Ruud Gullit
Ruud Gullit | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ruud Dil Gullit | ||
Nacemento | 1 de setembro de 1962 | ||
Lugar de nacemento | Ámsterdam | ||
Altura | 191 centímetros | ||
Posición | Mediocampista, Dianteiro, Líbero | ||
Información de club | |||
Club actual | retirado | ||
Na rede | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Ruud Gullit, nado en Ámsterdan o 1 de setembro de 1962, é un ex-futbolista e adestrador neerlandés. Recibiu o premio ao mellor xogador europeo, o Balón de Ouro en 1987, e o World Soccer - mellor xogador europeo en 1987 e 1989. Foi un xogador moi versátil, ocupando diversas demarcacións ó longo da súa carreira.[1]
Traxectoria
Gullit naceu nunha familia procedente de Suriname. O seu primeiro club, aínda sendo un neno, foi o Meerboys polo que fichou en 1970. O seu primeiro contrato profesional conseguiuno en 1978, co HFC Haarlem. Xogaría 91 encontros de liga e anotaría 32 goles.[1]
En 1982, marcha ao Feyenoord e pouco despois, en 1985 ó PSV Eindhoven , co que chegou a anotar 46 goles en 68 encontros.
Silvio Berlusconi ficha a Gullit para o A.C. Milan en 1987 por unha cantidade récord de 7,7 millóns de euros. Alí xuntouse con dous compatriotas seus: Marco van Basten e Frank Rijkaard. Xunto coas estrelas locais Paolo Maldini e Franco Baresi formaron un equipo de lenda. entre os anos 1988 e 1992 o Milan gaña tres veces a Serie A e dúas Copas de Europa, en 1989 e 1990.
Gaña tamén o Balón de Ouro en 1987 e adícallo a Nelson Mandela.
Despois do seu retiro do fútbol internacional no ano 1993, Gullit ficha pola Sampdoria e conseguen gaña-la Copa de Italia de Fútbol. Volveu brevemente ao Milan 1994 pero antes do final da tempada xa estaba de novo na Sampdoria.
En xullo de 1995 marcha ao Chelsea F.C., onde remataría a súa carreira de xogador.
Selección
En 1981 Gullit xoga o seu primeiro encontro internacional coa Holanda contra Suíza Foi un dos xogadores fundamentais na vitoria da Holanda na Eurocopa de Fútbol 1988, o único título de seleccións a nivel absoluto que conseguiu este país.[2]
Gullit retirouse do fútbol internacional en 1994, pouco antes do mundial.
Adestrador
No verán de 1996 Gullit é nomeado adestrador-xogador do Chelsea, e nesa tempada levaría ao club a gaña-la FA Cup, o primeiro título en 26 anos. Foi o primeiro adestrador non-británico en consegui-lo trofeo. Rematarían en sexto posto na liga dese ano.
Na seguinte tempada, co Chelsea en segundo posto na liga é despedido por un suposto desencontro económico coa directiva.
En 1998 é nomeado adestrador do Newcastle United F.C., e no primeiro ano xa conseguen chegar á final da FA Cup. Ao ano seguinte os pobres resultados na liga e as malas relacións co goleador Alan Shearer e o capitán Robert Lee remataron con Gullit de novo fora da escuadra.
Despois do fútbol
Na actualidade traballa coma analista da Eredivisie e da Liga de Campións da UEFA en varias cadeas de televisión.
Persoal
Gullit casou tres veces e ten seis fillos:
- Yvonne de Vries - 1984 a 1991: Felicity e Charmayne.
- Cristina Pensa - 1994 a maio 2000: Quincy e Sheyenne.
- Estelle Cruijff - 3 de xuño de 2000: arestora: Maxim e Joëlle. Estelle é sobriña de Johan Cruyff.
Títulos
Selección
Club
- 1984 Copa de Holanda (Feyenoord)
- 1984 Liga Holandesa (Feyenoord)
- 1986 Liga Holandesa (PSV Eindhoven)
- 1987 Liga Holandesa (PSV Eindhoven)
- 1988 Serie A (Milan AC)
- 1988 Supercopa Italiana (Milan AC)
- 1989 Liga de Campións da UEFA (Milan AC)
- 1990 Supercopa de Europa de Fútbol (Milan AC)
- 1990 Copa Intercontinental de Fútbol(Milan AC)
- 1990 Liga de Campións (Milan AC)
- 1992 Supercopa de Italia de Fútbol (Milan AC)
- 1994 Supercopa de Italia (Milan AC)
- 1992 Serie A (Milan AC)
- 1993 Serie A (Milan AC)
- 1994 Copa de Italia de Fútbol (Sampdoria)
Individual
- 1987 Balón de Ouro
- 1987 World Soccer Magazine European Footballer of the Year
- 1989 World Soccer Magazine European Footballer of the Year
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Relembre a carreira de Ruud Gullit, holandês ídolo do Milan". Terra (en portugués). Consultado o 2 de marzo de 2017.
- ↑ "Ruud Gullit: ‘I had the privilege and the luck of having Johan Cruyff in my life’". The Guardian (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2017.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- FIFA entrevista a Gullit, marzo de 2005 - fifaworldcup.yahoo.com (en inglés)