Lev Iashin

Lev Iashin
Información persoal
Nome Lev Ivanovich Iashin
Nacemento 22 de outubro de 1929
Lugar de nacemento Moscova
Falecemento marzo de 1990
Lugar de falecemento Moscova
Altura 1,84 m
Posición Porteiro
Información de club
Club actual falecido
Na rede
FIFA: 174638 WikiTree: Yashin-2 Find a Grave: 30946638 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lev Ivanovich Iashin (en ruso: Лев Иванович Яшин), nado o 22 de outubro de 1929 e finado o 20 de marzo de 1990, foi un porteiro soviético de fútbol, considerado por moitos o mellor porteiro da historia.

Traxectoria

Nado en Moscova (URSS) o 22 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcorreu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da Unión Soviética entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.

Comezou sendo porteiro de hóckey sobre xeo no equipo da fábrica de ferramentas na que traballaba, pero aos 17 anos debeu substituír o porteiro do equipo de fútbol, dando alí os seus primeiros pasos neste deporte. En 1949 ingresou no Dínamo de Moscova equipo fundado no exército soviético, club no que desenvolveu toda a súa carreira, gañando cinco Ligas rusas e tres Copas.

Nos seus inicios no Dinamo estaba como terceiro porteiro, polo que ante a falta de oportunidades xogaba tamén no equipo de hóckey sobre xeo do Dinamo, co que gañou a Copa da URSS de 1953.

Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, logrou coa URSS a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956 e a Eurocopa de 1960.

Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.

Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.

Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.

Trátase do porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns asombrosos reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. Iashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).

Clubs

Club País Ano
FC Dinamo Moscova Unión Soviética 19491971

Véxase tamén

Outros artigos