Khilperico I

Khilperico I
Nacementopost. 525
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento27 de setembro de 584
Lugar de falecementoChelles
Causaasasinato premeditado
SoterradoAbadia de Saint-Germain-des-Prés
Ocupaciónmonarca
PaiClotario I
NaiAregunda
CónxuxeAudovera, Galsvinta e Fredegunda
FillosTheudebert of Soissons, Merovech of Soissons, Clovis, Basina, daughter of Chilperic I, Childesinda, Rigunda, Clodeberto, Sansão, Dagoberto, Teodorico e Clotario II
IrmánsChram, Cariberto I, Gontrán, Sixeberto I de Austrasia, Gundoaldo e Clodosvinda
Na rede
WikiTree: Merovingian-11
editar datos en Wikidata ]

Khilperico I, nado cara o 539 e finado no 584, foi rei de Neustria no 561 á morte do seu pai Clotario I, rei dos francos, o cal divide o reino entre os seus catro fillos.

Khilperico apodérase do tesouro de Soissons e ocupa París. Pero os seus irmáns obrígano a respectar a partición.

Repudia á súa primeira esposa, Audovera.

No 566, casa con Galswinta, filla do rei visigodo Atanaxildo e irmá de Brunequilda, esposa de Sixeberto I, o seu irmán, que herdara Austrasia.

No 567, Galswinta foi asasinada (esganada na súa cama). Sixiberto decide vingar á súa cuñada e é o comezo da guerra entre Neustria e Austrasia, que durará moito tempo. Foi continuada polos seus descendentes.

Casa con Fredegunda. E o mesmo ano, a morte de Cariberto I faille gañar o reino de París.

Batido polo seu irmán Sixeberto, debe o seu trono ao asasinato deste no ano 575.

No 584, foi morto durante unha cacería. O seu fillo Clotario II herda o reino á idade de catro meses, baixo a tutela da súa nai Fredegunda e a protección do seu tío Gontrán I, rei de Borgoña, que así recupera o reino de París.