Iván Bilibin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1876 (Xuliano) Tarkhovka, Rusia (en) |
Morte | 7 de febreiro de 1942 (65 anos) San Petersburgo (Unión Soviética) |
Causa da morte | Fame |
Lugar de sepultura | cemiterio Smolensky |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Unión Soviética |
Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador , pintor , artista gráfico |
Xénero artístico | Book illustration (en) |
Influencias | |
Lingua | Lingua rusa |
Obra | |
Arquivos en |
|
Iván Yákovlevich Bílibin (en ruso: Иван Яковлевич Билибин) nado o 16 de agosto de 1876 e finado o 7 de febreiro de 1942, foi un dos ilustradores máis influentes do século XX e deseñadores escénicos que tomou parte no Mir iskusstva e contribuíu aos Ballets Rusos. A longo da súa carreira, estivo fortemente inspirado polo folclore eslavo.
Biografía
Iván Bílibin naceu nun suburbio de San Petersburgo. Estudou con Iliá Repin e ampliou os seus estudos en Múnic. Entre 1902 e 1904 Bílibin viaxou polo norte de Rusia, onde quedou fascinado pola arquitectura antiga de madeira e o folclore ruso. Publicou os seus achados na monografía Artes folclóricas do norte de Rusia en 1904. Outra influencia importante na súa arte foron as impresións tradicionais xaponesas.
Bílibin obtivo renome en 1899, cando publicou as súas innovadoras ilustracións de contos de fadas rusos. Durante a Revolución Rusa de 1905, realizou caricaturas revolucionarias. A Revolución de Outubro (1917), con todo, resultoulle allea. Despois de curtos períodos no Cairo e Alexandría, estableceuse en París en 1925. Aí dedicouse a decorar mansións privadas e igrexas ortodoxas. Seguía estrañando a súa terra natal e, despois de decorar a embaixada soviética en 1936, regresou á URSS. Deu conferencias na Academia Soviética das Artes até 1941. Bílibin morreu de inanición durante o sitio de Leningrado e foi enterrado nunha fosa común.[1]
Vida persoal
Bílibin casou en 1902 cunha antiga alumna, a pintora rusa de orixe irlandesa e ilustradora de contos infantís Mary Chambers. Tiveron dous fillos, Alexander (1903-1972) e Iván (1908-1993).[2] Xa divorciado, en 1912 volveu casar con outra exalumna, a graduada na Escola de Belas Artes Rennée O'Connell, bisneta de Daniel O'Connell. En 1923 casou coa súa terceira e última esposa, a pintora rusa Alexandra Schyekatikhina-Pototskaya, con quen tivo unha exposición conxunta en Ámsterdam en 1929.
Escolma de obras
-
Baba Yaga de Vasilisa a Bela, 1899
-
O xinete vermello de Vasilisa a fermosa, 1899
-
Vasilisa a Fermosa, 1899
-
Ivan Tsarevich atrapando a pluma do paxaro de lume, 1899
-
Koschei o inmortal, de María Morevna, 1900
-
Sadko, 1902
-
Ilustración para Volga, 1904
-
Os comerciantes visitan o tsar Saltan, 1905
-
Illa Buyan 1905
-
Deseño escénico da ópera The Golden Cockerel, 1909
-
Deseño escénico da ópera The Golden Cockerel, 1909
-
Alkonost
-
Morozko, 1932
-
ilustración para A canción das tropas de Igor, 1941
-
Dobrynya Nikitich rescata a Zabava de en:zmeu Gorýnych
-
Ilyá Múromets e Solovéi o bandido (Nightingale the Bandit)