Lea (Biblia)
Lea ou Lía (לֵאָה, Leah, en hebraico) foi, segundo a Xénese, a primeira dona de Xacob, nai de seis dos fillos deste —Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Issacar e Zabulón, aos que se lles atribúe a orixe das doce tribos de Israel— e da súa única filla, Dina. Ademais, foi a filla máis vella de Labán e irmá de Raquel[1], quen ademais se converteu na dona preferida de Xacob.
Historia
Despois de que Esaú intente matalo, Xacob é aconsellado pola súa nai Rebeca de se trasladar ás terras do seu tío Labán.
De camiño atópase nun goio coa súa curmá máis nova, Raquel, e decide casar con ela. Para isto fai un trato co seu tío Labán polo que casará coa moza a cambio de sete anos de servizo. Mais, no último momento, Labán engana o seu sobriño casándoo con Lea, a primoxénita, co adaxo de non ser costume casar as fillas novas antes cá primoxénita.[2]
Unha vez celebrada a voda, Labán, asemade tío e sogro de Xacob, ofrécelle a pequena Raquel en troques por sete anos máis, algo que acepta.
Notas
- ↑ No libro do Xénese (29, 1-30) nárrase que Labán tiña dúas fillas, Lea e mais Raquel:
Labán tiña dúas fillas, a máis vella chamábase Lea e a máis nova Raquel. Lea era de ollos apagados, pero Raquel era fermosa e aposta.Xénese, 29, 16-17.
- ↑ A lei de non casar á vez con dúas irmás é probabelmente posterior.