Harvard Dictionary of Music
O Harvard Dictionary of Music (en galego: Dicionario Harvard da música) é un dicionario enciclopédico de música publicado por Belknap Press, de Harvard University Press.
Edicións
Esta obra foi editada en diversas ocasións:
- En 1944 publicouse a primeira edición, da que se encargou Willi Apel.
- En 1969 saíu á luz a segunda edición, tamén editada por Apel.
- En 1986 un novo editor, Don Michael Randel, fíxose cargo da terceira edición. O libro foi retitulado como The New Harvard Dictionary of Music (en galego: Novo Dicionario Harvard da música). Esta edición contou coa ampliación da cobertura da música ao século XX e á música non occidental, así como a inclusión de información sobre jazz e música popular por primeira vez.
- En 2003 aparece a cuarta e derradeira edición ata hoxe, tamén editada por Randel. Nesta ocasión, o libro recupera o seu antigo título.
De xeito diferente a algúns outros libros de referencia estándar da música, o Harvard Dictionary of Music non inclúe entradas biográficas. Os datos biográficos pódense atopar nun volume complementario, The Harvard Biographical Dictionary of Music (en galego: Dicionario Harvard biográfico da música), publicado en 1996, que contén aproximadamente 5.500 entradas.
Véxase tamén
Bibliografía
- Apel, Willi (ed.): Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 1969 [1944].
- Randel, Don Michael & Apel, Willi (eds.): The New Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 1986.
- Randel, Don Michael (ed.): The Harvard Biographical Dictionary of Music. Harvard University Press, 1996.
- Randel, Don Michael (ed.): The Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 2003.