Lei de Grimm

En fonética histórica dáse o nome de Lei de Grimm a unha tendencia fonética descuberta en 1822 por Jacob Grimm que dá conta das principais correspondencias entre as linguas xermánicas por unha mutación acontecida no protoxermánico:

  • As consoantes aspiradas do indoeuropeo, [bʰ, dʰ, gʰ], tornaron en non aspiradas, [b, d, g];
  • as sonoras, [b, d, g] tornaron en xordas, [p, t, k];
  • as xordas fixéronse aspiradas, [f, θ, h].

Esta lei non explicaba certas excepcións e foi completada posteriormente pola lei de Verner, que ten en conta a posición do acento.

Ademais dos resultados da propia lei, a Lei de Grimm foi moi importante porque abriu un camiño de investigación e xustificou o principio da regularidade das leis fonéticas, a partir do cal se desenvolveu a fonética histórica e comparada.

Véxase tamén

Outros artigos