0.27 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 82 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A groselleira negra (Ribes nigrum), é un arbusto frondoso do xénero Ribes, non espiñento, de 1,50 m de alto, que bota un olor diferenciado e desagradábel, e cuxo froito, a grosella negra, é unha baga agre mais comestíbel. Non é común o cultivo en Galiza.
Descrición
Orixinario de Europa oriental e central, pertence ao mesmo xénero cás demais groselleiras. Ten follas lobuladas, dentadas, cuxo envés é pálido con glándulas secretoras amarelas. As flores da groselleira negra son arrubiadas no interior e verdosas por fóra, formando un cáliz piloso, de maior tamaño cá corola.
O seu froito é a grosella negra, unha baga que nace en acios de grans negros, polposos, con pela lisa e recendentes, envoltos polos cálices das flores de onde saen. O zume de grosella negra é escuro, acidulado e aromático. Moi apreciado en Francia pola súa utilización en repostaría, como bebida alcólica e en perfumaría.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/Blackcurrant_1.jpg/240px-Blackcurrant_1.jpg)
Produción
A maior produción dáse en Polonia. A grosella negra descoñecíase na cultura clásica grecorromana e na Idade Media, e foi introducida en Francia a partir da Idade Moderna. No século XIX, pasou a ser apreciada polas súas propiedades curativas e tamén como aromatizador de viños e destilados. En Galiza aínda é bastante descoñecida, agás na xardinaxe ou na alta cociña.
Utilidades
Medicina
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/Blackcurrants.jpg/240px-Blackcurrants.jpg)
Cientificamente, demostrouse que o óleo da semente de groselleira negra ten un moderado efecto inmunolóxico atribuíbel á súa capacidade para reducir a produción de prostaglandina E2.[1] Outros estudos atribúenlle á baga da groselleira negra propiedades antioxidantes e antimicrobianas[2][3]
Ademais, a groselleira negra ten unha gran cantidade de vitamina C, polo que tradicionalmente se usou para previr doenzas como o escorbuto.
Repostaría
O seu sabor agre e moi acedo evita que se consuma crúa. Porén, utilízase como ingrediente de tortas, sorbetes, xelatinas e confeituras. En cociña, úsase como fondo de pratos e puré.[4] En Francia faise un licor chamado crème de cassis.
Taxonomía
Ribes nigrum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 201. 1753.[5]
- Botrycarpum nigrum (L.) A. Rich.
- Botrycarpum obtusilobum Opiz
- Grossularia nigra (L.) Rupr.
- Ribes cyathiforme Pojark.
- Ribes nigrum var. europaeum Jancz.
- Ribes nigrum var. pauciflorum (Turcz. ex Ledeb.) Jancz.
- Ribes olidum Moench
- Ribes pauciflorum Turcz. ex Ledeb.
- Ribesium nigrum (L.) Medik.[6]
Notas
- ↑ Wu, Dayong; Meydani, Mohsen; Leka, Lynette S; Nightingale, Zachary; Handelman, Garry J; Blumberg, Jeffrey B; Meydani, Simin Nikbin (1999). "Effect of dietary supplementation with black currant seed oil on the immune response of healthy elderly subjects". The American Journal of Clinical Nutrition (en inglés) 70 (4): 536–543. Consultado o 13 de marzo de 2012.
- ↑ Heinonen, M (2007). "Antioxidant activity and antimicrobial effect of berry phenolics--a Finnish perspective". Molecular nutrition & food research 51 (6): 684–91. PMID 17492800. doi:10.1002/mnfr.200700006.
- ↑ Seeram, NP (2008). "Berry fruits: compositional elements, biochemical activities, and the impact of their intake on human health, performance, and disease". Journal of Agricultural and Food Chemistry 56 (3): 627–9. PMID 18211023. doi:10.1021/jf071988k.
- ↑ Slater, Nigel (2010). Tender, vol.2: a cook's guide to the fruit garden. Reino Unido: Fourth Estate. p. 592. ISBN 0007325215.
- ↑ "Groselleira negra". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de dicembro de 2012.
- ↑ "Groselleira negra en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 02 de marzo de 2013.
Véxase tamén
Bibliografía
- Flora of China Editorial Committee. 1988-2013. Fl. China Unpaginated. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of China Editorial Committee. 2001. Fl. China 8: 1–506. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of North America Editorial Committee. 2009. Magnoliophyta: Paeoniaceae to Ericaceae. 8: i–xxiv, 1–585. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.