Haarlem

Coordenadas: 52°23′N 4°38′L / 52.383, -4.633

Haarlem
Grote Kerk
Localización
Haarlem en Países Baixos
Haarlem
Haarlem
PaísPaíses Baixos Países Baixos
Provincia Holanda Setentrional
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie32,09 km²
Demografía
Poboación155.758 hab. (2014)
Densidade5.331 hab/km²
XentilicioHaarlemmer
Outros datos
Código postal2000–2037, 2063
AlcaldeBernt Schneiders (PvdA)
Páxina oficial

Haarlem é un concello e cidade dos Países Baixos, sendo a capital da provincia de Holanda Setentrional, a parte norte de Holanda, a cal foi unhas das máis poderosas das sete provincias da República Neerlandesa. A cidade está ás beiras do río Spaarne, ao redor de 20 km ao oeste de Ámsterdan e preto das dunas costeiras.

Foi o centro histórico do distrito de cultivo de tulipáns durante séculos e é alcumada por este motivo "Bloemenstad" (Cidade Flor). O concello de Haarlem tamén comprende parte da vila de Spaarnwoude, unha nova urbanización que forma parte da municipalidade de Haarlemmerliede en Spaarnwoude. O lema da cidade é Vicit vim virtus, en latín A virtude superou á violencia.

Economía

A economía desta cidade holandesa céntrase na industria floral (sobre todo tulipáns), cervexeira, téxtil e chocolateira.

Edificios famosos e lugares de interese

Haarlem no século XVII
Muíño de vento De Adriaan en Haarlem

A cidade é famosa polos seus moitos hofje, asilos construídos ao redor de patios, que eran principalmente hospicios de fundación privada para anciás solteiras. Hoxe en día quedan 19 en Haarlem, moitos abertos ao público durante fins de semana. Moitos deles seguen pertencendo ás fundacións orixinais, e aínda se usan para mulleres solteiras anciás.

  • Praza Grote Markt (Praza do Mercado Central), coa Casa do Concello, o Vleesha, o Hoofdwacht e o Grote ou Sint-Bavokerk. Aquí está a estatua de Cooster.
  • Catedral de San Bavo.

As principais visitas de interese son dous museos:

  • Museo Teylers (Teylers Museum). é o museo máis antigo dos Países Baixos. Está dedicado ás artes e as ciencias.
  • Museo Frans Hals (Frans Hals Museum99), adicado a obras de Frans Hals e outros pintores da Idade de Ouro da pintura holandesa.

Ademais, poden verse:

  • Muíño de vento De Adriaan.
  • A ponte da cidade, o Amsterdamse Poort.
  • A estación de ferrocarril de Haarlem, de estilo modernista.
  • Teatro De Toneelschuur.
  • A casa Corrie ten Boom.
  • Vila Welgelegen.
  • Os barrios Bosch e Vaart.

Véxase tamén

Ligazóns externas