Jjigae

Sundubu jjigae cunha cunca de arroz cocido.

Jjigae (pronunciado como chi-gué) é un prato da cociña coreana similar aos estufados occidentais. Un jjigae típico está fortemente aliñado con pemento e sérvese aos comensais fervendo. Unha comida coreana estándar inclúe por regra xeral ou un jjigae ou unha sopa.

Tipos de jjigae

Os jjigaes pódense dividir en diversas categorías, dependendo tanto do seu ingrediente principal como do caldo co que se elabore. Os tipos máis comúns de jjigae inclúen:

  • Kimchi jjigae, elaborado con kimchi e outros ingredientes.
  • Sundubu jjigae, elaborado con tofu e outros ingredientes.
  • Doenjang jjigae, elaborado cun caldo de doenjang.
  • Gochujang jjigae, elaborado cun caldo de gochujang.
  • Cheonggukjang jjigae, elaborado con cheonggukjang e outros ingredientes.
  • Budae jjigae, elaborado cun caldo especiado e diversas carnes e outros ingredientes.

Véxase tamén