Joyride, escrito por Per Gessle, foi o primeiro sinxelo lanzado polo dúo de popsuecoRoxette do seu álbum de 1991Joyride, tralo grande éxito que supuxo o seu anterior álbum Look Sharp! O single alcanzou a cima das listas en Europa, Australia, Canadá e os Estados Unidos, onde estivo unha semana na primeira posición do Billboard Hot 100, sendo o último en facelo, en maio de 1991. No Reino Unido, o single alcanzou a cuarta posición.
Nas entrevistas, Gessle afirma que tivo a idea para a liña de apertura da canción da súa noiva no momento en que lle deixou unha nota sobre o seu piano que dicía: "Hello, you fool, I love you" ("Ola, parvo, ámote")